Entrevista a Beni Vidal, exalumna de Ricardo Carvalho Calero, hoxe profesora de Lingua e Literatura Galegas
no IES Eusebio da Guarda
(Aquí estaba daquela a Facultade de Filoloxía, Praza de Mazarelos, Santiago de Compostela. Foto tirada de Internet)
-Bo día profesora, un pracer coñecela. En primeiro lugar queriamos agradecerlle que nos permita facerlle unhas preguntas sobre o seu antigo profesor
e actual homenaxeado no Día das Letras Galegas
para coñecelo mellor.
P-
Para comezar, como se
sentiu vostede ao saber
que un profesor seu ía ser
homenaxeado no día das Letras Galegas?
R- Bo día, sentín unha grande alegría,
primeiro porque é unha honra ser alumna dun homenaxeado co Día das Letras
Galegas, e segundo porque Don Ricardo o
merecía.
P-En que curso/s foi vostede alumna de Ricardo?
R- Fun alumna del na USC no curso 1977-78 na materia de Lingua Galega, cando facía 3º de Filoloxía Hispánica e no 78-79 na materia
de Literatura Galega I
cando facía 4º.
P- Era un bo profesor, é dicir, explicaba
ben o temario?
R- Era un profesor
magnífico, dos que saben de todo, como aqueles homes do Renacemento que abarcaban
todos os saberes.
El seguía nas clases a súa gramática: Gramática Elemental del Gallego Común que publicara en 1974, pero o máis actractivo das súas clases eran as explicacións que facía de calquera das palabras que saían nos textos, podía falar toda unha hora das “chorimas” e dos
“toxos ”ou do “rechouchío” dos paxariños.
(Caricatura da autoría do ilustrador Pepe Mouriz)
P- Desfrutaba vostede das súas clases?
R-Si desfrutaba moito de todo o que nos
contaba.
P-Era o seu profesor favorito? Se o era, por que?
P-Era o seu profesor favorito? Se o era, por que?
R- Non sei se era o meu profesor favorito,
pero admirábao polo que sabiamos da súa traxectoria vital, por ser o primeiro catedrático de Lingua Galega da USC e por desprender esa aura polos corredores, propia só daquelas
persoas dignas
de admiración.
P- Se tivese que describilo coma profesor cunha palabra,
cal
sería?
R- Compromiso. Comprometido coa lingua
e comprometido con Galicia.
P-As súas clases eran amenas ou aburridas? Contaba anécdotas?
P-As súas clases eran amenas ou aburridas? Contaba anécdotas?
R- Xa dixen que era un saco de sabedoría e polo tanto nunca nos aburríamos porque sabía engaiolarnos coas palabras e
anécdotas que contaba
para acompañar as súas explicacións máis complexas.
P- En canto a carácter, era bo ou soía
estar enfadado?
R- Lembro que era serio,
esixente, cría no esforzo,
era cordial, pero distante. P- Mandaba
moitas tarefas? Corrixía
rápido os exames?
R-Non me lembro,
pero debía ser bo porque non teño gravado na mente nada negativo.
P-Era doado aprobar con el?
P-Era doado aprobar con el?
R-Era esixente, pero ao que se esforzaba premiábao con boas notas.
P-Tiñades que ler os seus libros?
P-Tiñades que ler os seus libros?
R-Non, as obras que liamos eran doutros
autores da literatura Galega.
P-E nas clases falábavos das súas obras?
P-E nas clases falábavos das súas obras?
R-Non
falaba das súas obras.
P-Daba as clases
en galego-portugues ou en
galego -castelán?
R-Falaba en galego e tamén en castelán, non lle importaba
cambiar de lingua
se precisaba explicar
algo e así se entendía mellor.
P-Enfadábase con facilidade se non atendía
o alumnado?
R-Lembro que non lle gustaba que se fumase na aula (porque naquel momento podíase facer) e algunha vez incomodouse moito
e ameazou con marchar
da clase se non deixaban
de fumar.
P-Aprendiches moito nas súas clases?
R- Era a primeira vez que tiñamos
unha materia de Lingua
galega no ensino e gustábanos aprendelo academicamente.
Tanto me gustou que nunca máis o deixei.
P-Sabía
transmitir a paixón pola lingua e
a literatura aos seus alumnos?
R-Era marabilloso escoitalo, como
recitaba as
cantigas medievais,
como nos
falaba de Cunqueiro ou como nos explicaba
as sibilantes e o “yeísmo”.
P-Tiña algunha frase típica que repetise ou algunha medida de disciplina característica del?
R-Só lembro que nos trataba de “vostede”, era moi formal.
R-Só lembro que nos trataba de “vostede”, era moi formal.
P- De que maneira
influíu na súa vida? Ter a Don Ricardo
como mestre influíu
na súa decisión
de ser profesora?
R- El fixo
que amase a nosa lingua
e tamén foi un exemplo
de compromiso digno
de imitar.
P-Se o profesor estivese vivo, que pensades
que diría sobre a supervivencia do galego? A confluencia co portugués
podería servir para sobrevivir?
R-Creo que a súa opción
seguiría
sendo a mesma
hoxe: “a salvación
do
galego está
no portugués”.
P-Lembra se durante as súas clases facía referencia á represión
vivida durante
a Guerra Civil Española ou se era un episodio
do que non adoitaba falar?
R-Non adoitaba
falar, pero todos sabiamos
que fora un represaliado do franquismo, de aí o respecto
que todos sentiamos por
el. El era don Ricardo, o único a
quen chamabamos así.
P- E por último, cal cre que sería a súa reacción se soubese
que foi homenaxeado no Día das Letras Galegas?
R- Non sei, creo que máis ca por el, gustaríalle polo que representa a súa opción lingüística, tantas veces deostada
e tamén polo legado da súa obra, un ben inmorredoiro na nosa
Lingua e Literatura.
- Moitas grazas por
concedernos esta entrevista, ata logo!
Esta entrevista foi realizada polo alumnado de 1º ESO do IES Eusebio da Guarda da Coruña, en lembranza do profesor
Ricardo Carvalho Calero, homenaxeado este ano polas Letras Galegas. Foron
coordinados/as polas súas profesoras de
Lingua e Literatura Galegas Iolanda Vila e Dulce Fernández Graña.
Alumnado participante: Shaila Gil Velasco, Mara Balay Martínez, Mario Rodríguez Díaz, Jorge Martín Moreno (1º ESO A). Lucía Bóveda Goyanes, Xacobe Carrero, Alexandre Fernández Cortiñas, Lola Fernández López, Ainara Guillermo Losada, Óscar Hermida Rodríguez, Martín Toja Caínzos, Manuel Torrado Sánchez, Lucas Valcuende Diz (1º ESO B). Joan Arias Gil, Tomás Boquete Viéitez,
Lucas Castro Cano, Claudia Díaz López, Lucas Fernández Varela, Pablo Fraga Vidal, Yago
Gómez Remuiñán, Héctor Gutiérrez Insua, Iria López Iglesias,
Jorge Mujico Moreira, Raquel Oviedo Iglesias,
Yolanda Rey Chenlo, Ainara Suárez Ochoa, Paula Vega Méndez (1º ESO C). Sebastián
Birro Hurtado, Clara García Ouro, Brais Blanco
González, Miguel Moya del Río, Mencía Fondo
Santos, Icía Amboage Maneiro
(1º ESO D).
A Coruña, maio 2020
(Beni Vidal Tomé, fotografada por J. Carlos Rivas nunha festa de xubilación do Instituto)
Ningún comentario:
Publicar un comentario