JOSÉ LUIS GUNDÍN VÁZQUEZ
Ao
ataque contra a impostura burguesa.
e)
Para mostrar o universo da burguesía utilízanse procedementos que axudan á
desmitificación como a ironía, a hipérbole, e as referencias burlescas, porque
se persegue en xeral o distanciamento do mundo representado. Por iso
encontramos constantes intervencións valorativas do narrador, diálogos moi
abundantes que representan varios modelos dende o punto de vista da
significación e serven ao xogo ficción-realidade, descricións obxectivas e
subxectivas, impresionistas e arquetípicas. A linguaxe responde a unha técnica
impresionista e destaca, neste universo, a riqueza dunha obra como La oscura historia en canto ao aspecto
paródico, pois grazas a el se expresa o resentimento contra a burguesía.
A historia dos derrotados e dos esquecidos.
O "inframundo do barrio" ten como obxectivo
a recuperación e reconstrución do pasado persoal e histórico. Configúrase
especialmente en Si te dicen que caí,
reflíctese tamén en Un día volvere, Ronda de Guinardó, El embrujo de Shangai, e con el
relaciónanse Encerrados con un solo juguete e La muchacha de las bragas de oro.
a)
En canto aos temas, destaca a recuperación do pasado histórico e persoal e a
defensa dunha “verdade inventada” sobre a “verdade oficial”. Existe entre as
novelas unha evolución ideolóxica bastante acusada, pois mentres na primeira a
rendición e o desencanto son as actitudes dominantes dos personaxes, en Un día volveré pásase a unha aposta pola
pacificación e o esquecemento, e en El
embrujo de Shanghai reivindícase o dereito a soñar que as cousas –perdidas
sen remedio xa- puideron suceder doutro xeito.
b) Os personaxes compoñen unha galería de vítimas da guerra: un ancián depositario da memoria colectiva, unha prostituta que intenta sobrevivir, un neno-narrador que rolda polos soares do Guinardó e uns maquis que esperan a volta da democracia, son os principais. Marsé detense na súa caracterización, aínda que esta vez se basea en imaxes visuais ou toma como referente o cine, e dota os personaxes de funcións como a de simbolizar o asedio do pasado, e a de voceiro ideolóxico do autor.
c) Marsé escribe sobre Barcelona, sobre os espazos da súa infancia no barrio do Guinardó. A degradación do espazo é a nota dominante, representa a degradación dunha época, e a súa caracterización lévase a cabo a través de imaxes visuais, pero tamén de descricións impresionistas, con especial atención aos obxectos-símbolo.
d) Refírese este
mundo á década dos anos trinta e corenta en Si
te dice que caí, aos anos cincuenta en El
embrujo de Shangai e aos anos sesenta en Un día volvere, e mentres para proverse de información no pasado os
narradores recorren a frecuentes analepsis,
para mostrar a confusión do mundo representado mesturan planos temporais e
recorren ás elipses como parte dunha técnica de ocultamento cuxa presenza diminúe a medida que
avanza a traxectoria novelística de Marsé.
e) Tamén o inframundo do barrio se
manifesta en canto aos procedementos utilizados. Ademais do predominio da
memoria como procedemento evocativo
ao servizo da reconstrución do universo narrativo, destacan as estratexias
orientadas a mostrar a contraposición das distintas versións dos feitos
novelados: as "aventis",
en Si te dicen que caí, e a historia
ou historias intercaladas en Un día
volvere e en El embrujo de Shanghai.
En relación co ambiente de violencia e degradación que preside este universo atópase
o ton virulento dos diálogos dos personaxes e a presenza de elementos que
suxiren a “infernalidade”
do espazo nas descricións.
f) Cando Marsé se ocupa deste
universo hai no autor un afán de reconstruír, e a iso apuntan a abundancia de
referencias intertextuais, xa que co retorno de ideas, personaxes, obxectos,
imaxes, consegue establecer vínculos entre todas as novelas que o reflicten. As
referencias cinematográficas, como se viu na análise das novelas, cumpren
diversas funcións e adquiren tal importancia que pode afirmarse que a volta ao
pasado e a volta ao cine son, na obra de Marsé, obxectivos que non admiten deslindes.
Ω
Ningún comentario:
Publicar un comentario