martes, 22 de outubro de 2013

Eu levo o nome dun personaxe literario. Terceira entrega

Ola, chámome Sabela Castelo M. e falareivos dun relato co meu nome. Este titúlase “Sabela” e é un dos relatos do libro Retrincos escrito por Castelao.

O libro Retrincos, publicado no ano 1936, é unha colección de cinco contos case autobiográficos, que recollen cinco momentos da vida do autor.

Sabela” é unha narración sobre a vida dun estudante que aprende a bailar grazas á axuda de Sabela, a moza máis fermosa da vila, e a partir diso baila en tódalas festas da vila con ela. O estudante vaise da vila para continuar os seus estudos. Volve a ela moitos anos despois cando, ao saír deputado das Constituíntes, a vila quixo agasallalo. Alí atopouse coa súa compañeira de baile, a cal pasara de ser esa fermosa moza para converterse nunha muller.

Algunhas das características de Sabela coas que me identifico son que ámbalas dúas sorrimos continuamente e que nos gusta o baile. Por contra, o que non me gusta dela é que ao saber o fermosa que é, búrlase dos mozos que llo din, en vez de sentirse afagada.

1 comentario:

  1. Boas tardes, eu son Cristina Alonso Montagner, alumna de 2° E de bacharelato. Tras reler varias das entradas que hai neste preciado blog , fiquei neste artigo ao ver que trataba da colección de relatos 'Retrincos' , do rianxeiro A.R Castelao.Fai uns anos, non recordo ben se foi en tercero ou en cuarto da ESO , tivemos que ler este libro na clase. Lembrarei sempre este nome ' Retrincos' , xa que a miña mestra de galego Anxos, sempre lle daba unha entoación especial ao título. Unha entoación que a nós, facianos moita gracia e case sempre acababamos dando clase de pronunciación e fonética, aprendendo a pronunciar o 'r' vibrante que ninguén nunca nolo ensinara como o facía ela.
    Con respecto ao libro, dicir que xa non o recordo moito, pero sei que contiña cinco relatos : 'O segredo', 'O inglés ', 'Peito de lobo', 'O retrato' e 'Sabela'. Deste último , do que nos fala aquí a nosa compañeira Sabela, sei que está datado no 1934 en Pontevedra, e que é unha narración da época de Castelao de deputado en Cortes.
    Finalizando as miñas palabras, quero darlle os parabéns a Sabela Castelo polo seu artigo e tamén a todas as persoas que colaboran neste blog .
    Saudos!

    ResponderEliminar