luns, 30 de marzo de 2015

A NOSA CASA



PABLO PICASSO NO NOSO INSTITUTO (II)


"Curso 1894-95. Coincidencia de horarios. Debuxo do antigo, copia do xeso. Debuxo de figura. Horario: Novembro, decembro e xaneiro. 18:00-20:00. Outubro e febreiro. 18:30-20:30. Marzo e abril. 19:00 a 21:00" (Conta Isabel -seguindo nisto a información que lle fornecen Ventureira e Pardo- que o alumno Picasso ten clases en aulas distintas á mesma hora; a foto amosa a porta de Usos Múltiples, aula daquela de Debuxo, e a porta do actual dpto. de Bioloxía e Xeoloxía, onde se impartía a outra clase, por iso -explica Isabel- podía simultanear ambas materias, pola proximidade física das aulas)

"Actual Departamento de Xeoloxía =Aula de Isidoro Brocos?"



 "Escola de Belas Artes. Aula de Debuxo de Figura?" (Dinos Isabel que seguramente esta foto foi tomada nas primeiras décadas do s. XX no que hoxe é o dpto. de Xeoloxía)



"Fondo azul agrisado: «Cabeza de ancián», «Nena dos pés descalzos»." 


"Usos Múltiples/Aula de pintura?" (A idea de Isabel Ruso é que, á vista do fondo azul agrisado dos dous cadros que pintara Pablo estudante na Coruña, é posible pensar que as paredes da Aula de pintura estivesen pintadas desa cor; na foto, Aula actual pintada de azul por ordenador)

 "Patio interior con pezas para recuperar" (A ese patio accédese directamente desde a aula da foto de arriba, relembramos que na época picassiana non había o edificio que hai agora e que oculta o mar)

 "Sobresaínte en figura de debuxo"

 "Certificado de estudos asinado por Isidoro Brocos. 3/4/1895"


"Picasso ao INSTITUTO: Curso 1891-92. “Mi madre, para vigilarme, se tenía que subir a la taza del retrete. Se ponía de puntillas, y en tan incómoda postura y desde tan angosto ventanuco, contemplaba mis juegos”. Declaracións ao periodista Antonio Domínguez Olano""Payo Gómez desde o Observatorio" (Desde o Observatorio-torre do reloxo do noso Instituto vese ben que cerca estaba a casa dos Ruiz-Picasso en Payo Gómez Chariño, recorda Isabel que daquela só había tres casas, a dos Ruiz-Picasso, a de Pérez Costales –médico e amigo da familia,  el foi o que tratara á pequena Conchita Ruiz da difteria e pedira o soro a París- e unha máis nesa rúa)
(CONTINUARÁ)

Ningún comentario:

Publicar un comentario