martes, 21 de xaneiro de 2020

VISITANDO


Visitando Porto 

(Foto de Rachel McElroy, Rachel McElroy Imagery)

Porto (chamado noutro tempo Calem, de onde Portugal < portus+calem, unha raíz que moi posiblemente haxa que ver no ben documentado xentilicio calubriguense ou calobriguense), é unha cidade rica en lendas. Imos recordar só dúas (deixemos espazo aberto para outra visita máis no futuro…). 

 (Foto de Rachel McElroy, Rachel McElroy Imagery)

Unha, e das máis antigas no que nós sabemos, é a Lenda de Vilanova de Gaia, que figura xa no Libro II dos Libros de Liñaxes, escritos entre os séculos XIII-XIV. Fala da liñaxe dos fidalgos da Maya, que virían ao dereito do Rei Ramiro, pai do que logo sería rei Ordoño. Estando este Ramiro nas Asturias, o rei mouro Abencadão, con quen tiña unha tregua, róuballe a muller nun lugar chamado Myer, en Salvaterra. Ramiro decide ir por ela e vai coas naves e penetra polo Douro ata un lugar chamado Sanhoane da Furada e di o narrador que cobre a nave de panos verdes para camuflala ca entonce Douro era cuberto de huma parte e da outra darvores. O rei vai á fonte, atopa a doncela da raíña chamada Ortiga, deita na xerra da auga que beberá a raíña a metade dun anel que compartían, logo entra disfrazado no pazo, faise coñecer, ela traizóao e entrégao ao novo esposo, Ramiro sae triunfante con axuda de Ordoño e os outros cristiáns e de regreso nas augas, déitana, a traidora, cunha moa de pedra ao pescozo, e anchorouha no mar, e dês aquela hora chamarão hi Foz d’Ancora [bonita explicación para un microtopónimo, isto é o que se chama unha lenda fundacional…]. Logo xa na corte bautizan a Ortiga e o rei casa con ela, e cámbianlle o nome [procedemento ou costume ben documentado, o de trocar o nome ao trocar a fe] e chamarana D. Aldara. A lenda remata referindo a morte de Ramiro e hai unha frase bonita que traduce o latín requiescat in pace, “Deos lhe aya saúde a alma”, que vertido ao galego moderno (a estoutra lingua nosa medieval da lenda acáelle ben o nome de galego-portugués, como sabedes todos aqueles que estudastes como é debido a materia de lingua e literatura galegas no bacharelato) vén equivaler a: “Deus lle dea saúde á súa alma”, ou simplemente “Deus o salve”.

 (Foto de Rachel McElroy, Rachel McElroy Imagery)


A outra lenda localízase en Matosiños, hoxe en día unha cidade portuguesa pertencente ao distrito do Porto, no que se chama a subrexión do Grande Porto,  e a min contouma por vez primeira, antes de eu a ler nos libros, o noso colega e amigo, e profesor que foi de moitos de vós, D. Raúl Trillo Docampo. Vouvos reproducir un resumo tomado dunha páxina web: Corria o ano de 44 d.C., um vasto areal no lugar de Bouças (designação, até ao início do século XX, do atual concelho de Matosinhos), conhecido como a Praia do Espinheiro, é o local escolhido pelo grande senhor romano e pagão da região, Cayo Carpo, para realizar as festas do seu casamento com a jovem Claudia Loba. Durante as festividades, o noivo desafia os restantes cavaleiros para uma corrida invulgar de cavalos: venceria quem conseguisse entrar mais longe mar adentro. Para surpresa de todos, o cavalo de Cayo Carpo avança, desenfreado, sobre as águas sem se afundar. Dirige-se para um barco, em pedra, que passa ao largo transportando o corpo de Santiago da Palestina até à Galiza. Perante o milagre que presenciou, Cayo Carpo converte-te ao cristianismo. Engolidos pelas águas do mar, cavaleiro e cavalo reaparecem no areal completamente cobertos de vieiras, convertidas, a partir daí, num dos símbolos de Santiago. Também se diz que Cayo Carpo surgiu completamente “matizadinho” de vieiras e, por esse motivo, passou a ser conhecido como o “Matizadinho” na praia do “Matizadinho”- topónimo que evolui, nos séculos seguintes, para Matosinhos. (en: https://www.cm-matosinhos.pt/pages/242?news_id=2981). 



Hai tres cousas que chaman a nosa atención desta lenda: 1. Que tamén o Bouzas vigués atribúe para si o privilexio de ser o lugar de orixe desta fermosa lenda (o cal, como comprenderedes, provoca unha dúbida difícil de solventar; ora ben, se queredes a miña modesta opinión, velaquí: paréceme absolutamente secundario darlle a razón a Bouzas de Vigo ou ao Bouzas-Matosiños portugués. O realmente trascendente ao meu ver é a indiscutible unidade mítico-histórico-cultural que envolve, mercé non só a este arquetipo mítico-lendario, senón mercé a moitas outras semellanzas folclórico-etnográfico-culturais, ás terras da vella Galicia Bracarense, a comprendida desde o Norte peninsular ata o río Douro).

 (Esta e mais a anterior son fotos de Rachel McElroy, Rachel McElroy Imagery)


2. A presenza do nome Loba -aquí como apelido? Ou como nome “indíxena”?- na personaxe feminina dun relato lendario contemporáneo da chegada do corpo de Santiago ao territorio mítico da raíña Lupa.

 (Foto de Rachel McElroy, Rachel McElroy Imagery)


3. A lenda enriquécese cun novo aspecto fundacional, en canto que se labra unha explicación interesada en xustificar un topónimo, Matosiños, que non ten filoloxicamente nada que ver con Matizadiños, senón cunha forma derivada da voz Mato ‘terreo inculto’, ou ‘monte’, sinónimo de matogueira (palabra esta que xa é un derivado da base mato, e hai máis: no corpus Xelmírez, de libre acceso na rede, rexistramos compostos e derivados medievais: Matomeao, Matomao, Matostam, Matollas, Matoseyro, sendo moi probablemente este último, Matoseyro -por terras de Santiago-, o que máis se aproxima desde o punto de vista da sinonimia semántica e da semellanza formal tamén, ao Matosiños portucalense).

En Matosiños haivos moito que ver: é o lugar de nacemento do laureado arquitecto Álvaro Siza Vieira e el foi quen construíu a Piscina das Marés en 1960, inaugurada en 1966, sobre as rochas da praia de Leça da Palmeira; declarada Monumento Nacional desde 2011. En 2005 é el tamén o responsable da nova concepción da Marginal de Leça, pensada para valorizar camiñadas á beiramar e actividades ao ar libre.

E logo está a igrexa do bo Xesús de Matosiños, a máis antiga imaxe de Cristo en Portugal, feita en tamaño natural: a lenda di que o seu autor, Nicodemos (quen retirara o corpo de Cristo da cruz) botouna ás augas do mar e chegou á praia de Matosiños o 3 de maio de 124. A imaxe data realmente da transición do románico para o gótico (fins XII, inicios do XIII): celébrase aí unha romaría moi concorrida 50 días despois de Pascua. A igrexa é refeita no XVI, obra de João de Ruão e no XVII experimenta aínda certas reformas da man do italiano Nicolau Nasoni.

Mentemos á derradeira a Casa de Chá da Boa Nova: obra prima de Álvaro Siza, construída entre 1958-1963, na paisaxe rochosa de Boa Nova (no lugar que fora un eremitorio franciscano na Idade Media). Foi declarada Monumento Nacional en 2011. Son os seus trazos principais a simplicidade de liñas e a preocupación por integrarse harmonicamente no medio natural envolvente.



Evidentemente, o tema non se esgota aquí. Volveremos por Porto outra volta e xa vos contaremos cousas novas.




xoves, 9 de xaneiro de 2020

BUSCANDO PALABRAS


BUSCANDO PALABRAS 




Vedes que todo chega e todo pasa. Viñeron as festas e tamén os Reis. Houbo algún ano en que para nós os Reis foron os ex alumnos do Instituto que unha vez rematado o bacharelato ou a carreira viaxan polo mundo e á volta tráenche libros. Hoxe presentámosvos algunhas unidades fraseolóxico-paremiolóxicas tomadas precisamente dalgúns destes libros.



Empezamos con Mario García, quen nos trouxo un espléndico dicionario fraseolóxico de Quebec. Seleccionamos un par de unidades: Travailler comme un bœuf ‘traballar arreo, é dicir, moito e moi forte’ (gústanos porque en galego a correspondencia é exacta, traballar coma un boi). Coiffer (la) sainte Catherine: esta expresión equivale ao noso coñecido quedar para vestir santos e tradicionalmente foi sempre usado para referirse, con certo desprezo, á muller que quedaba solteira; nos nosos tempos xa é posible documentar a frase aplicada a homes: así, no CREA: - Todavía no he encontrado una que me guste lo bastante como para meterla en casa -mintió Porta. -Pues como no te espabiles, te vas a quedar para vestir santos (Alfonso Rojo, Matar para vivir, 2002). A riqueza de sinónimos desta frase, en castelán e mais tamén en galego, é digna de ser subliñada: Quedar para aconchegar os tizóns/para cocer o(s) carolo(s)/para facer zocos/para regar pirixel/para tía. En castelán, no que nós sabemos, 3 variantes tocan os labores de mantemento da igrexa como espazo físico: quedarse para adornar altares/para vestir imágines/para vestir santos. Son cousas dun repartimento certamente pouco xusto de funcións eclesiásticas segundo o xénero do ser humano. Vémolo tamén noutras partes de Europa, por exemplo, en valón atopamos estoutra frase co mesmo valor semántico: Esse mettowe es l' gardèrôbe sainte Anne ‘Pasar a formar parte do gardarroupa de santa Ana’. 




 (La Sainte Catherine, grupo escultórico situado en Paría labrado por Julien Lorieux)



A expresión en francés non é privativa da lingua quebequesa, e parece que ten orixe nunha vella tradicion (*) medieval segundo a cal o día 25 de novembro (festa de santa Caterina, patroa das mociñas virxes), as doncelas de 25 anos portaban un artístico sombreiro coas cores marela e verde. 



Seguimos cun galano de Claudia Graña: tróuxonos de Noruega unha selección do Hávamál, nunha versión en castelán do orixinal -antigo-nórdico europeo- de Olav Melkid Bakke. O Hávamál é quizais un dos máis famosos dos chamados Poemas de Edda, creados nun territorio do Norte, se cadra en Islandia, se cadra en Noruega…  arredor do 800 a. C. -din os expertos-, pero postos por escrito séculos máis tarde)

1.           As vacas saben / cando deben volver / e deixan o pasto axiña. / Pero o home necio / non para nunca, / come máis da conta. (É unha chamada á moderación, compraceunos que escollese como modelo de comportamento a vaca, todo un animal totémico, de forte carga emotiva para o home tradicional da vella Europa).

2.           De racho a racho / saltan as lapas / ata que a fogueira arde. / As ideas dun home / incitan os outros, / pero os tímidos quedan torpes. (É un aviso contra a timidez inútil, gústanos o símil: igual que o lume prende dunha acha a outra, así prende o coñecemento entre unha mente e outra por contaxio, pola comunicación).

3.           O home sensato / sempre demostra / a súa supremacía con moita mesura. / El dáse de conta / cando topa con valentes / que ninguén sobresae sempre. (É unha moi boa reflexión sobre o uso do poder, gustounos especialmente a presenza do concepto de mesura, tan propio da vella arte europea de trobar…).



En terceiro lugar, vouvos escoller outros tres proverbios libaneses, tomados dun espléndido libro que nos trouxera Sara Soto de Beirut.

Baisse la voix et donne de bons arguments  ‘Baixa a voz e dá bos argumentos’ (escollino porque nós levamos a fama fóra de falar sempre moi alto, pero en todas partes cocen fabas…).

Le mariage, question de destin et de chance  ‘O matrimonio, cuestión de destino e sorte’ (Gustounos pola coincidencia, forma parte esta idea tamén dos nosos arquetipos culturais: Casamento e comprar mula, acertalo gran fortuna, en Vázquez Saco, n. 13050; Casamento e mortaxa do ceo baixa, n. 13052; en portugués, O casamento e a mortalha, no céu se talha; en castelán,  Casamiento y mortaja, del cielo baja etc.)

N'achète pas avec tes oreilles mais avec teus yeus ‘Non compres coas orellas senón cos ollos’. Este proverbio chamou a nosa atención porque, sendo como é, de sentido común -non te deixes seducir por fermosas descricións e palabriñas boas e non compres sen ver o que compras-, non lle atopamos correspondencia exacta en galego -salvo erro noso-, e ben sabe Deus que hai ducias e ducias de refráns no noso idioma sobre a arte e as mañas do comprar e do vender, e da feira, e do mercado… Encontramos en Vázquez Saco un aproximante: Vista de ollos saca dudas, n. 6553; tamén nos recorda algo o coñecido aforismo Vale máis unha imaxe que mil palabras pero non e o mesmo, evidentemente…; e en fin, os dous sentidos en xogo entran tamén no aforismo castelán Orejas de mercader: oír,callar y ver, para bien vender. Logo atopamos nesta páxina, http://adelantobanezano.com/?p=53589,  dun xornal bañezano, a título de consello: “No compres con las orejas sino con los ojos”, pero non é documentación suficiente como para consideralo popular entre nós. E á derradeira, deixádeme que vos diga que nun chío de Jodorowsky, nun comentario seu nas redes sociais lemos isto: Decía mi abuelita: "Cuidado con los vendedores, no compres con las orejas, compra con tus ojos”. Agora que, se me preguntades que avoa era… porque este escritor ten raíces hebreas,  ucraínas…, iso xa non volo sabería dicir.

(Aos tres ex alumnos do Eusebio noso fondo agradecemento e a todos os mellores desexos para o 2020!)



:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


(*) NOTA SOBRE AS TRADICIÓNS CATERINEIRAS NA PENÍNSULA. 

Non localizamos polo de agora un estudo sistemático sobre as tradicións caterineiras en España. Pero tradicións hainas da cima ao fondo. Vaian estas citas como mostra:
Desde 1568 se institúe en Oviedo (cuxa universidade ten como patroa a santa Caterina) un colexio para mulleres, coñecidas como “Catalinas”, instruídas en clases de labores, canto, danza etc. (en: https://www.lne.es/opinion/2009/11/26/recordando-catalinas/839321.html
Santa Catalina es patrona de múltiples profesiones, entre las cuales la de oradores, filósofos, predicadores y teólogos. Se celebra su fiesta se celebra el 25 de noviembre, hoy pues, día de las “catalinadas”, que vinculan su figura a las solteras, a las que procura marido. En tiempos era frecuente ver a muchas jóvenes conocidas como las “catalineras”, ataviadas con sombreros en los que predominaban los colores de la santa. En Jaén, ese mismo día se celebra una romería al Castillo de Santa Catalina. (en: http://pildorasantimasoneria.blogspot.com/2012/01/hipatia-y-santa-catalina-de-alejandria.html, subliñado noso)
Antiguamente, las mozas de los pueblos de nuestra peculiar España, cuando andaban ya en edad de merecer y no habían merecido altar todavía, acudían como catalineras los 25 de noviembres a los tinglados que los ayuntamientos (regidos por hombres, claro) montaban en las plazuelas de las aldeas. Las muchachas casaderas se acicalaban los rodetes con sombreros de colores, (…). (https://ellibrepensador.com/2010/09/28/las-catalineras/
Os judas también poseen un componente sonoro asociado. En Venta del Moro los quintos y grupos de vecinos suben al campanario, que permanece abierto toda la noche, la noche del Sábado al Domingo de Resurrección para repicar manualmente las campanas. También se repican cuando se produce el Encuentro. Otras poblaciones donde se volteaban o se voltean toda la noche son Sinarcas, Camporrobles, Cañete o El Herrumblar. En Salvacañete se tocan por al amanecer del Domingo de Resurrección cuando el judas está ya colgado. En Aliaguilla siguen repicando toda la noche, pero con anterioridad les repicaban a doce chicas llamadas las “catalineras” que a cambio les debían hacer una buena comida. (http://www.ventadelmoro.org/historia/comarca/Rito_y_pervivencia_de_los_judas_en_la_Meseta_de_Requena-Utiel_y_pueblos-del_Cabriel.html
El 25 de noviembre el calendario ibense tiene una festividad clave, el día de Les Catalinetes. Una tradición que se remonta a la antigüedad y que se celebraba en todas las industrias ibenses, así como en el seno de todas las familias. Lo más destacado de este día es la realización de un lazo o pajarita de papel que tanto grandes como pequeños se colocan en la cabeza o en el cuello. Les Catalinetes y Els Nicolauets tienen una gran trayectoria en la villa de Ibi. Esta tradición, que se remonta a los inicios del municipio, perdura hasta la actualidad y ha sido enseñada de padres a hijos para que siga viva y continúe celebrándose cada 25 de noviembre. Tal y como explicaba a este diario María José Martínez Tribaldos, directora del Archivo Municipal de Ibi, este día se celebra en honor a Santa Catalina de Alejandría, patrona de las niñas en la escuelas. (https://www.diarioinformacion.com/alcoy/2018/11/26/ibi-celebra-tradicional-fiesta-les/2090450.html. Subliñado noso, o lazo na cabeza é variante do sombreiro doutras partes; a celebración dos caterinetes en todo o país valencián é algo digno de terse en conta).
E mirade agora esta letra dunha cantiga extremeña dedicada á Virxe:
Dos pasiones abarcan  mi vida entera;Flor de la Zafrilla, Los Remedios.Virgen de la Salud, Catalinera (http://virgenremedios.org/REVISTA%20VIRGEN/2011/31-60.pdf. Por que “catalinera”? Quizais por ser avogosa para encontrar noivo ás mociñas vinteaneiras solteiras?
Non seguimos… Pero está claro para nós que hai que poñer en dúbida a explicación xeneralizada sobre por que as mulleres que viñan do interior de Galicia tomar os baños de mar na cidade herculina eran denominadas “Catalinas”. Adóitase dicir que o nome está tomado do microtopónimo coruñés de santa Catalina, onde habería moitas pensións e aí se aloxarían esas señoritas; nunca nos convenceu esa explicación que parece feita a posteriori para xustificar o nome de Catalinas. Pensamos que se lles aplica un nome, catalinas, que xa tiña tradición, que xa existía: se a tradición é hispánica ou se trata dun galicismo, non poderiamos precisalo. Razóns para pensar nun galicismo non faltan porque santa Caterina é a patroa dos sombreireiros e diso houbo sempre na Coruña desde a chegada no XVIII da familia Barrié de orixe francesa:
 Con el dinero invertido en la fábrica, Barrié dio la vuelta al mundo de la sombrerería en A Coruña. Aunque la de Salabert era la más importante de la ciudad, el producto era más tosco. Barrié imprimió a la sombrerería el concepto de lujo. Hizo venir de la ciudad de la ciudad francesa de Lión a 24 técnicos sombrereros y traía de Rusia y otros países finas pieles. Situada en la Estrecha de San Andrés -donde tenía la casa familiar con su mujer, Irene Marchesi, y sus siete hijos-, la fábrica daba trabajo a unos 140 operarios "de ambos sexos" y a unos cuarenta aprendices. "[...] se hacen anualmente de 21 a 22.000 sombreros, los cuales son buscados de todas partes con estimación, habiendo merecido que S.M. [la Casa Real] se hubiese dignado servirse de ellos en repetidas ocasiones", escribe el ilustrado Lucas Labrada, quien consigna que la empresa fue "fomentada por el Consulado" con 178.871 reales de vellón. La fábrica de Juan Francisco Barrié -"de sombreros finos", se publicitaba- era la segunda más importante de A Coruña -y la primera de Galicia en su especialidad- (…)” (en: https://www.laopinioncoruna.es/contraportada/2017/04/09/barrie-sombreros-finos/1169948.html
E por que as mulleres galegas non coruñesas, as que viñan de fóra, serían así designadas? Posiblemente polos sombreiros que traían (sempre foi moi ben considerado na nosa cultura popular a pel branquiña, e había que escapar do sol). Sombreiros e vestimentas vistas polos ollos da “fina burguesía” coruñesa. É, ademais, probable que houbese algo de nomeada na designación.

 (Grupo escultórico das "Catalinas" coruñesas; todas as fotos foron tomadas de Internet)