mércores, 12 de xullo de 2017

A NOSA CASA



AS GRANDES DAMAS DO ENSINO 


Mª Teresa Rodríguez Taboada


 (Mª Teresa forma parte da rondalla Xuntanza)


Empezamos esta subsección, As grandes damas do ensino,  de forma moi humana: falaremos ao primeiro daquelas persoas que temos máis preto, as que amamos e coñecemos mellor. María Teresa Rodríguez Taboada deume clase de literatura toda a vida podiamos dicir. Todo o bacharelato (que daquela empezaba en primeiro, tras o ingreso aos nove anos) e parte de C.O.U. (logo cambiara unha servidora de opción, e cambiara tamén o profesor de literatura, pasando este a ser D. Juan Rodríguez Horta). Cando estabamos en segundo de bacharelato recordo perfectamente que casara e nós, todas as alumnas da aula, participaramos no agasallo, un portarretratos de prata. Nós admirabamos e amabamos a María Teresa. Non esaxero absolutamente nada. Era un sentir unánime. Podiades pensar que eran outros tempos. Eran si, pero falando coa miña amiga Fita, cando sae este tema ela tenme dito: “Enténdote, porque a miña filla, Paula, sempre di o mesmo, que do profesorado do Instituto, a profesora de quen garda mellor lembranza é a Taboada”. Posuía todas as virtudes que desde a miña óptica fan dun ser humano un excelente docente: voz fermosísima, clara, ben entoada, cun perfecto dominio da oratoria; presenza de boa moza galaica, ben vestida, ben feitiña, elegante; coñecementos sólidos, boa base formativa, e sobre todo, dozura, cariño por nós e cariño polo traballo ben feito. A Providencia non lle concedeu fillos: nós, os alumnos, ocupamos no seu corazón ese lugar. No que eu puiden averiguar no listado dos seus ex alumnos figuran filólogas coma Concepción Delgado Corral e Carme López Taboada; poetas como Pilar Pallarés e Mª Luisa Villalta (que en paz descanse); personaxes da vida política como Isabel García Vila etc. Son só un par de exempliños porque moitísimas outros ex alumnos seus ocupan postos tamén no ensino de primaria, secundaria e na Universidade.

 (Debuxo de José Luis Martínez titulado "Brindis ante la luna" na homenaxe a Mª Teresa, Eusebio e Severino celebrada co gallo da súa xubilación o 27 de xuño de 2002)


                Mª Teresa tivo á súa vez excelentes profesores: déranlle clases, entre outros, D. Enrique Moreno Báez (con el levara Matrícula de Honra en 1º e 2º de Comúns) e en Madrid, onde fixo a especialidade, foi alumna de Dámaso Alonso, de Rafael Lapesa e de Joaquín Entrambasaguas (quen tamén lle dera Matrícula). En 1967 asina a acta de toma de posesión no Instituto Eusebio da Guarda, sendo director D. Antonio Respino e secretario D. Luis Artigas. Tivo moitos e moi bos compañeiros. Eu, falando con ela estes días, recordáballe algúns: Ana Mª Álvarez Pellitero, Luis Artigas, Tomás Barros, Mercedes Boado, Enrique Chao, Felipe Criado, V. García de la Concha, Chelo Mariño... Entón ela respondeume: Si. Coincidí con ellos y con Antonio Meijide, Julia Puga Cerdido, Felipe Herrero, Mª Luisa Tello, Josefina Varela Regal, Concepción López Lage, Encarnación Abella, Josefina Laciana, José Marco Moll, Antonio López Niño, José Barros, Juanita Castro Salcido, Angelita García, Adela Fernández Gago, Fernando Valera, Gloria de Llano, Natividad Celada de Juan, Concepción Paz, Julieta Prada, Adela Fernández Olea, Pilar García Negro, Conchita Fraga, Virgilio (que era catedrático de griego), D. Jesús y D. Victorino (prof. de religión), etc. Me apena pensar que la mayoría ha muerto. Como ha sucedido con Óscar López y Mª Carmen Romero. Todavía vive y saldré con ella pasado mañana, Mª Carmen López Durán, mi primera amiga del Instituto y mi gran amiga desde hace 50 años. Es curioso: cuando sueño, veo aquel Claustro. Estaban también Waldo Valiño y Gabriel Plata Astray. A todos ellos los invité a mi boda. Éramos una gran familia. Celebrábamos todos los acontecimientos familiares y me facilitaron y aconsejaron los comienzos de mi vida docente, en donde actuó de madrina Carmiña Muruais Lamas. También su hermana María Muruais era una gran conocedora de la legislación”.



María Teresa vén dunha boa familia ourensá. Voulle ceder de novo a ela a palabra: “Mi abuelo, Camilo Rodríguez Rodríguez (albéitar o veterinario de profesión) tenía mucha amistad con D. Ramón Otero Pedrayo (Patriarca das Letras Galegas), pero mi padre solo lo supo cuando un día que estaba siendo examinado oralmente por él en el Instituto de Orenso, D. Ramón de repente gritó: “¡Pasa, Camilo, pasa!” Mi padre entonces se giró y vio que era su padre, enterándose en ese momento de que eran tan amigos. Esto fue por el año 1932. Años más tarde mi padre fue su médico. Pero para D. Ramón siempre fue o fillo do Camiliño. Es que habían estudiado el bachillerato juntos”.




               (Fotografía de D. Ramón e Dª Fita que aparece dentro do opúsculo "Lembranza dos ex-alumnos...")

 Esta fermosa historia dáme pé para traer a colación outra das virtudes innegables de Mª Teresa: a súa xenerosidade. Así por exemplo, doou á Biblioteca do Instituto a súa espléndida biblioteca persoal; doou ao Departamento de Galego unha serie de felicitacións de D. Ramón Otero Pedrayo ao seu pai, D. José Rodríguez Portugal; eran tarxetas grandes que se intercambiaban polos seus respectivos días do seu santo e tamén polo Nadal. E tamén soubo ser xenerosa con algunhas das súas ex alumnas. Encóntrome entre esas persoas privilexiadas: en xaneiro do ano 2001, co novo milenio, cando eu xa era profesora no Instituto, agasalloume cunha carta autógrafa de D. Ramón dirixida aos seus pais, coa tarxeta impresa onde se convidaba á celebración das vodas de ouro do matrimonio de Don Ramón e Dona Fita, e mais co opúsculo Lembranza dos ex-alumnos a D. Ramón Otero Pedrayo no centenario do seu nacemento 1888-1988. Moitas grazas unha vez máis, María Teresa.


 (Autógrafo de D. Ramón dedicado aos señores Rodríguez Portugal, pais de Mª Teresa)


                Cando non existía aínda o Seminario de galego, e no Instituto se impartía Literatura española diariamente en 2º de BUP, ela e outros colegas (eran os tempos de M. José García de Miguel e de Pilar García Negro) decidiron falar dos escritores galegos un día á semana. E co diñeiro con que daquela lles obsequiaban as editoriais polos libros de texto, empezaron a comprar libros de Galaxia que depositaban na Biblioteca do Instituto.

Mª Teresa Rodríguez Taboada xubilouse no ano 2002. A día de hoxe dedícalle á música parte do seu tempo. Participa nas rondallas Xuntanza, Ategal e Orfeón herculino. Pregúntolle por outras actividades e velaquí a súa resposta: “Tú ya sabes que nunca me atrajo la investigación, ni la publicación. Para mí lo más importante fue ser docente y transmitir, con mucho amor y entusiasmo, todo lo que sabía y dar una herramienta de gozo artístico a mis alumnos. Si leían y disfrutaban yo sabía que serían buenas personas y que nunca se aburrirían. Por eso no quise seguir en Foros de Lectura tras mi jubilación. Yo me vacié en mi vida activa y ahora soy feliz con la música. Es verdad que participé durante un curso haciendo crítica de libros en Radio Voz porque me había invitado la ex alumna mía Loreto Silvoso. Y colaboré en la revista de Caixa Galicia (‘La Antorcha’) en la sección de Crítica literaria durante unos 3 ó 4 años porque no habíen quién lo hiciese y yo quise seguir difundiendo la gran satisfacción que produce la lectura de buenas obras”.

                Longos anos de feliz vida aínda para as grandes damas do ensino! Este é sincero desexo con que poñemos punto final por hoxe a este capítulo.

 (Mª Teresa, primeira pola dereita na terceira fila, foi a encargada de coordinar os actos de celebración dos cen anos de Instituto. Corría o ano 1990 e ela era daquela a Vicedirectora, sendo o Director D. Rafael Amate Marqués -q.e.p.d.-, situado na fotogradía un par de postos por riba de Mª Teresa, con camisa ou polo negro)


1 comentario:

  1. Soy yo la agradecida a tantos alumnos maravillosos que me hicieron ser tan sumamente feliz como Profesora.Y, muy especialmente, a Charo Soto, magnífica alumna y Profesora ejemplar.

    ResponderEliminar