xoves, 30 de xullo de 2020


COLABORACIÓNS ESPECIAIS.

DA VIDA PROFESIONAL DOS NOSOS EX ALUMNOS.



(Mario Cortizo)

O noso ex alumno Mario García Cortizo, cuxo nome artístico é Mario Cortizo, atravesa un excelente período creativo. Un proxecto no que el participou activamenente como compositor, LUAº obtivo o primeiro premio no PREMI DE DANSA DE L’INSTITUT DEL TEATRE 2019, e agora no mes de Santiago esa produción se estreou en Barcelona. Reciba o noso prezado ex alumno, e amigo, ademais, os nosos parabéns. Mellor ca min, deixemos que falen eles, os membros dese magnífico equipo. Artífice importante, xunto con Mario, é Andrea Jiménez, muller de fondos coñecementos sobre o flamenco e outras danzas con fondas raíces na terra: ambos artistas son amantes de unir tradición e vangarda. Antes de mostrarvos o programa do espectáculo que se desenvolveu en Montjuic, no Mercat de las Flors, déixovos tamén dous enlaces básicos.

 

https://www.youtube.com/watch?v=BE11ZyFvejc

https://wopita.com/mariogcortizo

 

 

(Día da estrea. Fotos cedidas por F. Cortizo)




PROGRAMA (tradución do catalán ao galego nosa):

O universo feminino inspira o espectáculo gañador do premio de baile 2019 do Instituto do Teatro, que emprega o flamenco para explorar a psique e o corpo da muller e móstranos o seu personaxe fráxil pero ao mesmo tempo poderoso.

Falamos de mulleres coa linguaxe do movemento e facémolo empregando os recursos que ofrece o flamenco contemporáneo e partindo dunha estrutura circular, un ciclo de 28 días, 672 horas, 40.320 minutos marcados pola Lúa e durante o cal o corpo da muller é fértil ou estéril. Os corpos das mulleres que verás no escenario, case esgotados, case extáticos, atravesan diferentes estados respiratorios e, polo tanto, emocionais. Os ciclos menstruais, desde a menstruación (lúa nova) ata a preovulación (lúa crecente), a ovulación (lúa chea) e a premenstruación (lúa minguante), estruturan un drama cíclico baseado no movemento dos corpos, pero tamén na voz humana, nas letras e nos silencios.

LUAº quere ser unha especie de descenso no máis profundo do mundo feminino e levar ao escenario o momento en que unha muller se mira no espello con todo o que é. Andrea Jiménez baséase no vocabulario do corpo e o ritmo flamenco que conviven na escena da creación contemporánea e ao mesmo tempo usa elementos de danzas de raíz doutras partes do mundo para persistir na súa busca do círculo como recurso coreográfico, como estrutura rítmica e social e como mecanismo para representar o todo e nada ao mesmo tempo.

Eis a proposta feita por unha artista graduada no Conservatorio Superior de Danza na especialidade de Coreografía e Interpretación, e diplomada en Danza Española polo Conservatorio Profesional de Danza. A finais de 2019, Andrea Jiménez gañou con esta peza coreográfica o Premio de Danza concedido polo Instituto do Teatro en colaboración co Festival Grec de Barcelona entre outros escenarios e espazos creativos cataláns relacionados co mundo da danza, co fin de potenciar o traballo dos xoves creadores e creadoras ofrecéndolles apoio na produción e exhibición dos seus proxectos.

Fitxa artística:

Ningún comentario:

Publicar un comentario