(A. Camus, por MrMusX)
Carta que o escritor Albert Camus lle escribe ó seu mestre, despois de recibir o premio Nobel de Literatura:
"Querido señor Germain: agardei a que se apagase un pouco o ruído que me rodeou todos estes días antes de lle falar de todo corazón. Recibín un honor demasiado grande, que non busquei nin pedín. Pero cando souben a noticia, pensei primeiro na miña nai e despois en vostede. Sen vostede, sen a man afectuosa que tendeu ó neno pobre que eu era, sen a súa ensinanza e o seu exemplo, non tería sucedido nada de todo isto. Non é que dea demasiada importancia a un honor deste tipo. Pero ofrece polo menos a oportunidade de dicirlle o que vostede ten sido e segue sendo para min, e de corroborarlle que os seus esforzos, o seu traballo e o corazón xeneroso que vostede puxo niso, continúan sempre vivos nun dos seus pequenos escolares, que, malia os anos, non deixou de ser o seu alumno agradecido.
Abrázoo con tódalas miñas forzas."
Albert Camus (19 novembro 1957)
(sección coordinada por X. Pérez Mondelo)
Este comentario foi eliminado polo autor.
ResponderEliminarCiertas lecciones nos engrandecen con la muesca simple del recuerdo. En lo pequeño perdura tantas veces la grandeza de tanto....
ResponderEliminar