luns, 18 de maio de 2015

PRIMEIROS PASOS



PRIMEIROS PASOS (III)

Este venres pasado, 15 de maio, celebrouse na nosa Biblioteca a entrega de premios do segundo Concurso de Microrrelatos que organizamos para alumnos da ESO do centro. Houbo dous gañadores, un en lingua galega e outro en lingua castelá. Velaquí os tendes:
 
I.                   A fronteira


A miña vida en África estaba chea de desagradables situacións, entre elas a escaseza de auga, que fai que no meu país miles de persoas teñan que arriscar a súa vida na súa procura. Xa farto dunha vida chea de desgraza e crise decidín viaxar a Marrocos coa esperanza de emigrar a Ceuta e comezar unha nova vida.

A viaxe foi longa e pesarosa e, cando ao fin chegamos ataa a famosa barreira que nos separa de España, non din creto ao que vin. Uns sólidos valos de seis metros de altitude alzábanse contra min, rematados en intrincados arames con púas ameazadoras que se rizaban contra o meu grupo e mais eu. Apartei rapidamente aqueles pensamentos da miña cabeza, e despois comecei o meu ascenso. Ao alcanzar a parte superior tívenme que enfrontar aos endemoñados fíos de metal, os cales dificultábanme terriblemente o paso cravándose con forza nos meus brazos e no corpo, pero era xa tarde pra dar volta atrás e seguín avanzando.

Ao chegar ao outro lado, a ledicia e a felicidade que nos inundaban cegounos non puidendo ver aos vixiantes de turno, que nos estiveron observando durante todo o ascenso e reduciron ao meu grupo con facilidade. Estaba feble polas miñas feridas, así que decidín fuxir mentres duraba a confusión conseguindo escapar dese inferno. Como recompensa polos meus esforzos, a miña vida mellorou, pero nunca poderei esquecer o visto na fronteira de Ceuta.

                                               (Marcos Freire, 1º ESO)


II.                  Las lágrimas resbalaban...


Las lágrimas resbalaban lentamente por lo que había sido hermoso rostro, lloraba de furia, le golpeó, fue un golpe seco, pero bastó para hacerle caer al frío suelo. Fueron muchos años de sufrimiento. Basta, gritó.

Llueve. Susurró. Rápidamente cogió sus pertenencias, desastrosamente esparcidas por el suelo y se marchó...

Dejando tras de si, un gran rastro de frialdad. Entró en su coche, golpeó el volante violentamente enfurecida.

En el callejón ya sonaba fuertemente las sirenas de la policía. Sonrió, y emprendió la marcha. Ya era libre.


                                         (Germán Tojeiro, 4º ESO).

Estaredes de acordo comigo en que o tema é decisivo á hora de valorar o xurado o texto (Bühler non integrou o tema como elemento básico do paradigma da comunicación nos anos 30 do século pasado, integrou o emisor, o receptor e mais a mensaxe, mais mensaxe e tema non son –en principio-  sinónimos; algúns de vós, cando fostes alumnos meus en primeiro, recordaredes que xogabamos a comparar a relación tema-texto coa relación punto inicial orixe do big bang-universo: por expansión dun tema, producimos un texto: dado un texto, por síntese, procuramos o tema). 


O tema dos movementos migratorios en situación de angustiosa precariedade no planeta é un tema tan actual que non podemos pasar por el de esguello: hai que focalizar: abrir os ollos e como mínimo, como punto inicial, sentir empatía ou solidariedade, poñernos na pel deses seres humanos. Este día na televisión enfocaban os periodistas o barco ao pairo no sueste asiático, con xente escura vinda de Myanman ou de Bangladesh, alzando brazos ao ceo para ver se pillaban botellas de auga que outros máis afortunados lles lanzaban... Recordades, meus queridos, cando foi a última vez que alzastes os brazos ao ceo? Quizais vendo un partido, pola alegría; quizais nun baile... Nunha danza ritual, como na película que botaron este sábado, O home de vimbio (The Wicker Man de Robin Hardy, de 1973), onde homes e mulleres brincan coma nunha cerimoniosa muiñeira en honra duns deuses arcaicos..., en Rei David tamén Richard Gere danza ritualmente camiño do templo en honra de Yahvé;  sen dúbida gústalle que bailemos e dancemos a Deus. Tanto ou máis lle gusta que non pechemos mente nin corazón ao sufrimento dos conxéneres. Mentres os nosos rapaces amosen sensibilidade a flor de pel, aínda non morre a esperanza.
 (Mª Rosario Soto Arias).

 (Fotograma da película 'Rei David')

 (Foto tomada na coruñesa praza Emilio Romay, é a chamada Fonte da Tolerancia)

10 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. A última ves que botei os brazos cara o ceo foi mentres estaba a ver o capítulo dunha serie. Pola frustración que produciume a trama. Ainhoa G. Álvarez.

    ResponderEliminar
  3. A última vez que levantei os brazos cara o ceo foi onte no partido do Dépor de alegría polo gol; Belén Castelo.

    ResponderEliminar
  4. A última vez que levantei os brazos fou hoxe mesmo a despertar do meo corto sono, xunto cun gran bostezo. Olivia Ameijenda 1f

    ResponderEliminar
  5. A derradeira vez que levanteis os brazos cara o ceo foi en verán, nun festival.
    Elena de la Cruz Sousa

    ResponderEliminar
  6. O día que miña nai me dixo que si, que si podía ir unha semana a Madrid coa miña amiga Elsa. Ese foi o último día que lembro levantar os brazos de alegría.
    Adriana Val Arnejo 1°F

    ResponderEliminar
  7. O día que miña nai me dixo que si, que si podía ir unha semana a Madrid coa miña amiga Elsa. Ese foi o último día que lembro levantar os brazos de alegría.
    Adriana Val Arnejo 1°F

    ResponderEliminar
  8. A ultima vez que levantei as mans foi a semana pasada ao ver o aprobado dun exame que me saíra mal. Paula

    ResponderEliminar
  9. A última vez que levantei os brazos foi xogando ao fútbol,cando marquei un gol.Claudia Calvete 1F

    ResponderEliminar
  10. A última vez que levantei os brazos foi xogando ao fútbol,cando marquei un gol.Claudia Calvete 1F

    ResponderEliminar