A CORUÑA
(Hoxe preséntovos un traballo voluntario feito por unha nosa alumna emparentada cunha das pintoras coruñesas máis famosas, unha artista que fora, á súa vez, discípula doutra pintora, Mª Dolores Díaz Baliño, da que vos falarei proximamente, porque impartira docencia no noso Instituto. Espero que vos interese o punto de vista da nosa prezada alumna)
MARIA ANTONIA
Por
Maria Dans Vilán
2ºBach. F
Ainda que
non tiven a sorte de coñecela, Antonia,
miña tia – avoa, é para min un gran referente da forza das mulleres da
metade do século pasado ; fíxose camiño
nun tempo en que non era doado para o
sexo feminino optar a ser unha muller independente é,
ainda menos, facerse un nome no difícil mundo das artes.
Nesta
pequena semblanza da súa vida e obra quero facerlle un agasallo como muller e
artista.
Por outra
banda teño a honra de ter “os seus
ollos”, alomenos foi o que me dixo Isaac Díaz Pardo cando me coñeceu nunha exposición póstuma súa.
María Antonia Dans Boado
Oza dos Ríos 1922 -
Madrid 1988
M.ª Antonia Dans Boado naceu no ano 1922 na localidade coruñesa de Oza dos
Ríos, aínda que sendo moi nena foise a
vivir a Curtis, a onde se trasladou toda a familia polo negocio do meu bisavó,
Francisco Dans Gonzalez, xunto coa miña bisavoa María, tiveron 8 fillos.
Estes anos de xuventude que pasa no medio rural do interior de Galicia
están marcados polas sensacións, as cores e as experiencias xuvenís vividas
entre as carballeiras e os pastos, que inflúen sobre a súa personalidade e especialmente na súa pintura. Nunca deixou
de estar vinculada a esta terra á que voltou con regularidade ao longo de toda a súa vida.
Aínda que orgullosa destas orixes, isto non impediu que María Antonia fose
unha muller adiantada ao seu tempo, capaz de asumir o reto dunha modernidade e unha
independencia que a penas se lle permitía a unha muller nos tempos da posguerra.
Era inqueda e inconformista, na casa
familiar montou o seu primeiro estudio, facía excursións xunto co seu caderno
para tomar as notas coas que despois creaba as súas obras. Dicía “ no meu pobo
atopo a tranquilidade e o acougo para pintar. Podo ver as cousas máis devagar, percorro os camiños, fago
apuntes que logo procuro reflectir no lenzo o antes posibel”. Era habitual
atopala no fondo da fábrica de seu pai, situada xunto á vivenda familiar de
Curtis, onde, no seu cuarto con banco de carpinteiro, “Antoñita” (como se lle
coñecía familiarmente) con anacos de madeira, cravos e martelo facía os seus
“inventos”. Como boa galega, era intelixente e cautelosa, prefería escoitar e
empaparse dos temas antes de dar a súa opinión, que xeralmente (polo que
recordan na miña familia) eran dunha inxenuidade provocada.
Cando tiña dezaseis anos, a familia trasládase a Coruña e matricúlana nun colexio de monxas ao que non acode de boa gana xa que non era “ben vista” polas súas compañeiras. Foi a primeira vez na vida que viu limitada a vitalidade e libertade da que antes gozaba. Foi feliz cando pecharon o colexio, ainda que finalmente, fixo amizade con algunhas das compañeiras que xa non se burlaban dela.
Aos dezasete anos empezou a interesarse mais polas cuestións artísticas, comeza a recibir as primeiras leccións da man dunha notabel debuxante, Lolita Díaz Baliño, quen lle corrixe o trazo e lle aprende a colorear e a encamiñarse na profesión que dará sentido a súa vida. Agora comezan tamén os seus primeiros tanteos profesionais nesta cidade, expoñendo acuarelas e alugando o seu propio estudio. A venda de todas as acuarelas da súa primeira exposición fai medrar nela a sensación de que pode adicarse á pintura e non a publicidade como pensou nun primeiro momento.
Cando tiña dezaseis anos, a familia trasládase a Coruña e matricúlana nun colexio de monxas ao que non acode de boa gana xa que non era “ben vista” polas súas compañeiras. Foi a primeira vez na vida que viu limitada a vitalidade e libertade da que antes gozaba. Foi feliz cando pecharon o colexio, ainda que finalmente, fixo amizade con algunhas das compañeiras que xa non se burlaban dela.
Aos dezasete anos empezou a interesarse mais polas cuestións artísticas, comeza a recibir as primeiras leccións da man dunha notabel debuxante, Lolita Díaz Baliño, quen lle corrixe o trazo e lle aprende a colorear e a encamiñarse na profesión que dará sentido a súa vida. Agora comezan tamén os seus primeiros tanteos profesionais nesta cidade, expoñendo acuarelas e alugando o seu propio estudio. A venda de todas as acuarelas da súa primeira exposición fai medrar nela a sensación de que pode adicarse á pintura e non a publicidade como pensou nun primeiro momento.
En 1950 viaxa a Madrid por primeira vez e queda prendada da vila , a súa
volta di “Propúxenme desde ese momento vivir en Madrid ou morrer no intento”.
Tras a súa voda en 1952, co
periodista Celso Collazo, trasládase a Madrid, onde vai residir xa de xeito
definitivo, o que alterna con exposicións e tempadas en Galicia. Este traslado,
que supuxo un novo período de contactos e amizades co mundo artístico
madrileño, non a vai afastar dunha temática profundamente enraizada en Galicia,
nas imaxes das leiras de Curtis, do fogar, das feiras e das pequenas tendas de
aldea.
Deste xeito cumpre o seu desexo de coñecer a “Escuela de Madrid” e a
Benjamín Palencia quen, xunto con Daniel Vázquez Díaz, van ser as súas
influencias mais notables. Antonia buscou e atopou o contacto con numerosos
artistas da súa época, non só do mundo do arte senon tamén do das letras, como
Carmen Laforet e Camilo José Cela entre outros, cos que se atopaba no Café
“Gijón”, local ó que acudía a cotío. Asistiu
asimesmo á Academia de Bellas Artes como alumna libre durante unha
tempada recibindo numerosas becas.
En 1956 naceu a súa filla Rosalía, quen tamén se adicou ó mundo das artes,
comenzou sendo actriz e posteriormente, e ata a actualidade, como pintora.
Tamén nesa época
coincidiu cun tempo no que recibiu
multitude de encomendas que realizaba no seu propio estudio da rúa
Toledo.
En 1959, xa separada de Celso
Collazo, lle concederon a Beca March que
lle permitíu viaxar a Pisa, Florencia e
Roma. Nesta estancia quedou moi impresionada polo Quatroccento Italiano. Antes
de voltar, viaxou a París, onde coñeceu os impresionistas que tanto aportaron a
súa concepción distorsionada da
perspectiva e á importancia da cor na súa obra.
Na década dos 70 chegou a súa consagración no circuito nacional, con
exposicións nacionais e internacionais. Nos 80 seguiu pintando e viaxando para completar a súa
aprendizaxe persoal e profesional. Visitou Siam, Francia, Nova York, Brasil e
Inglaterra. A súa obra está espallada
por numerosos paradores de turismo, e edificios oficiais e públicos. A familia
conserva una boa representación dela, un exemplo é o retrato en acuarela que
fixo da miña avoa.
A pintura de Mª Antonia , as veces,
foi calificada de "naif"
e outras de neo expresionismo de
raíz inxenuista; a min persoalmente,
paréceme xenial, as súas paisaxes son coma un mosaico, as tarefas do campo, o mundo do mar, os retratos e os bodegóns están
reflictidas dun xeito doce, as cores son quentes, brillantes, abondan os
vermellos, os verdes rutilantes, os azuis e amarelos. Cando
contemplamos a súa pintura parece que estamos a lembrar os máis felices momentos
da infancia.
Antonia dicia “A miña pintura é una forma de ver o que me rodea, da forma
mais exacta posibel, aínda que por outra banda non ten nada de realista. Creo
que o mundo son estas visións simplificadas que teño ó meu arredor; porque para
min a pintura é una forma de adaptar o
noso mundo interior ó espectáculo exterior; polo tanto é inxénua tendo en conta
que está feita con total sinceridade”
O 17 de febreiro de 1988 foi o seu pasamento, foi soterrada no cemiterio
parroquial da vila de Curtis. Meu avó
Xulio (tamén finado) sentiu moito a súa morte porque tiña una especial apego
por Antonia.
Deixounos un gran legado artístico
e humano, ademáis de moitas mostras de vitalidade, ganas de vivir e de pintar
co que conseguiu todos os seus éxitos.
“A pintura foi a súa vida e a vida foi a súa pintura. Primeiro intuíuno e
sentíuno; despois intentouno con todas as súas forzas; máis tarde, froito
merecido polo seu empeño, logrouno, e, por último, sóuboo e asumiuno”.
Comentario de Luis Caruncho, seu leal amigo.
A María Antonia Dans José Hierro Aldeanas
¡Si el mundo fuera como el mundo que ven tus ojos: la retama dorada, el
carmín, el azul pulsando sus mágicas arpas!
Y los seres en romería, claros los cielos y las almas, claros cuerpos
vertiginosos que apetecen cimas y alas.(No el amarillo de la envidia, ni el
gris de la desesperanza.)
Una perpetua fiesta, un mundo recién
nacido, una palabra de amor, un cántico y un sueño que navega sobre las
lágrimas.
(Fotos feitas por María Dans: son todas obras da súa tía e pertencen a unha colección particular)
Ningún comentario:
Publicar un comentario