xoves, 6 de agosto de 2026

A CORUÑA

 

A CORUÑA

Homenaxe a Salvador de Madariaga.

 

(O profesor Grandío durante a súa conferencia, ao seu carón, a alcaldesa coruñesa, Ines Rei e a directora do Instituto Cornide, Ana Romero. Foto cedida polo profesor Grandío)

 

Este día participamos na homenaxe que o concello herculino lle fixo a un fillo ilustre da cidade, Salvador Madariaga Rojo, diplomático, escritor, humanista, político (Durante a Segunda República Española foi ministro de Instrución Pública e de Xustiza en 1934) e grande defensor da democracia. A conferencia central correu a cargo doutro insigne coruñés, o profesor e catedrático de Historia Contemporánea na USC, Emilio Grandío Seoane, membro -entre outros méritos seus- do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses. Honrámonos de contar coa súa xentil colaboración para co noso blog. Mercé á súa xenerosidade hoxe traemos á palestra as palabras que pronunciou na amentada homenaxe.

(Foto tirada dun dos proxectos nos que participa o prof. Grandío, do Consello da Cultura Galega, sobre propaganda na Transición)

 

O listado de institucións nas que colabora o profesor Grandío e o das súa publicacións é longo. Se estades interesados podedes botarlle un vistazo a esta páxina: https://hispona.org/miembros/emilio-grandio-seoane/

De aí tiramos esta breve síntese: As súas liñas prioritarias de investigación versan sobre a historia política e social desde a II República ata a Transición democrática, a ditadura frnaquista e os servizos de información (tradución ao galego nosa).


 

Da súa rica obra, permitídeme que chame a vosa atención cara a un artigo fermoso co que honra a memoria do seu mestre: CONSTRUÍNDO XOSÉ RAMÓN BARREIRO (disponible en: https://publicacionsperiodicas.academia.gal/index.php/BRAG/article/view/831/863

 


 

Con respecto ao relembrado Salvador de Madariaga, debedes permitirme tamén que insista nun dato quizais non demasiado coñecido: foi alumno do noso Instituto nos cursos comprendidos entre 1896-1899. Obtivo extraordinarias cualificacións e rematou o ensino medio no Cardenal Cisneros de Madrid.

Cedamos agora a palabra ao profesor Emilio Grandío.

(O historiador Emilio Grandío Seoane)

 

 

HOMENAXE A SALVADOR DE MADARIAGA

50 ANIVERSARIO RETORNO

CONCELLO DA CORUÑA/INSTITUTO CORNIDE

CONFERENCIA DE EMILIO GRANDÍO SEOANE

23 DE XULLO DO 2026

 

Alcaldesa, Directora do Instituto Cornide, compañeiros/as do Instituto, público asistente...

Hai 50 anos Salvador de Madariaga atopábase aqui, neste mesmo salón, nunha viaxe de retorno que lle levou máis de medio século...

Eiquí volvía o home que axudara a montar a Sociedade de Nacións na década dos 20, o que colaborara na orixe naquelas primeiras Cortes Constituintes na Carreira de San Jerónimo, que estivera á cabeza dalgún Ministerio e mesmo Ministro de Exteriores ‘de facto’... Aquel que fuxiu de milagro das brigadas de milicianos nas primeiras horas tras a sublevación militar de xullo de 1936. O que insistíu durante todo o outono deste 1936 na preparación e posta en marcha dun Plan de Paz do conflicto español. O que mantivo accesa na BBC a voz da democracia española ata o remate da Segunda Guerra Mundial. O que proxectaba e traballaba planes de retorno democrático tras 1945. O mesmo que despois dunha década de traballo logrou xuntar a oposición interior e exterior en Munich en 1962. O que dende mediados desta década en maior medida visualizou a imaxe dunha España que se atopaba fora do territorio. En resume, quizás non o máis combativo ou violento, pero si un dos maiores e constantes quebradeiros de cabeza para os dirixentes da ditadura franquista.

Ainda de varios intentos por parte da ditadura, non voltou ata que morreu o ditador. Curiosa paradoxa: naquel 23 de xullo de 1976 no que se atopaba eiqui, poucos meses despois da morte de Franco, a muller do Caudillo atopábase presente a poco máis de cen metros de distancia, na rúa Damas 25, agora denominada a ‘Casa Cornide’.

Poucos días antes deste acto, entre o 1 e o 3 de xullo a Presidencia do Consello de Ministros pasa de Arias Navarro a Adolfo Suárez, nunha acción sorprendente. Arriscada. Propia para aqueles tempos de incertidume. Neste mes de xullo con este troco acelerase e cambia o ritmo do Estado respecto de como levar adiante un proceso de transición democrática. De feito a finais deste ano comenzan as primeiras medidas en torno a amnistia. É evidente que ninguén coñece o futuro no presente -e menos os historiadores-, mais dende logo, a acción de goberno de Arias non presaxiaba un futuro halagueño para a democracia. Estes días nos que está en España Madariaga amosa o contraste entre a imaxe dos retornados do longo exilio e as accións dunha dirección do Estado que pretende moderar a calidade democrática do novo futuro.

Precisamente porque para esta sociedade que acollía a Madariaga o seu preterito inmediato -ou o seu presente- era o dunha ditadura de catro décadas. Polo tanto a chegada dunha democracia era unánime. Inevitable. Porque a alternativa as ditaduras non ten nada que ver coa esquerda ou a dereita, senón coa loita entre continuidade do autoritarismo e valores democráticos. E cara estes últimos agrupabanse todos, unha inmensa maioria. E non se vía como unha opción entre varias, senón como necesidade. En todos, dende as persoas do réxime ata a oposición clandestina.

Porque esa imaxe do paseo de Madariaga pola cidade, cando un pai co seu fillo o sauda, decíndolle o seu neno ‘por fin viches a Madariaga’, era porque Madariaga, ainda que non físicamente en España, sempre estivo moi presente nesta sociedade. En grande parte polo súa visualización co contrato con Espasa Calpe tras a reunión de Munich que lle permitíu publicar prácticamente toda a súa obra e difundila por España, pero tamén porque a sociedade demandaba saber que era eso da ‘democracia’ da que se falaba. Eso que estaba ahi mais que non se veía, non se palpaba, non se tocaba.

E agora si. Coa súa chegada semellaba que a democracia xa estaba eiqui. Madariaga polas rúas herculinas. Nun proceso de recoñecemento da súa labor a favor da chegada da democracia. Mesmo nunha corporación ainda non elexida nas urnas democráticas ata o ano seguinte... Desaxustes. Lembremos sempre que esto chamouse ‘transición’ e non ‘ruptura’. Desaxustes neste senso percíbironse, transixironse durante moito tempo, pero indudablemente mais neste ano 1976. Poucos meses despois da morte do ditador.

‘Pues claro que tuve la tentación de empezar este discurso con un ‘decíamos ayer’...’ Así comenzaba o seu discurso de ingreso na Real Academia Española de la lengua Salvador de Madariaga o 2 de maio deste ano, tras esa enorme escea simbólica do grande abrazo entre él y Claudio Sánchez Albornoz. Ese sinceiro contacto que visualiza o longo desarraigo, as grandes contradiccións entre ser dunha terra e non poder volver... polo que pensas. Ingresa na RAE tras ese lapso de cuarenta anos tras a súa elección. Nun auditorio no que se atopaba de novo caras avellentadas polo paso do tempo pero frescas na memoria do que deixaron. O exilio, ese permanente referente, esas notas a pé de páxina nos libros de texto sobre a etapa contemporánea española. Como él indicaba neste mesmo discurso ante a RAE: ‘Francia e Inglaterra han sido siempre, al menos desde la Reforma, y más aún desde la Revolución Francesa, como dos almohadas sobre que España tenía, a veces, que posar su cansada y abatida testa’.

Porque o retorno non é só a imaxe de Dolores Ibarruri e Miguel Alberti baixando as escaleiras do Congreso dos Deputados. Son os Madariaga, Sánchez Albornoz, María Casares e tanto e tantas que cando voltan, en todas as súas entrevistas, non recoñecen o país que deixaron. Varias xeracións perdidas que tiveron que desenvolver a súa vida fora do país, da súa cultura, do seu contexto. O país, a sociedade é outra, tras catro décadas de ditadura que queren deixar atrás e botar unha man no que se poida para que esto se produza, máis xa non lles pertence. Sen embargo para todos eles este retorno, este 1976 representa a millor oportunidade para rematar co pesadelo da impunidade feita réxime político. Quizáis non a máis optima, máis si a millor que tiveran.

Salvador de Madariaga deixou escrito en varias ocasións que o principal problema da sociedade española era que, a diferencia doutras sociedades do seu contexto económico e cultural, poucas veces ´observa a política como unha ferramenta en clave colectiva’. En 1976 este reseteado que supón a morte de Franco pode facilitar que se asuma un obxetivo o máis colectivo posible. Abandoar os particularismos, os intereses de partido e organización, de clan, de grupo... abandoar o cortoplacismo para xenerar algo moito mais consolidable a medio prazo, na procura do auténtico obxetivo desto que se chama ‘política democrática’: a procura da millora dos intereses colectivos de TODA a sociedade.

O relato da guerra civil difundido pola ditadura, mesmo o posrelato do ‘todos fuimos culpables’, impedía poñer o foco na construcción dun futuro común. Aquel 1962,a xuntanza en Munich baixo o paraugas europeo, non foi o momento, mais semellaba que agora a situación atopábase suficientemente madura para levar adiante, para iniciar un proceso pacífico de cambio de réxime. Democracia vs ditadura. Diversidade fronte unicidade. Diálogo como mecanismo de resolución de conflictos fronte a posicionamientos particulares. A esencia de todas as democracias do noso contexto que, naquel intre, había que construir, había que educar na democracia a unha sociedade baseada en comportamentos viciados dunha ética dura, nula en empatía social, particularista e gremial.

E... de que falou Madariaga eiqui fai medio século? Básica e rápidamente salientaria tres ideas deste discurso:

Unha, das vantaxes que ten ter unha terra con idioma propio para a súa sociedade, das virtudes que esto permite no desenvolvemento cultural das persoas, na aprendizaxe da diversidade, das diferencias culturais..: na práctica, dito por él mesmo, ‘o bilinguismo é como un constante curso de filosofía’.

A segunda: a idea dunha España fáctible na súa diversidade tendo en conta toda a península ibérica. Dá a visión dunha España diversa. Dito textualmente por él ‘cun impulso vertical en espiral’, non horizontal e para nada estática.

A terceira se cadra é para min maís relevante para o tema que nos ocupa nestas liñas. Mesmo reforza esa idea de que a sociedade española adoecía dun espíritu de construcción dun futuro en colectivo que comentabamos antes. Para Madariaga outra das diferencias con respecto ó seu contexto europeo é que mentras, textualmente,  ‘un danés y un sueco pueden discutir de una verdad que ven allá a 3 kms y más adelante puede que la vean o no la vean.. y vamos a ver si nos vamos acercando a aquella verdad, los españoles discuten con la verdad en la nuca, cada uno con una verdad distinta en la nuca, y no acepta ninguna enmienda para esa verdad... la verdad del español es definitiva’. Tremenda imaxe nunha sociedade como aquela do verán de 1976, onde a incertidume era a norma. Precisamente naqueles tempos a única seguridade que tiñan era precisamente esa imaxe do pasado, a da ‘verdade na nuca’, a que querian deixar atrás.

Plurilinguismo, a aceptación da diversidade territorial, o diálogo como base da democracia... Temas ditos neste Salón de Plenos hai 50 anos e que sen dúbida son recoñecidos neste complicado presente de 2026.

En todo o seu discurso houbo un recordo da Coruña, das súas paisaxes, da súa retranca, das súas musicas... En resumo de todo aquelo que fixo o que era. Do seu pensamento. Da súa acción. Dos seus esforzos. Da súa vontade. Fai 50 anos atopábase de volta no contraste do desarraigo, xa non só de espazos, de olores, de sabores... e tamén da distancia mental con aquela España e aquela Coruña que deixara.

Según as declaracións de Isabel Martínez-Barbeito, a ‘alma mater’ sen dúbida tanto da súa viaxe como da riqueza documental do arquivo que atesora o Instituto Cornide, moitas veces lle indicaba que lle atopara unha casa para pasar o seus últimos dias na súa cidade de nacemento. Morreu poucos meses despois desta visita. Pero coherente coas súas palabras deixou o seu legado máis persoal, o seu arquivo privado, eiquí. Deixouno pechando o círculo. Pechando un exilio de catro décadas.

Moitas grazas

(Ana Romero, Inés Rei e o artista Siro López, autor da caricatura de Madariaga coa que o concello coruñés agasallou aos asistentes á sentida homenaxe ao noso concidadán, Salvador de Madariaga. Foto tirada do xornal 'El Ideal Gallego')