En Santiago, setembro 2008 |
Tiven a oportunidade de ver a Stephen Hawking alá polo 2008 cando veu a Galicia recoller o premio Fonseca, premio que ocupou un destacado sitio na súa mesa de traballo ata a fin dos seus días. O pazo de Congresos de San Lázaro encheuse atá rebentar. Lembro que o retraso na súa aparición me tiña xa ‘dos nervos’, tras unha longa espera baixo un abafante sol, e a decepción de quedar algo lonxe porque a ‘xente VIP’ ficara con centos das mellores butacas para eles.
Todo cambiou cando saíu na súa arquifamosa cadeira rodante. Polo menos, unhas pantallas permitían ver os leves xestos de gratitude que Stephen nos dirixía. Daquela o enfado trocara en lágrimas nos ollos. O público asistente gritaba e aplaudía aquel home cun cerebro xigante encerrado nun corpo case morto.
Stephen deu a charla “Saíndo dun burato negro” por si mesmo. Tíñaa escrita de tal xeito que cun movemento da fazula, a voz metálica e con acento americano (si, porque segundo Hawking, era ‘máis sexi’) lía por el frase a frase. Se lembro ben, nas pantallas aparecía a tradución escrita. Que paciencia tiña! Desde o público queriamos axudarlle mais o único que podiamos facer era manter o silencio mentres o home pelexaba contra o corpo.
No Starmus 2016, foto de @rafasith |
Daquela
non o imaxinaba, pero tiven
unha segunda oportunidade de
velo en
xuño de 2016 no Starmus
Festival,
como xa contara neste blog. Steven foi aclamado coma unha ‘rockstar’ por
todos os
asistentes, máis aínda pois moitos deles eran científicos coma el.
Eu pensaba que, oito anos despois, a presenza sería testimonial,
pois a enfermidade seguira avanzando. Equivoqueime. Estivo coma un
máis escoitando as charlas, deu a súa o terceiro día e mesmo o
quinto día participou subido ao escenario coa súa voz (esta vez
grabada) nun tema de Pink
Floyd
reinterpretado por Anathema. Din os que o coñecían que, cando
saía do Reino Unido, facía todas as tropelías que podía: “Son
as miñas vacacións, e non poden prohibirme nada”.
Stephen Hawking estivo traballando ata os seus derradeiros días. Desde que asumíu a enfermidade dicía que xa non lle importaba o que lle pasara e cando ocorrera. Aproveitaba os moitos tempos en que tiña que ser atendido, por exemplo para darlle fisioterapia, en pensar nos seus problemas, buscando a ecuación que explicara por que o Universo é así e non doutro xeito. Lucía sempre un bo humor e, coma fixo en Santiago cando bromeou co título da conferencia, non perdía oportunidade de ironizar ou tomarlle o pelo aos acompañantes.
Stephen Hawking estivo traballando ata os seus derradeiros días. Desde que asumíu a enfermidade dicía que xa non lle importaba o que lle pasara e cando ocorrera. Aproveitaba os moitos tempos en que tiña que ser atendido, por exemplo para darlle fisioterapia, en pensar nos seus problemas, buscando a ecuación que explicara por que o Universo é así e non doutro xeito. Lucía sempre un bo humor e, coma fixo en Santiago cando bromeou co título da conferencia, non perdía oportunidade de ironizar ou tomarlle o pelo aos acompañantes.
Teño
que recomendarvos que vexades a película “La teoría del todo”, que narra, desde a perspectiva de
Jane Wilde, a
primeira muller que tivo, o avance da enfermidade e a fortaleza deste
xenio. E, se queredes máis, non vos perdades un episodio que lle
adicaron neste podcast
unha semana antes de que finara. Nesta charla varios
científicos van
debullando as
súas xeniais ideas
a través dos sete
artigos
máis
importantes que
publicou. Pode que teña momentos difíciles de entender, pero aínda así, a
amena conversa que manteñen, cun comezo soberbio e cun final no
que contan as crecentes dificultades da vida diaria deste xenio que
ocupou a cátedra
Lucasiana de Matemáticas
na Universidade
de Cambridge
desde 1980 ata 2009, fará que gardes un grato recordo deste home
singular, un prodixio da supervivencia.
S.Hawking, cos colegas. Unha foto irrepetibel |
Mario Simón García González
Profesor do IES P. Eusebio da Guarda
Profesor do IES P. Eusebio da Guarda
Ningún comentario:
Publicar un comentario