Son
Marisa Fernández Lorenzo e levo o nome do personaxe de Marisa Mallo,
do libro que leva por título O lapis do
carpinteiro de Manuel Rivas. Non creo
que teñamos parecido físico, xa que no libro se describe como unha
rapaza de cabelo vermello e moi fermosa, tanto que os protagonistas
do libro (Daniel Da Barca e o militar Herbal) ficaron prendidos da
súa beleza nada máis vela. Semella unha desas rapazas que, ao facer
a súa aparición, se converten en centro de todas as olladas.
Tampouco nos parecemos nas orixes, ela nace no seo dunha familia
poderosa e influínte, é afillada do alcalde, filla do notario, irmá
pequena do párroco e neta de don Benito Mallo, un gran comerciante
con moitos contactos. Isto de nacer nunha familia rica e con
influencias a priori parece
unha vantaxe, mais tórnase unha condena para Marisa, xa que o seu
avó non quere que se relacione co médico Daniel Da Barca, o seu
gran amor, que pertence ao bando dos republicanos e estes están a
piques de perder a guerra. Que a relacionasen co doutor sería
chamarlle a ela tamén “roxa” e podería traerlle moitos
problemas, influído así negativamente nos negocios do gran
comerciante. Mais Marisa é firme nas súas ideas, e aí si me
identifico plenamente con ela, desde que viu por primeira vez ao
doutor Da Barca gustoulle, e a partires do primeiro minting
no que o escoitou falar namorouse por completo. Non lle importa que a
súa familia se interpoña, ou as dificultades que se presenten no
camiño, ten claro desde o primeiro momento en que ve ao doutor que
quere estar con el e é capaz de sobre pórse a todo contratempo.
Certo é que que tiñan moitas cousas en contra, e sobre todo nun
tempo tan duro e cru como podía ser a Guerra Civil española e os
meses sucesivos a esta. Mais o amor non entende de épocas
históricas, e a pesares de que a familia de Marisa se opuxo, e de
que ela non podía ver ao doutor Da Barca porque este estaba na
cadea, Marisa mantívose sempre firme, esperouno, foi fiel, constante
á hora de ir velo ao cárcere
e de escribirlle cartas, paciente e
finalmente soñadora, porque nunca perdeu a ilusión de que ese
pesadelo rematara algún dia e puideran estar xuntos. El tamén
persegue este fin, e entre a súa fortaleza e a súa boa sorte vai
zafando da morte en varias ocasións. Os falanxistas considérano un
perigo xa que era un dos líderes da Fronte Popular, gran orador, e
queren prendelo e fusilalo como fixeron cos seus compañeiros
galeguistas e republicanos. Mais foi esta faceta de orador e sobre
todo de persoa nobre e boa a que namorou a Marisa, a cal ten claro
que o amor non se escolle, nin ocorre varias veces na vida. Tan claro
o ten que hai un intento de suicidio, brevemente mencionado, por
parte dela cando a familia se nega en rotundo a que siga namorando co
doutor, ela considera que ou é con el ou non existe vida.
Gustoume moito poder ler este libro, pois é
destes que te somerxe na lectura desde a primeira liña. Apaixonante
polo fondo histórico, e moi romántica polo triángulo que se
presenta mediante os personaxes, por unha banda a parella de Marisa
Mallo e Daniel Da Barca, e por outra Herbal (narrador da historia)
quen sentía un amor segredo por Marisa mais que sabe desde o
primeiro momento que nunca poderá ser correspondido. É unha lectura
que recomendo, e máis se é coa edición que eu manexei, de Xerais
conmemorando o seu XXV aniversario, ilustrado por X. L. De Dios, o
cal lle vai pondo cara aos personaxes e semella que a historia cobra
aínda máis vida.
(Foto
tomada da ed. de Xerais, 2005)
Quedeime con gañas de ler este libro xa fai tempo, despois de que me puxeran a película no autobús cando ía de viaxe nunha excursión. Desgraciadamente, debido ao tempo do que dispoño este ano, aínda está na miña lista de libros recomendados que me quedan . Unha das razóns polas que o quero ler é que me encanta a forma de escribir do seu coñecidísimo autor, Manolo Rivas, e ademáis esta é unha obra que me encanta pola trama que se deselvole nese transfondo histórico. Cómo non vai ser boa estando traducida a máis de 20 idiomas? Recibiu diversos premios como novela e como película, e ata foi levada ao teatro.
ResponderEliminarQue sorte tes de poder compartir nome cunha das súas protagonistas, dáme mágoa non atopar unha obra na que alguén leve o meu nome, eu aínda estou a buscar.
Noraboa pola túa publicación, un saúdo!