xoves, 22 de agosto de 2024

VISITANDO...

 

VISITANDO ALABAMA II. ALGUNHAS CATAS NA TOPONIMIA DE ALABAMA

 

(Simboloxía da nación Muscogee. A serpente cornuda que envolve a man co ollo que todo o ve. Esa serpe dálle a súa sabedoría a certos mozos escollidos)

 

Hai uns catro anos, en 2020, subimos ao blog unha primeira parte do tema (VISITANDO ALABAMA) e calculo que haberá máis entregas. Como algúns de vós sabedes, temos un par de netiños alabameños e de cando en vez visitamos esta terra. Hai un par de semanas dicíalle a un meu apreciado interlocutor que agosto non é o mellor mes para estar aquí porque hai cantidades importantes de mosquitos e outros insectos que amolan e pican e a diferenza de temperatura entre os interiores de casas e locais (con aire acondicionado a toda máquina) e o exterior é brutal, matadora para gorxas delicadas. Mais tamén lle comentaba eu que a floración de múltiples plantas é deliciosa, a paisaxe mantense sempre verde polas chuvias tormentosas de verán, que se agradece moito a  cervexa ben servida e que sempre resulta estimulante a riqueza incuestionable de topónimos (vaia coordinación de factores, diredes…). Cada tolo coa súa teima: como todos na familia temos un tempiño de vacacións podemos movernos: parámonos máis a observar e elucubrar sobre os topónimos e microtopónimos. Algo tan evocador e propicio para viaxar no tempo coma o mellor dos transportes nunca imaxinados…

(Altamont. Ao fondo, Birmingham, en concreto Sloss Furnace, agora museo)

 

O primeiro que observamos é que a formación de topónimos parece ser un universal humano. En América coma en Europa designamos as cidades e as terras dun modo semellante. Por exemplo, dándolle aos lugares o nome dunha persoa ou nomes referidos á vexetación ou a forma, a orografía, ou aos animais… Observamos tamén que os nomes dos ríos e dos montes adoitan aquí coma alí responder a estratos pobocionais moi antigos.

Non pretendemos de ningunha maneira ser exhaustivos e tampouco faremos estatísticas. E xa vos digo, manterémonos dentro dos límites do actual estado de Alabama.

1.      Topónimos precolombinos.

Os nativos americanos (tamén chamados “indios” tradicionalmente) que habitaban este territorio cando chegaron os españois aló polo XVI[1] () eran basicamente Muskogee ou Creek (os estudosos de fala inglesa adoitan denominalos Creek). Pertencen á chamada cultura do Mississippi (nos EEUU hai dous xacementos arqueolóxicos sumamente importantes desta cultura, un está en Cahokia -actual Illinois-, o segundo en importancia está aquí en Alabama, en Moundville e teremos que dedicarlle un ano destes un par de páxinas). A súa lingua forma parte da familia dos idiomas Muskogeos ou muscoguianos,  familia de idiomas nativos do suroeste dos Estados Unidos. Os membros da familia inclúen Choctaw, Chickasaw, Alabama, Koasati, Apalachee, Hitchiti-Mikasuki e Muskogee (Creek). Porén, hai que ter en conta que hai desprazamentos, presións debidas a circunstancias extremas ou a guerras e diversas tribos do norte baixan, como tamén outras son obrigadas a moverse de aquí. Os Creek son desprazados a Oklahoma no XVIII, por exemplo. E nós visitamos xa dúas veces a fervenza de Noccalula (Noccalula Falls) e podemos dicirvos que a protagonista desa fervenza, Noccalula –que se bota pola fervenza abaixo porque prefire morrer antes que casar por imperativo paterno cun home ao que non ama-, é unha muller membro da tribo cheroqui ou cherokee.

Agora imos ver uns cantos topónimos cuxa orixe se acha nas linguas precolombinas. Neste apartado gustaríame ser xenerosa:

Alabama.

Sobre este nome hai moita discusión filolóxica. A ciencia certa era o nome dunha tribo india cuxos membros eran ben coñecidos polos europeos e que vivían no que hoxe é o centro de Alabama. O río Alabama, o maior do estado, toma deles o seu nome e de aí o nome do estado. A voz foi soletreada de forma diferente polos antigos cronista españois, franceses e ingleses: Alibamo (así en el Inca Garcilasso de la Vega, La Florida del Inca, 1605, CORDE) Alabama, Albama, Alebamon, Alibama, Alibamou, Alibamon, Alabamu, e  Allibamou e Limamu[2]. Este Limamu figura na publicación de Fernández de Oviedo: Martes, veinte e seis días de abril del año ya dicho de mill e quinientos e cuarenta y un años, partió el gobernador Hernando de Soto de la sabana de Chicaza, e fueron a dormir a Limamu, y estuvieron allí buscando maíz, porque los indios lo tenían escondido, e habían de pasar un despoblado. Estes indios cos que topou H. de Soto eran grandes guerreiros: na páxina da Real Academia da Historia (asinada por Mª Concepción Bravo Guerreira, sobre Hernando de Soto) dise que eran Chucktaw (en inglés tamén Choctaw), mentres que na páx.  Alabama Department of Archives and History din que eran Chickasaws. Están emparentados pero son nacións distintas, da grande familia Muscogee ou Muskogee. Volvendo á etimoloxía de Alabama hai unha crenza popular que di que significa ‘aquí descansamos’ pero os expertos en lingua muskogee non atopan base para esa suposición. O reverendo Allen Wright, un erudito choctaw, traduciu o  nome como ‘os que rozan o esquilmo’, compuesto de Alba, que significa «vexetación mesta», e amo, que significa «despexar, recoller, reunir».

 

(Entrada de Hernando de Soto e os seus en Chicaza. Todos os cadros en branco e negro están tirados da páx. pública da Biblioteca do Congreso)

Arbacoochee (Cleburne), de Abihkuchi ‘un montiño na base’, un vello asentamento Creek .

Attala (Etowaa): ocupa o sitio dunha antiga aldea india, cando se fundou en 1879 foi chamado Newton. Attala < Atali, voz cherokee ‘o meu lar’, ou ben do Xefe Otali ‘montaña’.

Autagaville (fundada en 1820 en Swift Creek). Autauga significa ‘terra de abundancia’ ou ‘fronteira’, da voz creek atigi.

Cahaba: é o nome dun río que pasa moi preto de onde nós vivimos, en Birmingham. Consérvase no xardín da casa dos meus fillos aínda a canoa onde o avó maternos dos meus netos navegaba cos rapaces polo Cahaba. Na primavera énchense as ribeiras de lirios. É ou era unha beleza de paisaxe fluvial… Río cantado polos poetas desta terra[3]. O nome Cahaba deriva das voces choctaw oka ‘auga’ e aba ‘sobre, por riba de’.

(As ribeiras do Cahaba en primavera. Fotos tiradas de Internet)

 

Coosada (Elmore), foi o fogar dunha tribo de Koasatis. Kosasti significa ‘cana branca’.

Eufaula (Barbour): Os indios eufaula pertencen á nación Creek ou Muscogee; ocupareon este lugar ao longo do río Chattahoochee desde 1733. Despois de que o xeneral William Irwin recibira unha concesión de terras, construíu un peirao para barcos de vapor e comenzou a vida de Eufaula como punto de embarque e comercio. Os residentes bautizaran a cidade Irwinton[4] na súa honra pero cando os creek foron trasladados a Oklahoma a cidade foi rebautizada como Eufala ‘acantilado alto’.

Loachapoka (Lee): Deriva das voces creek locha e polga ‘lugar de matanza (ou recollida) de tartarugas’

Sylacauga: esta cidade foi noutrora un asentamento Shawnee ( Algonquian language) chamado Chalakagay

Talladega: l condado de Talladega es un condado de Alabama, Estados Unidos. Su nombre proviene de un pueblo indio llamado «Talatigi» en idioma creek, que significa ‘Pueblo de la frontera’.

(A princesa ou señora de Cofachiqui entrega a Hernando de Soto un tesouro. Esta provincia ou territorio tan rico aparece citado varias veces polo Inca Garcilaso no CORDE)

 

Tuscaloosa: Condado e tamén cidade. Deriva das voces dos Muscogee tashka ‘guerreiro’ e lusa ‘negro’. O caudillo ou cacique Tuskaloosa pasa á historia por liderar a batalla (Maubila ou Mabila) contra os españoils ao mando de Hernando de Soto, que tivo lugar no sur da actual Alabama en 1540. Recibía este nome tanto este rei ou cacique coma o seu reino, un reino que abranguía gran parte dos actuais estados de Alabama e Mississippi. Este home, toda unha autoridade no seu territorio, tiña unha estatura portentosa. Sabémolo por varias fontes: Espantáronse de la dispusición de gigante que el caçique Tascaluça tenía y de la de su hijo, semejante a la de su padre, y de la sangrienta y porfiada batalla de Mauvila y de la repentina de Chicaça, y de la mortandad de hombres y cavallos que en estas dos batallas huvo, y de la del fuerte de Alibamo (1605,  Inca Garcilaso, La Florida del Inca, Carmen de Mora ed. (CORDE). Tamén nas crónicas que elabora Fernández de Oviedo, en Historia general y natural de las Indias: Domingo, diez de octubre, entró el gobernador en el pueblo de Tascaluza, que se llamaba Actahachi, pueblo nuevo; e estaba el cacique en un balcón que se hacía en un cerro a un lado de la plaza, arrevuelto a la cabeza cierta toca como almaizar, tocado como moro, que le daba auctoridad, e un pelote o manta de plumas hasta en pies, muy auctorizado, sentado sobre unos cojines altos, y muchos principales de sus indios con él. Era de tan alta estatura como aquel Antonico de la guarda del Emperador nuestro señor, y de muy buenas proporciones, muy bien hecho y gentil hombre; tenía un lujo mancebo tal alto como él, pero era más delgado. Del deixou dito isto o frade Bartolomé de las Casas: Otras muchas provincias hay por aquella Florida y en ella muchos pueblos, y todos cercados y algunos con cavas llenas de agua y que crían mucho pescado, y en los pueblos muchas casas señaladas. Y son las de que yo tengo noticia: la provincia de  Tascaluza , y el señor della era el mayor de cuerpo que había visto en muchas partes (en Apologética historia sumaria, 1527-50, CORDE). E o misioneiro carmelita Antonio Vázquez de Espinosa dálle o apelativo de ‘Soberbio Señor de Tascaluza’ (en Compendio y descripción de las Indias Occidentales, 1629, CORDE). Estatura e grande dignidade[5]

 

(Estas perlas eran de río. Supoñemos que volve ser a princesa de Cofachiqui. Din os cronistas que algunha perla era do tamaño dunha avelá. Cando abandonan Mobila, tras o incendio, unha das lamentacións recorrentes é polas arrobas de perlas que perderon polo lume devastador)

 

2.      Topónimos hispanos

 

   En Alabama hai poucos, en comparanza cos que atopamos noutros estados da Unión (Arizona, California, Coloado, Florida, Novo México, Texas…). En boa medida é debido a que os españois, en concreto as expedicións de Hernando de Soto pasaron por aquí camiño do norte e non chegaron a establecerse[6]. Tampouco non podemos asegurar que os hispanismos de Alabama sexan da época colonial. O máis probable é que sexan do XVIII, cando a Florida, en sentido amplo, pertencía á coroa española. Xa dixemos que o de Hernando de Soto e outros, que chegaron a Oregón e mesmo a Canadá (no Museo de América, en Madrid, hai cartas que aluden aos contactos e chegada a Vancouver), foron só expedicións.

Altamont (zona, parte de Red Mountain). Procede de “Alta + montaña”. Quedou incorporada como área con moita zona verde dentro da cidade de Birmingham. Hai outro topónimo, Altamont, en Utah (unha cidade).



 

Andalusia: cidade no condado de Covington. O nome foi dado no XVIII.

Bexar: pequena cidade de carácter rural, no condado de Marion. De Béjar (Salamanca).

Calera, cidade. Recibe o nome polas minas de cal.

Cordova: toma o nome da cidade mexicana de Córdoba, en Veracruz.

Cuba: cidade no condado de Sumter: posiblemente dado o nome por xente cubana ou procedente de Cuba pero o nome non ten orixe hispana; din que vén de da voz taína “cubanacán”, con que os nativos da illa chamada La Española chamaban á illa maior das Antillas.

Gordo: cidade no condado de Pickens.

Madrid: Houston County, hai tamén Madrid en N.York e mais en Colorado. A cidade foi fundada a principios do XX e o nome foi dado por especuladores da terra apelidados Dell e Fenn, en honra da capital de España, non sabemos  por que motivo.

Monte Sano: Parque natural e preciosas fervenzas. Está cerca de Huntsville. O sitio, con aire puro de montaña, estaba considerado saudable.

Montevallo ¿? Hai quen di que é un italianismo. Difícil sabelo con precisión.

Perdido Beach (cidade). Hai tamén: Perdido Bay, Perdido River, Perdido Pass.

Perote (Condado de Bullock), toma o nome de Perote-Veracruz-México, e deriva de Pero ou Pedro. Parece ser que no XVI había unha venta dun home así chamado e ese nome sobrepúxose ao topónimo náhuatl Pinahuizapan,

Rosa: no condado de Blount.

Saragossa: condado de Walker)

Soto: DeSoto Falls (fervenzas, lugar moi visitado).

3.      Outros casos

3.1. Fitónimos: Crestwood, Elmwood, Homewood (áreas dentro de Birmingham); Wildwood, Oakland, Oakville, Fair Oaks, Fairfields,  Lower Peach Tree etc.

3.2. Posesores

Propietarios da terra, fundadores dun establecemento ou colonos. Hai moitísimos casos pero xa ocupamos moito espazo. Daremos só un exemplo representativo:

Jones Valley. Este val de Jones albergou os primeiros asentamentos pioneiros do que máis tarde sería Birmingham. Foi a granxa establecida en 1813 por John Jones en Forta Jonesboro a que deu nome ao val.

3.3. Nomes en honra dun persoeiro

Calhoun (recibe o nome dun político escravista do XIX que chegou a ser vicepresidente dos EEUU), Cleburne (do nome dun xeneral do exércidto confederado), Jefferson (é o condado onde está Birmingham, vén do nome do coñecido presidente estadounidense, Thomas Jefferson), Lee (un condado cuxo nome honra ao xeneral Robert E. Lee), Rusell (condado que recibe o nome por un coronel que pelexou contra os Creek) etc.

3.4. Nomes de cidades ou lugares preexistentes

Xa vimos antes varios casos: Madrid, Zaragoza, Córdoba… Podemos engadir un par de casos máis: Birmingham, porque naceu arredor da industria fo ferro e pensaron en bautizala como a industriosa cidade británica e Oxmoor (microtopónimo de Birmingham), que recibe o nome dun estado de Escocia ou talvez dunha plantación así chamada de Carolina do Norte; en orixe é un zootopónimo ‘pantano ou marisma onde pacen os bois’.

(Noutrora en Oxmoor houbo fornos de carbón)

 

Vemos que hai moitos topónimos cuxo nome xa preexistía: cidades doutras partes do país ou de Europa, nomes de persoas famosas… A diferenza do que ocorre coa toponimia europea, aquí, como a fundación dos máis dos lugares é recente, todo se pode documentar facilmente. En Europa, currente calamo, sen deternos moito no tema, algo parecido vémolo cos vellos topónimos que teñen a orixe en teónimos: Heraclión (Creta) / Herculano (Italia), Brigantium (A Coruña) /Braganza/ Bregenz (Austria), Lugo/Lyon (< Lugudunum) etc.

Ata aquí chegamos por hoxe. Xa abusamos bastante da vosa paciencia. Volveremos coa gaita ao carrelo –como din na terra da nosa nai- na próxima entrega, xa na nosa terra, deo volente (a nosa amiga Carme diría tamén “se non hai mala novidade”). Feliz agosto!

 


(Ponte actual sobre o río Black Warrior, en Tuscaloosa)

 

 

 

 

 



[1] Concretamente Hernando de Soto e a xente que o acompañaba –coñecemos algún nome propio como Luis Hernández de Biedma ou Biezma, Baltasar de Gallegos, Antonio Osorio, Luis de Moscoso Alvarado e Rodrigo Ragel-; chegan acá en 1540. A H. de Soto xa o amentamos no blog cando visitamos Memphis, velaí a ponte que leva o seu nome xunta o Mississippi; el foi o primeiro europeo en ver ese gran río en cuxas ribeiras morrerá en 1542, en Guachoya (Arkansas).

[2] Limamu é nome usado por Rodrigo Ranjel. Ranjel era secretario particular de Hernando de Soto e atribúenlle a relación (diario a día de hoxe perdido) das expedicións pola Florida (en sentido amplo, na Florida hai que encadrar parte do actual territorio de Alabama que o extremeño explorou) que logo Fernández de Oviedo publicou. Abramos por exemplo esta páxina: https://earlyfloridalit.net/rodrigo-ranjel-from-%E2%80%9Caccount-of-de-soto-from-gonzalo-fernandez-de-oviedo-y-valdes-historia-general-y-natural-de-las-indias/

Aí lemos:

“Rodrigo Ranjel, Account of De Soto: Following El Inca Garcilaso’s account of Juan Ortiz and the Narváez expedition, here begins a selection from the account by Rodrigo Ranjel, which takes place mostly in modern day Alabama. The passage below was incorporated into Gonzalo Fernández de Oviedo y Valdés’ Historia general y natural de las Indias and entitled the “Narrative of De Soto’s Expedition Based on the Diary of Rodrigo Ranjel, His Private Secretary.” Little else is known of Ranjel’s life, death and history except for that he was a native of Almendralejo and accompanied De Soto on the expedition as his private secretary. This excerpt includes a retelling of how native and Spanish relations were organized, as well as what de Soto demanded from native “caciques,” or chiefs. Ranjel writes of the greed that consumes de Soto and how it will ultimately lead to the expedition’s downfall in Mabila” (Edited by Amelia Zimmerman, University of South Florida St. Petersburg). Chama a nosa atención o feito de que na páxina que a Real Academia da Historia non se mencione para nada a Rodrigo Rangel (sic) como autor dese diario. Dise que naceu en Medellín, non en Almendralejo.

Ranjel aparece, efectivamente, na historia de Fdez. de Oviedo: Y porque sepáis, letor, qué vida traían aquellos españoles, dice Rodrigo Ranjel, así como testigo de vista, que entre otras muchas necesidades de hombres que se pasaron en esta empresa, vido en ella a un caballero llamado don Antonio Osorio, hermano del señor marqués de Astorga, con una ropilla de mantas de aquella tierra, rota por los costados… (en: Gonzalo Fernández de Oviedo, Historia general y natural de las Indias, 1535-1557, CORDE).

 

[3] Mirade o que di sobre o Cahaba e o Warrior ‘Guerreiro’ un historiador do XIX: The Warrior and Cahaba Rivers were then beautiful streams, clear as crystal, in which you could see a fish in ten feet of water. The fisherman in his canoe, dug out of a poplar tree, with his gig in his hand and his rifle lying beside him, ready for a deer if he should venture in sight, with the muscadine vines hanging in festoons from the tops of the tall trees that overhung the water with their clusters of black, delicious fruit, and the beautiful red-horse fish sporting beneath his canoe, with their silver sides and red fins and tails, in the most desirable and healthful climate in the United States, the thirty-third degree of north latitude, almost entirely free from cyclones and northers, is it any wonder that Alabama's most gifted poet, A. B. Meek, surrounded by such scenes, should have been inspired to write the following beautiful verses. A contaminación é un grave perigo para as súas augas. Comprenderedes por que nalgunhas matrículas de coches de residentes en Birmingham, AL, se pode ler “Save the Cahaba”.

[4] Vedes que estamos falando dunha cidade que cambiou de nome. Arriba vimos Newton / Attala. Hai máis casos na toponimia de Alabama. Como en Europa: Lutecia/París, Brigantium/Coruña, Arse/Sagunto, Petrogrado/Leningrado/San Petersburgo etc. Nunha dobre dirección: aquí rebautízase a favor dunha verba antiga, precolombina, pero hai moitos outros casos en que o proceso é o contrario: un vello lugar rebautízase co nome dun europeo. Algún outro exemplo de lugares rebautizados: Benton / Calhoun, antiga Xualla / Clarksville, ant. Cove / Helena, Moctezuma / Andalusia, a Mabila que se encontraron os españois é probablemente a Selma de hoxe, ant. Tuckabatchi / Elmore etc.

 

[5] Din del os historiadores que non se deixou enganar polas formas e mañas de H. de Soto. En Mabila tíñanlles aos españois preparada unha boa emboscada, co claro propósito de acabar con eles e co afán desmesurado de querer de todo: perlas, millo, castañas, coellos, peles, mulleres por centos, todo era pouco. Conste que a crítica non a fago eu, quedou feita polos propios achegados do xefe extremeño, que viron a obsesión por atopar outro Cuzco, outro Dourado fabuloso… En fin, nada novo baixo as estrelas. A cobiza é un mal ben coñecido e non sempre doado de controlar. A destrución de Mabila está expresivamente narrada por Hernández de Biezma (Relación del suceso de la jornada que hizo Hernando de Soto y de la calidad de la tierra por donde anduvo, accesible en: https://louisiana-anthology.org/texts/de_biedma/de_biedma--narrative_files/title_page.jpg)

[6] É interesanta a este respecto que relembremos as palabras de Rodrigo Argel, recollidas por Fernández de Oviedo, palabras de autocrítica clara contra a política expedicionaria dos homes que comandaban aquela xente hispana: Preguntando el historiador a un hidalgo bien entendido que se halló presente con este gobernador e anduvo con él todo lo que vido de aquella tierra septentrional, que a qué causa, en cada parte que llegaba este gobernador e su ejército, pedían aquellos tamemes o indios de carga, e por qué tomaban tantas mujeres, y ésas no serían viejas ni las más feas; y dándoles lo que tenían, por qué detenían los caciques y principales, y adónde iban que nunca paraban ni sosegaban en parte alguna: que aquello ni era poblar ni conquistar (a letra grosa é nosa). Con todo, sabemos que fixeron fortificacións: Thomas Maxwell, no seu libro Tuskaloosa, publicado en 1870, di que persoas de moitos anos aínda recordaban ter visto moedas dos españois (unha do século XII, aínda que pareza incrible). E el mesmo declara: “Isto foi

aos pés da montaña Look-out, nos condados de Cherokee e DeKalb, Alabama, ao longo da liña do ferrocarril Alabama & Chattanooga, preto de Yalley Head (a 158 millas de Tuskaloosa por ferrocarril) onde visitei unha fortificación que era evidentemente obra dos españois” (tradución ao galego nosa; debemos engadir que a localización de Maxwell sitúa ese forte moi cerca da fervenza bautizada DeSoto Falls).

martes, 6 de agosto de 2024

A NOSA CASA

 

A NOSA CASA

 

(Foto tirada de Internet. Ao fondo, á esquerda, vemos o vello Instituto coruñés na rúa Herrerías. Aí estudou Eulogio Muro)

 

Como sabedes moitos de vós, pola nosa casa, polo “Instituto da Guarda”, un centro histórico importante na historia do Ensino Medio do país, pasaron moitas persoas que deixaron pegada na vida cultural e socio-política de España e de Europa. Pensemos, por exemplo, en Salvador de Madariaga, Pablo Picasso, Fernando Rey, Gonzalo Torrente Ballester e tantos outros. Escollín nomes suficientemente coñecidos mais hai outros interesantes por diversos motivos. E hai familias tamén que a día de hoxe pouco nos din, caso de oír os apelidos, pero que no seu día foron protagonistas de anacos destacados da historia común, episodios históricos como a chamada Guerra da Independencia contra o invasor francés, a principios do XIX.

Refírome en concreto á familia Muro-Carbajal. Nun pequeño estudo que publicamos sobre unhas interesantes actas de disciplina do século XIX, aparecen amentados varios membros desa familia:

E hai tamén nomes que nos permiten saber máis de persoas importantes na historia de España: en concreto, os problemas de identificación do alumno Eulogio Muro Carbajal (que figura nas actas disciplinarias de 1863), fillo do prestixioso xurista e liberal moderado, José Fermín Muro Gómez, natural de Navarrete, Rioxa, permitíronnos adentrarnos na árbore xenealóxica desa familia Muro. Soubemos así que José Fermín Muro era sobriño do chamado «heroe da patria» ou «benemérito», Eulogio José Ramiro Muro Ulecia, avogado fusilado polos franceses en 1812, en Soria, cando tiña 29 anos. Pertencía á Junta de Burgos. Con toda probabilidade, José Fermín Muro honrou a memoria do seu heroico tío dándolle o nome de Eulogio a un seu fillo. (páx. 249 de Mª Rosario Soto Arias, “Un manuscrito inédito do s. XIX do instituto da Coruña”, Cornide 5, 2024).

En nota a pé de páxina explicamos, amais, que

José Fermín Muro Gómez naceu en Navarrete en 1804, fillo de Pedro Antonio Laureano Muro. Pedro Antonio Laureano é irmán de Eulogio José Ramiro Muro, quen naceu en Navarrete en 1783. Ambos irmáns eran fillos de Dionisio Muro e Francisca Javiera Ulecia. Agradecemos a información sobre as correspondentes actas de bautismo a David Castroviejo Martínez, do arquivo parroquial de Navarrete. Agradecemento que facemos extensivo a D. Armando Lasanta, párroco de Nosa Señora da Asunción de Navarrete.

José Fermín Muro foi decano do Colexio de Avogados (1837-1838), deputado pola Coruña en dúas lexislaturas e importante rendista. En 1863 é Presidente de Sala na Audiencia da Coruña. Xosé Ramón Barreiro considérao un liberal moderado (O liberalismo coruñés: a segunda xeración (1823-1846)).

José Fermín Muro ocupou cargos importantes na administración de xustiza (En 1863 é Presidente de Sala na Audiencia da Coruña) e foi home de confianza, para asuntos testamentarios e demais, da avoa de Emilia Pardo Bazán. El pasou logo a desempeñar altos cargos fóra de Galicia pero algúns dos seus fillos establecéronse na nosa cidade, onde chegarían a brillar con luz propia e onde finalmente falecerían (na nosa cidade faleceron Petra Muro Carvajal e o seu irmán Dionisio Muro Carvajal, este último foi Presidente da Deputación da provincia coruñesa e Xeneral de Brigada de Artillaría).

 

(Unha das obras polas que pasa á historia de Galicia José Valentín Muro Carvajal)

 

Porén, foi outro dos fillos, Eulogio, o que nos fixo tirar polo fío mercé ao cal chegamos a saber da existencia dun membro desta familia Muro que pasou á historia de España como heroe. Este Eulogio Muro Carvajal[1] era un rapaz de doce anos cando participou nas trasnadas con pedras (as famosas pedreas de antano, tema do que falamos no artigo da revista Cornide amentada) no descampado de San Amaro, preto da torre, cando o vello Instituto local estaba na rúa Herrerías e por esa razón figura nas actas disciplinarias do instituto de 1863. Buscando na prensa histórica sobre Eulogio Muro foi como demos co seu heroico tío.

Así que unha servidora hoxe de quen quixera falar é de Eulogio José Ramiro Muro Ulecia, o chamado heroe da patria, quizais precisamente porque a día de hoxe paréceme que é un total descoñecido e porque ler (o pouco que puiden ler) da súa biografía, “oír” as súas derradeiras verbas pouco antes de ser fusilado…, confeso que me conmoveu. Era novo para morrer e deixou un fillo pequeno. Moitas persoas morreron anonimamente loitando na francesada, algúns ficaron inmortalizados por Goya naquel heroico momento madrileño… E moitos de nós, galegos, limos Proezas de Galicia e sabemos da acción, por exemplo, da Ponte Sampaio. Os actos de valentía nunca está de máis contalos e relembralos, se nos tocan un pouco de preto, aínda con máis razón. En fin, imos rescatar algo deste home, Eulogio José, a quen coñecimos grazas aos papeles atopados na nosa casa, no Instituto no que estudamos e exercemos a docencia boa parte da nosa vida.

Montes de Burgos 7 de mayo

La junta superior de Burgos y Segobia celebró el 2 del corriente en la villa de Salas, la misma en que se instaló en junio de 1809, un solemne funeral por las almas de sus vocales, que un mes antes fueron sacrificados en la ciudad de Soria. No será fuera de propósito referir sumariamente las circunstancias que precedieron, acompañaron y siguieron á su martirio para exemplo de los débiles, desengaño de los alucinados y confusión de los traidores, extractadas de la gazeta extraordinaria de estas provincias de Burgos y Segovia de 28 de abril.

“Llevados a Soria con grillos los quatro ilustres presos, D. Pedro Gordo, vice-presidente, D. José Ortiz de Covarrubias, intendente y vocal, D. Eulogio José de Muro, vocal, y el secretario de la intendencia de Navas, dieron órden los franceses á la junta criminal de aquella ciudad para que la noche del uno al dos de abril sustanciase y sentenciase la caus. Cinco horas ocupó en esta operación aquel tribunal sanguinario, con el objeto sin duda de revestir su maldad con las fórmulas de la justicia, y al cabo de ellas condenó á muerte a los vocales y al secretario; y por una especie de irrisión y de mofa, declaró inocente á un hijo del intendente, nio de pocos años, que habia sido conducido en compañía de su padre.

“Intimóseles la sentencia por medio de escribano, y en seguida se ordenó que fuesen quatro eclesiásticos á confesarlos, sin darles tiempo para ello que el que necesitase la tropa para subir armada á la prision, y formarse para conducirlos al suplicio

“El vice-presidente aprovechó estos cortos momentos para confesarse con mucha compuncion y lágrimas con el primero de los sacerdotes que llegaron. Habia anteriormente confesado á sus compañeros, que ciertos ya de la suerte que les aguardaba, habian tratado de disponerse para ella como cristianos. Sin embargo se reconciliaron con los sacerdotes que les enviaron, á quienes la impaciencia é importunaciones de los soldados franceses obligaron á abreviar el cumplimiento de sus ministerios. Concluido este acto, se les quitaron las prisiones, y durante esta operación, el vice-presidente, soltando las riendas á su religioso celo, prorrumpió en una deprecación á Dios, tan fervorosa y patética, que enterneció á los circunstantes, y suspendió hasta á los mismos franceses […]

Delante del intendente iba D. Eulogio José de Muro: aunque todavía en la flor de la juventud, lo débil de su constitucion, las fatigas pasadas en el desempeño de su comision de vocal, los rigores de la prision y el maltrato de los dias anteriores habian reducido sus fuerzas á tal estado de languidez y abatimiento, eran tales los desmayos y los sudores, que se receló no llegase vivo al suplicio. Había pedido con instancia un crucifixo, pero no pudo dárselo el sacerdote que le auxiliaba, porque se le habia llamado sin decirle para lo que era, y por consolarle le dio un rosario con una medalla. Acertó a tener esta la imagen de la virgen santísima con la advocacion del Pilar: objeto de particular devocion para el Sr. Muro, que durante la carrera de sus estudios en Zaragoza, no habia dexado ni un solo dia de visitarla y adorarla. Por prodigio, de que quizá se reirán algunos, pero que nosotros los castellanos, que nos preciamos de ser y parecer religiosos, tiene explicación muy fácil, la vista de aquella santa imagen que produxo en nuestro vocal la mudanza mas completa y admirable: desaparecieron repentinamente todos los síntomas de libertad y decaeimiento, y ya no se vió en adelante más que ánimo, serenidad y fervor, que se desahogaba en las mas tiernas y expresivas jaculatorias, con dulce sorpresa de cuantos lo veian y entendian. Al llegar al pequeño repecho ó cuesta que hay para subir al lugar destinado para el suplicio, prorumpió en las expresiones siguientes, dignas de esculpirse en mármoles y bronces: subamos, subamos, hermanos, á este monte de nuestro calvario, puesto que en ello se nos concede imitar á nuestro Redentor, quien á pesar de su inocencia lo subió primero por nuestros pecados: yo pido y espero que en esta hora serán borradas nuestras culpars por la virtud de la sangre que en su santo calvario derramó por nuestros pecados. Dicho esto y subida la cuesta, hizo la demostración de volver el rosario al sacerdote, y encargándole encarecidamente que se acordase de él en el incruento sacrificio, se arrodilló, levantó los ojos al cielo, y recibió con sus compañeros la descarga que les quitó la vida

Consumado el sacrificio, los cadáveres de los vocales fueron colgados por mayor afrenta en la horca. Al dia siguiente mandaron los franceses que se descolgasen y se les diese sepultura. Los nobles y leales vecinos de Soria, que retirados á sus casas durante las escenas de horror del dia precedente, habian ahogado sus ayes y suspiros en sus lágrimas, resolvieron celebrar las exequias con toda la solemnidad que les permitian las circunstancias. El clero, la nobleza, las cofradias, el pueblo, todos concurren á porfia: se baxan los preciosos cadáveres, se conducen con extraordinaria comitiva, pomposa iluminación, prest y ministros, á la iglesia de S. Salvador, se les amortaja del modo mas decente y se reviste al del venerable párroco con los ornamentos sacerdotales. Estábase celebrando ya los solemnes oficios, quando nuestros enemigos, informados de lo que pasaba, y enfurecidos con las muestras de interes y respeto dadas á nuestros vocales por los fieles y piadosos habitantes de Soria, envian una manga de soldados, que entrando en el templo y rompiendo por el concurso con las espadas desenvainadas, interrumpen con horrible profanacion los oficios y obligan violentamente á los presentes á que carguen con los cadáveres y los pongan por sus mismas manos en la horca donde estuvieron, entre ellos el del difunto vice-presidente revestido con el alba sacerdotal. Allí los dexaron muchos dias, hasta que cayéndose á pedazos los miembros ya podridos y despues de haber servido algunos de ellos de pasto á los perros y á las aves, mandaron sepultar el resto al pie de la horca.” (tirado de: Gazeta marcial y política de Santiago: Número 42 - 23 xuño 1812).

Antes, en 1811, estes homes asinaban un oficio, do que subliñamos estas verbas:

Haga V. E. presente todo esto á S. A protestándole de nuevo que la Castilla jamas se someterá al yugo de la tiranía, ántes bien redoblará sus esfuerzos contra ella cada dia mas (Oficio asinado en Madriguera y junta superior de Burgos, abril 28 de 1811. Asinan: José Ortiz Covarrubias, Mauricio Domingo de Pedro, Melquíades Ortiz, Pedro Gordo e Eulogio José de Muro (en: Gazeta de la regencia de España e Indias: Número 77 - 1811 junio 8).

Más datos atopamos aquí sobre Eulogio de Muro: ese joven alto y buen mozo D. Eulogio de Muro, abogado y fiscal de la Junta [de Burgos] (en: Recuerdo de Soria: Año 2ª Número 4 - 1894 octubre 2). Así que o Eulogio ‘heroe da patria’ cursou en Zaragoza os estudos de dereito, unha profesión que tamén elixiría o seu sobriño José Fermín de Muro e, que saibamos, tres dos seus fillos, Eduardo, José Valentín e Eulogio.

 

No sitio onde se alzara a forca constuíuse co tempo unha pirámide  e nela unha inscrición que cen anos despois estaba inintelixible: “Los héroes beneméritos de la pátria D. Pedro Gordo, cura de Santibañez, D. Eulogio José de Muro, y D. José Ortiz Cobarrubias, intendente de la provincia de Burgos, y vocales todos de la Junta superior de la misma, y D. José Navas, secretario de aquella intendencia, fieles á Dios y al Rey, y á la Nación, fueron aquí alevosamente asesinados por los bárbaros satélites del vil Napoleón el dos de Abril de mil ochocientos doce, cuyas reliquias se trasladaron á la insigne colegial iglesia de esta ciudad en el dia nueve de Noviembre de dicho año con el aparato religioso, político y marcial que correspondía á su esclarecido mérito, como también el teniente coronel de los reales ejércitos D. Gregorio Saldaña, vecino y regidor perpétuo de esta ciudad, aquí fue afusilado por los mismos bárbaros el dia nueve de Diciembre de mil ochocientos diez, y otros defensores de la pátria. Y para su eterna memoria, erigió este glorioso monumento la M. N. y L. ciudad de Soria” (escrito asinado por Joaquín Arjona, en Recuerdo de Soria: Año 2ª Número 4 - 1894 octubre 2).


Tamén puidemos saber por outra fonte de información que o modesto monumento se ergue no Campo de Santa Bárbara:

 



 

(Fonte: El oxomense : semanario católico: Año I Número 2 - 1892 marzo 26, pág. 4)

 

 

(Aquí estaba orixinariamente o monumento amentado. Actualmente está noutro lugar na cidade de Soria. Na foto vese o lugar onde os fusilamentos)

 

Eulogio de Muro e os seus compañeiros fusilados son declarados Beneméritos de la Patria:

 



 

 

(Fonte: https://www.cervantesvirtual.com/obra-visor/coleccion-de-los-decretos-y-ordenes-que-han-expedido-las-cortes-generales-y-extraordinarias-desde-24-de-septiembre-de-1811-hasta-24-de-mayo-de-1812-tomo-ii--0/html/0027bda0-82b2-11df-acc7-002185ce6064_234.html)

 

Con posterioridade pídese á Rexencia “para que conceda una pensión de 300 ducados á favor de la madre y de la viuda de D. Eulogio José de Muro; y que á la muerte de esta la siga disfrutando hasta la edad de 18 años el hermano que ha dexado de corta edad. = Aprobado” (en El conciso: Año VI Número 14 - 1813 marzo 14).

Aquí é onde o deixamos por hoxe. Queda no meu ánimo visitar algún día Navarrete, o lugar onde nacera este heroico personaxe, Eulogio José de Muro Ulecia. Navarrete, na Rioxa, coma ocorre en moitos outros lugares, non é de todo consciente dos tesouros que garda dentro.

Feliz verán!

 

(Da Igrexa da Asunción de Navarrete, Rioxa. No seu arquivo aparece a partida de bautismo de Eulogio de Muro Ulecia, heroico personaxe rioxano, cuxos sobriños fican vinculados á nosa cidade herculina)

 



[1] Ben merece que lle dediquemos un par de liñas ao mozo Eulogio, exalumno do Instituto coruñés. Logramos localizar a súa partida de bautismo no arquivo do Seminario Maior de Santiago. O seu nome completo era Eulogio Cipriano Julián Muro y Carbajal e naceu o 18-9-1850, sendo bautizado na coruñesa igrexa de Santiago. Coma os seus irmáns José Valentín –erudito importante, membro da Real Academia Galega- e Eduardo, estudou dereito.