Río
Monelos: Afluentes e Historia.
Traballo
feito por:
José Ramón Gil Varela-Portas
David Twine Padín
Diego Moral Fernández
(Alumnos de 4º ESO B. Curso
2016-17. IES P. ‘Eusebio da Guarda’. A Coruña).
Río
Monelos: Travesía e características.
• O Río Monelos tamén coñecido como
Rego de Campos, Río Mesoiro ou Rego de Beneirón é
un río galego que nace e desemboca no Concello de A Coruña.
Atópase soterrado durante a maior parte do seu percorrido, canalizado baixo o
chan das rúas da cidade.
• Nace na parroquia de San Vicenzo de
Elviña, preto do límite municipal entre A Coruña e Arteixo (onde agora está o
Cemiterio de Feáns). Desde alí baixa ata Feáns onde recibe o nome de Rego de
Benirón. Logo continúa ata Mesoiro, chamándose rego de Campos. A partir de
Mesoiro é coñecido como río Mesoiro e continúa o seu traxecto paralelo ó
polígono de Pocomaco, sufrindo dúas pequenas canalizacións parciais durante
este treito. A partir da entrada do polígono xa se atopa totalmente canalizado
baixo terra ata o peirao de San Diego, no porto de A Coruña, onde desemboca.
Durante o curso soterrado, o río pasa baixo os barrios do Martinete, Someso, O
Birloque, Polígono de Elviña, Monelos, A Cubela e A Gaitera. No último treito
recibe o nome de río de Monelos.
• Río Monelos:
Afluentes e Historia.
• Pola marxe esquerda afúen nel o Río de Pastoriza, Rego de Moitos e Rego dos
Carneiros. Pola marxe dereita, o Río Lagar. Ademais, tamén conflúen pola
marxe dereita outros tres cursos fluviais máis curtos, practicamente tódolos ríos listados posúen
algún treito canalizado.
• O río atravesaba os terreos do
antigo Concello de Oza (anexionado
polo Concello de A Coruña en 1912) de actividade principalmente agrícola,
servindo no seu último treito como limite entre este Concello e o da Coruña. Desde mediados do século XX, coa expansión urbanística da
cidade, o río foi canalizado e soterrado progresivamente ata desaparecer
completamente do contorno urbanizado, manténdose sen canalizar tan só nas zonas
de Feáns e Mesoiro.
• Antes da canalización do río,
as anguías criadas nas súas augas eran de gran calidade.
A NOSA
INVESTIGACIÓN
Coa información que encontramos fomos cara o
límite dos Concellos de Arteixo e A Coruña e percorrimos unha zona boscosa que
entra ao Concello da Coruña desde Arteixo, xusto a uns 300 metros do
Cemiterio de Feáns.
Como non conseguimos
atopar o nacemento do río falamos con varias persoas que coñecen ese entorno en
puxéronnos en contacto con Daniel Fernández, veciño de Feáns de toda a vida, que
nos dixo que o nacemento do río está máis abaixo de onde nos buscabamos. Fomos
con el cara o cemiterio pero a gran cantidade de maleza impediunos chegar a
zona do nacemento do río. Despois fomos
con el ata o medio de Feáns onde o río leva aínda o seu cauce natural cara á
terceira ronda
FOTOS DO INICIO DO RÍO (FEÁNS)
Entorno
protexido
O entorno do río ao seu
paso por Feáns conserva a súa imaxe xa que está protexido por Patrimonio.
Antigamente os feanenses vivían do campo e as feanensas na súa gran maioría dedicábanse a lavar a roupa,
coñecidas como "Lavandeiras" á xente de A Coruña. O
lavadero rústico de notable calidade
serve para reflictir o que foi para este barrio a profesión de
lavandeira.
Máis
historia da nosa investigación
Falamos con máis persoas
que nos contaron que a finais dos anos oitenta o río baixaba no seu cauce
natural ata o barrio de Monelos pasando preto do Birloque e de Elviña. Co boom
inmobiliario comezaron a contruír os primeiros edificios en Ponte da Pedra
(Edificio de Maphre preto do Carrefour de Alfonso Molina) e en esa época
principios dos anos 90 o río estaba soterrado. Carmen Romasanta Conde (veciña
da zona) contounos que cando se comezou
a urbanizar toda esa zona, creándose os barrios de Martinete, Matogrande e Novo
Mesoiro, comezaron as inundacións ao final do inverno e na primaveira e o
Concello da Coruña emprendeu no ano 2000 a obra de canalizar todo o río e os
seus afluentes para evitar as inundacións.
Cambio
Urbanístico:
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
(NOTA: o río de Monelos xoga un papel na defensa histórica da cidade, é un obstáculo natural que había que salvar, en tempos pretéritos, para conquistar a cidade alta; dalgunha maneira está presente ou adiviñamos a súa presenza no episodio do ataque de Drake á praza e mais no asedio e conquista dos franceses ao mando de Soult en 1809. Mirade estes textos:
El punto más importante era el collado donde
se asentaba la aldea de Elviña entre los montes Mero y Peñasquedo y los arroyos
Monelo y Palavea. Era obligado establecer allí la posición fundamental y
orientar las reservas hacia la hipótesis más probable y más peligrosa del
esfuerzo atacante en Elviña.
(...)
En segunda línea situó a la División de reserva de E. Paget, y en la tercera estaba como
reserva la División Fraser, ambas muy bien orientadas frente a la brecha del
arroyo de Monelos, que era claramente el punto débil del despliegue.
(...)
Lord Paget, siempre protegido por la Div Frazer en reserva, atacó con decisión con el 95º de Rifles apoyado por el 52º y el 28º seguidos del 20º y el 91º por la orilla derecha del río Monelos, rechazando a los franceses y arrebatándole una pieza.
Por D. José Navas Ramírez- Cruzado. Coronel de
Artillería, Diplomado del Estado Mayor. (Texto atirado da Internet).
"Por
esto se ordenó a la gente deste lugar viniese por el camino de Bergantiños, y
al capitán Álvaro Trancoso y al sargento mayor Luis de León, que saliesen con
doscientos y cincuenta arcabuceros y mosqueteros a lo alto de Santa Lucía sobre la punta del Gaitero, para donde
se encaminaba el enemigo" (Temos aquí unha referencia á Gaiteira coruñesa actual? Seguramente, é a barriada por onde pasaba xa preto á desembocadura, o Río Monelos) (de:
(1619
AUTOR:
Cabrera de Córdoba, Luis
(Vemos co número 50 o denominado no mapa de Felipe Gianzo de 1819, PUENTE GAITERA. Se vos fixades, vén estando moi preto de Catro Camiños -co nº 49 aparece representada a Fábrica de Tabacos-; eu xuraría que a ponte se corresponde coa que inda hoxe se conserva, á altura da encrucillada entre a Avenida de Oza e a rúa cementada actualmente e bautizada RÍO MONELOS, aí exactamente podemos ver a estrutura vella da ponte, con parte dos bloques de pedra granito antigos).
Ningún comentario:
Publicar un comentario