sábado, 27 de xuño de 2015

Biografías Lectoras (X): Yolanda Castaño

  1. Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Non me lembro ben… Mais, ben puido ser “Cantares Gallegos” de Rosalía.
  1. E en castelán?
Algún de Gloria Fuertes, autora que me apaixonou dende o primeiro momento e unha das culpables de que dende entón me lanzase a escribir poesía.
  1. Un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Unha antoloxía poética de Alejandra Pizarnik.
  1. Que libro che prestaría ler agora en galego?
Unha antoloxía de poesía contemporánea última.
  1. E en castelán?
Unha antoloxía de nova poesía galega.
  1. Cal pensas que podía ser un libro que lle gustaría ler á xente nova?
Un que anunciasen pola televisión?
Hai moitos libros que á xente nova lle gustarían, o que precisan é a motivación para descubrilos, atrevérense a botarlles a man. Penso por exemplo nalgún de poesía de Lupe Gómez. E en poesía que non está nos libros: á xente nova gustaríalle se fosen a un espectáculo poético de “aldadolado”, por exemplo o último: “Sempre en Ibiza”.
  1. Algún título para agasallar a un amigo ou amiga?
Pedro Páramo” de Juan Rulfo, “El amante” de Marguerite Duras, “As entrañas horas” de Emma Couceiro, “Tara” de Elena Medel, “O lume branco” de Xosé Mª Álvarez Cáccamo.
  1. Que libro tés neste momento enriba da mesiña de noite ou no e-book?
oso, mamá, si?” de María Lado, “Ginza Samba” de Robert Pinsky (o único poeta vivo que saíu nos Simpsons) e “Flores de tierra dura” de mulleres poetas do sur da India.
  1. Que libro leva agardando moitos anos por ti?
O “Ulises” de James Joyce. E pode seguir agardando.
  1. Houbo algún textos ou autores que che quedasen na memoria para sempre?
Alejandra Pizarnik, Ferrín, Olga Novo.
  1. Uns versos dun dos teus poemas favoritos?
Sonó la musiquita de windows y amaneció” (Juan Andrés García Román).
En calquera outro momento poderíame lembrar de calquera outros.
Yolanda Castaño, poeta
(Sección Coordinada por Xosé P. Mondelo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario