A SOLITARIA E ESQUECIDA…
TORRE DE MARATHON
Alba Souto Parga,
4ºB.
O Real
Club Deportivo da Coruña leva competindo desde o ano 1906. Comezou xogando no
campo de Monelos e máis tarde a partir do 1929 nun campo de herba que existía
na zona de Riazor onde hoxe está o Colexio das Escravas . No ano 1939 o Concello, animado polo ascenso
do equipo, decidiu construír un recinto para que o primeiro club de fútbol
coruñés disputase os seus encontros,. A idea era que contara cun estadio con bancadas, vestiarios e demais instalacións que neses momentos non tiña.
A
localización do futuro estadio foi decidido entre tres terreos situados en
Monelos, Sta. Margarida e Riazor. Finalmente decantáronse polo terreo de Riazor
que foi comprado polo Concello por 300.000 pesetas. O proxecto foi encargado
polo alcalde D. José Pérez Ardá ó arquitecto municipal, D. Santiago Rey
Pedreira que tivo como colaborador ó aparellador Sr. Llopis.
O
Estadio Municipal de Riazor comezou a construírse en xuño de 1939, mala época
xa que saïamos da Guerra Civil e a escaseza
de materiais alongou máis do previsto o remate da obra, que foi
inaugurada o 29 de Outubro de 1944 (co
primeiro partido Deportivo-Valencia).
Pero a data da inauguración internacional foi o 6 de maio de 1945
(partido España-Portugal). A modo de curisiodade digamos que a maior recadación
de fútbol en España ata ese momento foi neste partido. Vendéronse 45.000
entradas cun total de recadación 810.000 pesetas
O
proxecto do Estadio foi inspirado nos monumentos alemáns da época de
entreguerras, sobre todo polo estadio olímpico de Berlín de 1936 con forma de
ferradura ao estilo dos recintos clásicos gregos, o orzamento excedeu os
5.000.000 de pesetas.
O
monumentalismo da nova construción reflíctese na capacidade que posuía,
cabían 32.000 persoas sentadas ou 40.000
de pé. Dispoñía dun terreo de xogo de fútbol máis seis pistas atléticas de
cinza para competicións oficiais, cos seus fosos correspondentes, espazos para
probas de salto de lonxitude, salto de altura e con pértiga, campo de hóckey e
un frontón descuberto.
Ó longo
de 70 metros
de lonxitude por 10 metros de altura
dispoñía de dous corpos iguais nos extremos unidos no centro por unha
arcada olímpica de 16 columnas que constituían as diversas entradas que logo se
pechaban cun enreixado.
No seu
estilo arquitectónico destacaban tres elementos: esta arcada como fachada
monumental que culminaba no outro
extremo cun obelisco que recibiu o nome de Torre
de Marathon e que constituía o punto de referencia para todo o complexo, situada xusto seguindo o eixe vertical do
rectángulo do campo de xogo. Unha torre practicable por dentro onde se ían
instalar un gran reloxo, marcadores
simultáneos e servizos de megafonía.
Esta composición semellante á berlinesa proporcionaba un aspecto maxestoso
tal e como mostran as seguintes fotografías históricas.
Á parte destes dous elementos tamén
destaca un terceiro, as bancadas, que presentaban un enorme beiril que facía de
cuberta para as bancadas de preferencia que para aquelas datas constituíu un elemento estrutural de gran
audacia. Os espectadores gozaban dunha boa visión pero seguían a estar expostos
ás inclemencias meteorolóxicas.
Entre a fachada e o
campo de xogo quedaba unha explanada destinada ó campo de adestramento.
Vista do Estadio de Riazor dende a praia
Pero esta obra
arquitectónica non tardaría en perder a
súa beleza cando o mesmo Rey Pedreira
proxecta o Pavilón de Deportes no 1967, precisando da derruba das
arcadas, dos pavilóns laterais simétricos e a desaparición do campo de adestramento.
Derrubamento que se realiza o 8 de outubro de 1968. As obras finalizan no
1972 para acoller o XX Campeonato do Mundo de Hóckey
sobre Patíns.
En 1975 outro Proxecto, o do frontón
e o da piscina polo arquitecto Xesús Arsenio Díaz García, fai que se engadan
novas obras ó recinto deportivo rematando as reformas coa
especialización do Estadio a unha única actividad deportiva: o fútbol.
E a que segue impasible ó paso dos anos á a Torre
A SOLITARIA E ESQUECIDA … TORRE DE MARATHON
Nun principio o nome era
“Torre de Marathon”. Lembra con ese th
sen til que A Coruña sempre foi un pouco anglófila, hoxe en día, quen a coñece…
e quen sabe o seu nome… para aqueles que si é simplemente Torre de Maratón ou
Torre Maratón.
E por que digo isto?
Porque moita xente
non sabe que é, onde está, nin para que serve ou serviu, simplemente semella un
obstáculo, un tropezo, pouco menos ca un estorbo na rúa entre o Estadio e Casa
da Auga.
E eu son unha desas persoas
que aprendín con este traballo.
A Torre
lembra que Riazor foi durante décadas un estadio non só de fútbol senón tamén
de atletismo.
A súa
misión primixenia era o seguimento das probas atléticas disputadas fóra do
estadio con saída e/ou chegada ó estadio, tales como carreiras de marcha
atlética ou maratóns. Curiosamente, xamáis tivo ese uso, posto que a primera
maratón que se correu na Coruña foi no 2012.
Durante
moitos anos foi o lugar desde onde o encargado da megafonía, o locutor, se dirixía a todos os espectadores. Tamén
durante unha época sostivo o marcador simultáneo, o dos demais partidos da
xornada. Tal e como pode observarse neste fotografía de época. Non o do partido do Deportivo, pois ese atopábase
na grada coñecida como Lateral de Marcador primeiro e máis adiante (o primeiro marcador
electrónico) xunto ó Pavilón dos Deportes.
Celebráronse
probas de atletismo tanto campionatos militares coma universitarios e outros
eventos atléticos nacionais e internacionais no estadio pero non precisaban a
Torre, por exemplo os XIX Campionatos Internacionais de Atletismo do
C.I.S.M. que congregaron a militares de
quince países o 7 de agosto de 1964. A Voz de Galicia na crónica
explicaba: “Realmente impresionante ha sido la jornada nocturna de ayer. No sólo
por la inauguración de la iluminación del Estadio, sino también por el gentío
inmenso que abarrotó totalmente los graderíos de Riazor” (40.000 espectadores).
As pistas foron caendo co paso dos anos en desuso; a razón
era que as
seis pistas de atletismo afastaban moito o público do campo de fútbol. Os árbitros
ante tanta distancia actuaban con total tranquilidade. Ademais non era pechado,
entón cando o equipo visitante quería perder tempo no tiña máis que lanzar un
balonazo fóra do terreo de xogo cara ó campo de adestramento e gañábase case un
minuto en ser devolta polos recollepelotas. Considerábase que as pistas facían
de Riazor “un campo frío”.
A mediados da década dos noventa coa última ampliación do
estadio (construción da grada de Pavillón) o que foi quedando das 6 pistas, ó longo dos anos,
definitivamente agora desaparece ó colocar céspede artificial para facer unha zona de quentamento para os xogadores.
Co paso
do tempo e as reformas sufridas polo Estadio, a Torre foi esquecida por falla de utilidade.
Este
abandono foi tal que con motivo do Mundial de 1982 en España e a concesión para
A Coruña dunha das sés, precisouse a necesidade de acomodar o Estadio ás
peculiaridades dun evento desta categoría.
Así que
o remodelado do Estadio foi tal que en realidade era un novo, pois só quedaba
do vello a Torre e algús muros, malia estar incluído no Precatálogo Histórico
Artístico.
Na
seguinte reforma (1996) dos proxectos presentados (Dragados, Fomento e
Cubertas) só un, o de Fomento, tiña en conta a Torre.
Pero é
Dragados e Construcións quen se fai cargo da remodelación deixando fóra a
Torrre, a idea… conseguir unir as bancadas que ela separaba e facelos máis
confortables (adxunto copia do xornal onde aparecen os proxectos).
A Torre de Marathon
na súa orixe alcanzaba os 47
metros de altura (noutros documentos, como por exemplo
no PXOM aparecen 45 metros,
creo que esa diferenza de 2
metros se debe a que actualmente quedou un pouco
soterrada despois da remodelación do estadio), para subir a ela hai 246
escalóns, foi construída simultáneamente co estadio, entre os años 1942 e 1944
( estes datos están reflictidos na revista seguinte que conmemora o encontro
internacional España-Portugal).
Permanece dende a súa
construción na súa situación actual. Podemos considerar a data de inauguración
da Torre de Marathon a mesma que a do primeiro partido disputado (1944).
A súa estrutura de formigón
armado nunca cambiou. Pintouse a súa fachada e unha vez quedou fóra do recinto
do estadio (ó longo do 1997) seguiu mantendo
a súa forma e uso actuais, ou sexa, ningún.
En 1999 tapiouse para
impedir o acceso ó interior segundo se comproba nesta crónica de xornal que
adxunto. Nela fai referencia a 239 escadas (unha pequena diferenza) e tamén ó desprezo ao que por falla de uso se
viu relegada inxustamente.
No ano 2011 o
catálogo do PXOM (Plan Xeral de Ordenación Municipal) engadiuna como elemento
protexido. As concellerías de Rehabilitación e Urbanismo poñen límites a unha
nova reforma do estadio, que terá que respectar a integridade do obelisco como elemento
característico e estrutural do estadio.
Queda deste modo xustificado
que se trata “do que queda do orixinal estadio de Riazor construido por D. Santiago Rey Pedreira e que as súas cualidades de deseño achegan un
punto de referencia a todo o complexo deportivo” (adxunto copia do PXOM do
2013).
Como curiosidade:
O xugador alemán do
Barcelona, Bernd Schuster, quedou sorprendido ó ver o trofeo Teresa
Herrera e comprobar que era a figura da
Torre de Hércules e non a gran torre
indiscutible do estadio, a Torre de Marathon.
Isto di moito e á vez
pouco de nós. A Torre de Marathon debería ser un emblema da beleza pasada do
noso Estadio e da nosa cidade e non un bloque de formigón perdido nunha rúa.
Bibliografía
Revista: La Coruña y el deporte.
Recuerdo de la inauguración del Estadio
Galicia: Revista Gráfica popular nº 28 (1925)
Teresa Herrera 1981. Del viejo
Riazor al nuevo estadio
Súper
Depor fútbol nº 36
(1997)
Historia de Riazor: de la Plaza de toros al estadio de
Riazor (1903-1997)
Wikipedia
Web
do Deportivo e dos Xornáis A Opinión, A Voz de Galicia e DXT
Departamento de Comunicación del Real Club
Deportivo
Libro de Oro de RCD “La Voz de Galicia”
[NOTA DE AGRADECEMENTO:
O noso agradecemento ás persoas que xenerosamente colaboraron neste traballo: tanto do Concello herculino como da sociedade do Real Club Deportivo da Coruña].
ANEXOS:
É moi bonita; sería unha pena que a derrubasen, posto que ten moita historia as súas costas.
ResponderEliminarZoe Domato Pérez 4B