E TI, DE QUEN VÉS SENDO?
Benqueridos lectores
e seguidores (followers) do noso blog!
Dados
os tempos nos que estamos a vivir e como exercicio para a campaña promocional
da Biblioteca do noso instituto (“E logo
ti, de quen vés sendo?”), pareceunos interesante darlle visibiliade aos “ROSTROS DA CRISE”, todos os que
non poden quedar confinados, aqueles que se nós amosan como esenciais e
primordiais para manternos na loita contra o coronavirus:
-
Persoal sanitario (medicina,
enfermería, farmacia, servicios de limpeza e restauración, auxiliares,
administrativos e demáis servicios).
-
Alimentación (supermercados,
panaderías, froiterías, carnicerías, charcuterías con todos os seus servizos,
comida a domicilio, repoñedores, caixa, limpeza…).
-
Sector primario (granxas, gandería,
agricultura, leite, pensos, recollida…).
-
Loxística (transporte de
mercadorías, sobre todo as sanitarias, de alimentación, de equipos básicos;
servizos de mensaxería e cartería, , abastecemento e mantemento de informática, telefonía, auga, luz, gas,
limpeza en xeral).
O
primeiro rostro que vos imos presentar é o de Antonio Rodríguez Laglera, un vimiancés de 53 anos. De xove non
tivo a oportunidade de estudiar e cedo empezou o seu periplo laboral, primeiro
nunha fábrica de baldosas e alternaba co mundo da construción, sendo sempre un
traballador que destacaba polo seu ben facer e as ganas de aprender. Pronto
conseguiu un contrato no cantón de Jura (Suiza), concretamente en Delemont. Alí
pasou varias tempadas, ata que casou e decidiu cambiar de aires, preparouse e
foi obtendo as diferentes categorías do permiso de condución: camión, autobús,
remolques…
Pronto
empezou a traballar nunha empresa de transporte con camións no ámbito rexional,
logo tivo un período como autónomo repartindo froita ao detalle. Tan pronto se
viu formado apareceulle a oportunidade de lanzarse ao mundo do transporte
nacional e internacional. Estes días segue a traballar como sempre, atravesando
España e Europa enteira dunha punta a outra cun camión articulado e refrixerado
de 16,5 metros de longo que cargado arrastra 40 toneladas de peso.
Poñémonos
con el ao teléfono para ter ocasión de amosar algo da vida dun profesional das
estradas. Empezamos: facémoslle uinha serie de cuestións sobre a materia.
-
Cantos anos levas pilotando camións? - Media vida, 27 ou 28 anos.
-
É moi solitaria a vida aos mandos dun camión? - Bastante, ha de gustarche
moito, senón acabas queimado. Son moitas horas de soedade.
Antonio
está casado en terras de Muxía mirando ao mar, ten dúas fillas e xa un par de
netiñas, de toda a familia amósase moi orgulloso. Fai fincapé na importancia da
preparación e do estudo como condicións básicas para atopar un posto no mercado
laboral.
-
Canto tempo pasas de media sin ver a familia? - O habitual son dúas semanas,
pero nalgunha ocasión cheguei a estar sen vir a casa 2 meses.
-
Que promedio de quilómetros ves facendo ao ano? -Eu diría que uns 150.000;
noutras épocas máis, non estaban tan ben establecidos e normalizados os tempos
de condución e dos descansos.
-
Fas uso da telefonía móbil e das redes sociais? (A pregunta consigue que esboce
un sorriso) - Son a miña principal compañía. Con elas mantéñome en contacto coa
familia e coas amizades, tamén cos compañeiros de traballo, serven para pasar
os tempos de lecer e descanso (películas, YouTube, Facebook, Whastup, Noticias
e xornais da terra, música), e tamén son unha ferramenta de traballo moi útil
(en función GPS, para recibir as ordes de expedición…).
-
Como se leva o asunto do confinamento ou corentena e o peche da maioría destes
establecementos e áreas de servizo? - A verdade é que na península están
pechados na maioría, case non hai onde comer, nin onde asearse. Por Europa
temos máis oferta de servizos nestes momentos.
-
Como te amañas? Ou tes montada no camión unha cociña? - Como dicía, nestes
momentos o que non leve provisións vaino pasar mal. O vehículo que manexo ten
de serie unha nevera e tamén dispoño dunha cociña portátil de gas, ademais
dunha cafeteira das modernas, non vou decir a marca que non quero facerlle
competencia a Georges Clouney. Cando baixo a ver a familia levo comidas
preparadas para varias veces, incluso levo carne fresca, peixe, patacas e ovos,
non é a primeira vez que me poño a preparar unha tortilla de patacas, tempo
temos dabondo. Ademais, sempre levo
moita auga, varios paquetes grandes. É fundamental estar ben hidratado e ben
alimentado para conducir e sentirse ben.
-
E o tema do descanso? - A maior parte dos camións teñen un par de literas ben
xeitosas e cómodas, porque hai expedicións nas que imos dous condutores.
-
Como está o tráfico rodado? - A dicir verdade baixou moitísimo, infúe a crise
sanitaria. Os coches escasean pola rede viaria, o que si hai son camións. Chega
a baixada ata tal punto que en moitas rutas podemos aforrar un 10 % dos tempos.
A semana pasada nunha expedición da horta murciana a Piding (Alemania, a 10 km
de Salzburgo), fun quen de chegar en tres horas menos, cando o habitual son 30
horas para máis de 2000 km. Cheguei a facer uns promedios de 80 km/hora en
terras alemanas, algo impensable antes da crise.
-
Respeto ao tema de comunicarse no estranxeiro, como o levas? -Galego e
castelán, italiano e portugués sen problema por afinidade e similitude, francés
(Jura é un cantón de fala francesa), inglés a nivel básico. E senón, sempre
podemos recorrer ás señas, linguaxe universal.
-
Que medidas de prevención e protección se están tomando co Covid 19? - Unhas
boas mascarillas, luvas desbotables proporcionados pola empresa. Na
maior parte dos sitios a onde acudimos para carga ou descarga tamén nós toman a
temperatura e nos proporcionan hixiene. Sobre todo lavarse moito con auga e
xabón ou con xeles de hidroalcohol. A exposición aos contaxios é grande, mais
non tanto como a do persoal sanitario. Bueno, e despois “rezar para que non te
pille o bicho”.
-
Que opinión merece o persoal sanitario, as forzas de seguridade e da orde,
sector alimentario…? - Teñen todo o meu recoñecemento e respeto, valoro moito o
seu labor. A ver se entre todos saímos desta pandemia.
-
Que papel representa o transporte por carretera nesta sociedade? - É
fundamental, unha gran porcentaxe de mercadorías chegan a destino por estrada:
produtos sanitarios, alimentos, bens de equipo… Se para o transporte para a
economía.
-
Por último, poderías presentarnos un esquema da túa última semana de traballo? -
Por suposto, hai unha semana saín de Mazarrón (Murcia) provisto de leituga,
tomates e pementos para unha distribuidora alemana próxima a Salzburgo; logo
baixei cara a Italia bordeando Eslovenia e cerca de Croacia para a zona de
Treviso (próxima a Venecia), aquí carguei de elementos mecánicos e de servizo
para o País Vasco, concretamente para Irún. Unha vez descargado tiven que
acudir a Navarra, unha das grandes despensas de verdura deste país, aquí
cargáronme de produtos conxelados para a zona de Ferrol, deixarei o camión na
nave na zona de Lugo (os aparatos de refrixeración son autónomos, teñen o seu
motor e depósito de combustible propios, non hai máis que axeitalos ao tipo de
produto que levemos cargado). Uns 5000 km para 7 días de estrada, farei o meu
descanso para ir ver a familia e en dous días de novo en marcha.
-
Sei que tes viaxado a sitios moi curiosos e diferentes. Poderías falarnos
dalgún? - Hai tres ou catro anos fixen varias expedicións con castañas do
Caurel e de Quiroga para Italia, principalmente para facer Marrón Glacé.
Nos últimos tempos antes de estoupar o asunto vírico viaxaba moito con
mexillóns da zona de Cambados para a illa de Sardeña, tiña que ir por estrada
ata Xénova e de alí en ferry. Nalgunha ocasión fun ata Edinburgo, o tema
de adaptarse a condución pola esquerda para nós é bastante doado. Tamén fun a
Irlanda varias veces, a súa rede de estradas é moi similar á da Galicia de anos
atrás. A Suecia fun atravesando en ferry desde Dianamarca. A dicir
verdade, estou moi contento do meu traballo, gústame e desfruto da condución. A
Polonia, tamén cheguei.
-
Moitas grazas amigo condutor, vémonos nas estradas da vida!!
Antonio
Fondo, profesor do IESP ‘Eusebio da Guarda’ (transcrita dunha conversa)
(A foto xa ten uns aniños: os profes son Antonio e mais Charo. Entre os alumnos está Gadea, Virxinia, Andrés... Podedes axudar para que poidamos citalos a todos. Moitas grazas)
Xenial coñecer esta visión optimista dunha vida que me é por completo allea.
ResponderEliminar