sábado, 12 de setembro de 2020

VISITANDO NEVEIRAS PONTEVEDRESAS.

 


 (O contexto. Salvo indicación distinta, as fotos foron feitas por Charo Soto)

Este verán pasámolo na aldea. Xa sabedes os que seguides este blog o que iso significa para nós: paseos, compracencia en oír as aves que cantan na nosa fiestra, gana de tomar apuntamentos das pequenas xoias en pedra (fontes, lavadoiros, petos, pontellas…), moitas lecturas e algunha que outra pequena homenaxe coa familia e cos amigos. 

 


 

Nunha destas tardes do pasado agosto fomos ver as neveiras de Fixó, vinculadas ao mosteiro de Aciveiro. Lamentablemente, a miña memoria non responde sempre ao que eu quixera… e non puiden localizar un documento que lin hai anos e que debo amentar con toda a cautela do mundo, por se errase: penso que o documento estaba datado na baixa Idade Media e xuraría que versaba dun preito polo uso ou posesión das neveiras de Aciveiro. Lembro tamén que eu as imaxinaba case ao xeito dunhas despensas escavadas nunha parede vertical… O documento non o encontrei. Paciencia. Porén, deleitámonos coa paisaxe e beleza destas neveiras máis modernas, do s. XVII, situadas nun contexto fermosísimo. Temos que darlles parabéns ás nosas Institucións no relativo a este punto. Boa política de conservación, boa forma de fomentar o turismo cultural na nosa terra.


 

 


 

Algo de boa literatura sobre o tema das neveiras en Galicia: El antiguo monasterio de A Franqueira poseía un mínimo de dos neveras y una poza de nieve: la nevera de A Franqueira, la nevera de Petán y la pozade Deva. El monasterio de Melón poseía la nevera de Tourón y posiblemente fuese suya la de Vilar de Condes. El monasterio de Celanova también tuvo una nevera. San Martín Pinario poseía una en Santa María de Xestoso (Si-lleda). El cabildo de Santiago poseía dos en Vilariño (Forcarei). Tanto el colegio de jesuitas como el particular Gaspar Mosquera poseían una cada uno en  Acibeiro.  El  monasterio  de  Toxosoutos  también  tenía  una  en  Urdilde (Rois). El cabildo ourensano tenía aforada una nevera en el alto de Meda al monasterio de Xunqueira de Espadanedo. La abadía de San Clodio, en Ribas de Sil, era propietaria de una en su término 13. El monasterio de los monjes bernardos  de  Xunqueira  de  Espadanedo  poseía  una  en  Cabeza  de  Meda 14. Otros como Meira, Montederramo, Oseira, Sobrado (en: Una aproximación al mundode la nieve en Galicia de Andrés Sampedro Fernández. Artigo dispoñible na rede, en: file:///C:/Users/Charo/AppData/Local/Temp/Dialnet-UnaAproximacionAlMundoDeLaNieveEnGalicia-308963.pdf. Aquí acharedes bibliografía.

 

(Foto feita por Mari Carmen Sánchez)

 

Na prensa tamén hai varias páxinas sobre este tema. Por exemplo: https://www.lavozdegalicia.es/noticia/deza/2013/08/12/nevera-vieja-bajo-tierra/0003_201308P12C8995.htm

 


 

 

 

 

2 comentarios:

  1. Tema moi interesante. Xa cambiaremos impresións. Na Rioja, na zona de Cameros tamén abundan

    ResponderEliminar
  2. A miña irmá dime que estas de Fixó as escavou Tito Concheiro, teñen unha recuperación arqueolóxica. Iso dá moito traballo... De feito foi Luís o que se fixou nas marcas que deixan os arqueólogos na parede, para que se vexa ben que zona é vella e que parte é recuperada... Arqueoloxicamente hai máis neveiras recuperadas, dime Puri. En Lobios, por exemplo. Grazas, Antonio, pola túa sensibilidade. Aperta

    ResponderEliminar