OS
NOSOS POETAS
(Portada da revista do Instituto "Alén da chuvia" nº 5, no que xa publicara poesía Jorge Carril. Era daquela un dos artífices da revista o prof. Xosé Pérez Mondelo)
Traémosvos á vosa
amable consideración catro poesías dun dos nosos poetas. Varios autores con
nomes propios xa consagrados teñen pasado polo Instituto ‘Eusebio da Guarda’,
ben como alumnas, ben como profesoras ou profesores (Tomás Barros, Ánxeles
Penas, Pilar Pallarés ou Luisa Villalta son un exemplo suficientemente
representativo). Podémonos sentir orgullosos. Mais tamén houbo nos últimos dez
anos uns cantos cultivadores da arte poética que merecen ser recordados:
Alejandro Roura Blanco, Claudia González Caparrós e Jorge Carril Espido. Hoxe
dedicámoslle un par de páxinas a Carril Espido. Publicou xa en Alén da chuvia. Agoirámoslle un futuro
literario. Chama a nosa atención, e conmóvenos profundamente, a devoción cara á
figura do profesor prezado.
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
A palabra
A
Xosé Pérez Mondelo, mestre e amigo.
Entraches na miña aula un día,
unha garrida mañá de setembro,
e
trouxeches contigo poesía
e
palabra. Aínda me lembro.
Carrexabas con moita ufanía
o
idioma, poderoso membro,
ao que
eu acheguei a alma fría
como as mans o lume en decembro.
A
túa voz aínda se escoita
polas
escaleiras do instituto
e se ven os teus ollos de cereixa.
Vivirá por sempre a túa loita
pero ti
nunca terás substituto,
ti es un anxo que nunca nos deixa!
A casa da Aldea
de Riba
Casa da miña familia, berce da estirpe!
En
ti o meu sangue fíxose viña e pedra
e os
meus vellos soños que aínda resisten
viven
entre os teus muros cubertos de hedras.
Mírote
nas miñas tardes inmensas e tristes
e sinto
pousándose en min as mans antergas
dos devanceiros que me volven os días felices
e que
tocan as raíces da alma eterna.
Lembranza
Eu
xa sei o que é vivir no Ceo.
Camiñar polo Edén da infancia.
Sentirme dono de cada fragancia
E sentir a luz pura no meu seo.
A
lúa, as estrelas, o vento,
as aves que voan con elegancia
ou
as árbores sempre en vixilancia.
Todo era das miñas mans de neno.
Este soño meu está xa perdido.
Fuxiume docemente entre os dedos
coma
cinza ou como esperanza.
Quedei orfo, mudo e sorprendido
pero
puiden reter daqueles tempos
unha
pinga de luz, unha lembranza.
Adolescencia
Eu,
neno, estou sostendo o cáliz
Da
miña infancia entre as mans.
Dentro
da copa o viño da vida
Baila
e canta coma un xograr.
Estou a piques de chegar aos beizos
o
cáliz. Sinto xa o metal.
De
súpeto, vén a adolescencia
e tira
a miña copa polo chan.
O viño da vida tórnase negro,
o
cáliz vóltase cinza mortal.
Xa non é aquel neno que tiña
un cáliz de vida entre as mans.
(Jorge Carril Espido, en primeiro plano, acompañado de varios compañeiros de aula, grupo 2º bacharelato F, pavillón vello do Instituto, curso 2016-2017; a foto foi feita pola condiscípula Carmen Arbaizar)
Ningún comentario:
Publicar un comentario