luns, 16 de marzo de 2015

A NOSA CASA

PICASSO NO NOSO INSTITUTO

O pasado xoves día 12 de marzo a nosa Directora, Isabel Ruso de Lago, impartiu unha conferencia no Salón de Actos do Instituto, titulada: “Picasso. Espazos de formación:
O Instituto Eusebio da Guarda”.
As súas palabras acompañounas cunha serie de fotografías que proxectou nun power point. Dado o innegable interese que para todos os que amamos esta casa ten ese acto, pedímoslle á Directora que nos facilitase as fotos para mostrárvolas. Non están todas as que se proxectaron, houbo que facer necesariamente unha selección. Dámoslle as máis encarecidas grazas a Isabel Ruso pola súa xenerosidade. Agora si, comezamos. Ao pé de cada foto, irán entre comiñas as palabras da Directora. Sen comiñas figurarán posibles aclaracións para unha mellor comprensión do todo.

"Don Eusebio da Guarda, Presidente de honor Real Academia de Belas Artes  30 Novembro 1890- 20 de marzo 1897" ( No Concello da Coruña hai un retrato de D. Eusebio, este posiblemente)

"Inauguración 1 de Outubro de 1890" (É o Instituto por antonomasia da Coruña, tardará aínda moito en chamarse 'Eusebio da Guarda')

"Don José Ruiz Blasco, pai de Pablo Picasso" (Era profesor na Escola de Belas Artes, sita daquela na planta baixa do edificio do noso Instituto)

"Dona María Picasso, nai de Pablo Picasso"

"Pablo, o maior dos tres irmáns"

"Lola, a mediana"

"Conchita, a pequena, debuxada por Pablo"
"Traslado do expediente" 

"Picasso  ao INSTITUTO: Curso 1991-92" "O vestíbulo" (Aquí amosáronse antes a foto da fachada e mais a foto da porta abríndose, coma quen deixa paso ao novo alumno)
"As escaleiras de mármore de Carrara"



"As escaleiras laterais tan parecidas ás da súa casa. Arquitecto Faustino Domínguez Coumes-Gay" (Isabel compara as escaleiras laterais do noso Instituto coas escaleiras da casa en que viviu a familia Ruiz-Picasso na coruñesa rúa de Payo Gómez: son sorprendentemente parecidas, o arquitecto, como ben sinala ela, é o mesmo)

"Planta 1ª: O instituto" (Aquí empeza a estudar o Bacharelato Pablo)
"Curso 1891-92 .Director: Pérez Ballesteros"


"Aula de castigo" (Recorda Isabel que antes os castigos non eran como agora, podías quedar sen comer aí metido, e en casos moi graves, incluso a noite; Pablo estivo algunha vez aí castigado)

"O instituto/Escola de Belas Artes. Inauguración do curso académico 1 de outubro de 1892
13:00 Instituto
20:00 Escola de Belas Artes" (A inauguración do curso académico tiña lugar no Salón de Actos)
"Teito, con pinturas de Román Navarro, profesor nese momento da Escola de Belas Artes, do Salón de Actos do Instituto"
"Boceto para decorar un techo, do xove Picasso, probablemente influenciado polas pinturas do teito do Salón de Actos de Román Navarro”

"Curso 1892-93. Cualificacións obtidas polo estudante Pablo Picasso"


"Curso 1892-93.Solicitude de matrícula Escola de Belas Artes"
"Solicitude de matrícula en debuxo de figura e adorno"

"Entrada á Escola de Belas Artes" (Foto do estado actual, no ano 2015, a porta á dereita é a da actual Secretaría)
"Corredor de dirección/Escola de Belas Artes?" (Foto de hoxe en día, corredor con vitrinas, Dirección)

"Escola de Belas Artes. Así sería na época en que estudaba Picasso e daba clase o seu pai"
"Corredor actual, vitrinas a carón da porta da Aula de Usos Múltuples"


"Aula Usos Múltiples /Aula Debuxo" (Así era cando era Escola de Belas Artes o mesmo corredor)
"Aula de Usos Múltiples, interior hoxe"
"Aula de Usos Múltiples, interior hoxe desde a outra perspectiva"



"Aula Usos Múltiples /Aula Debuxo. Moi posiblemente, aínda que a foto é algo posterior, así sería a Aula de Debuxo na que estudou Picasso"

"As aulas e o mar de Riazor e do Orzán" (Explica Isabel que desde esta aula os alumnos, Picasso entre eles, vían directamente o mar, non como agora; a contemplación do mar coruñés quizais servise de distracción e xustificase en certo modo algún suspenso que nun dos cursos tivo Pablo en xuño, convertido logo en aprobado en setembro)


"Expediente Académico Instituto"


"Matricúlase en solfexo a súa irmá, Lola:
Eu meu querida tía
A miña querida tía
Quereiye muyto, su
Sobrina Dolores
(Fotografía José Seller
A Coruña 1890-91)" (Lola Ruiz Picasso escríbelle á tía en galego, o galego dunha meniña de fóra que leva pouco tempo entre nós, todo un exemplo de integración)



"Matricúlase en solfexo a súa irmá, Lola" "Aula de música, posiblemente, actual secretaría"
(CONTINUAREMOS)



Ningún comentario:

Publicar un comentario