A NOSA CASA
O grupo de "iguais na diversidade" condena todo tipo
de violencias machistas e para conmemorar o Día Internacional da Non Violencia
contra as Mulleres, fixéronse siluetas representativas das mulleres asasinadas
a mans das súas parellas ou exparellas, un photocall con lemas feministas, un
taboleiro con carteis e caligramas, unha mesa para o reparto de información e
pulseiras con lemas, unha estrutura á entrada do IES onde poñer a nosa pegada
contra o machismo, e ata dous alumnos de 1ºA fixeron un RAP reivindicando os
dereitos das mulleres.
(https://www.youtube.com/watch?v=WMAm8GaQx3Y&feature=youtu.be).
Queda patente que o alumnado do Eusebio da Guarda está involucrado e concienciado na igualdade de homes e mulleres, fortalecendo deste xeito ao Eusebio da Guarda como Espazo libre de violencias sobre as mulleres.
Queda patente que o alumnado do Eusebio da Guarda está involucrado e concienciado na igualdade de homes e mulleres, fortalecendo deste xeito ao Eusebio da Guarda como Espazo libre de violencias sobre as mulleres.
FOTOS DO LUNS 25
DE NOVEMBRO
CUESTIÓNS PARA
DEBATE
O tema da violencia contra a
muller non é, por desgraza, de hoxe. Vén de vello. E inda non sendo os únicos
casos de mortes digamos “evitables”, son sempre casos merecentes do noso
interese. Nunca sobra a reflexión sobre o tema. Imos centrarnos un minutiño na
literatura. Vexamos tres casos para o debate.
1º. Que vos axude a vosa profe ou
o voso profe de literatura a localizar o relato “Las medias rojas” da coruñesa
Emilia Pardo Bazán. Aí é o pai dela quen lle desfai e desfigura o rostro á
filla por gastar os cartos, bastante escasos, nunhas medias… O mal que lle fai
supera con moito o valor das medias… Lede ben o conto e debatede esta cuestión:
sendo un pai o que maltrata a filla (cun fillo feito e dereiro dubido eu moito
que se atrevera…), considerades que temos igualmente violencia de xénero?
2º. Hai un coñecido relato de
Óscar Wilde, titulado The Canterville's Ghost ‘O fantasma de
Canterville’. Aí o protagonista é o propio fantasma, Lord ou Sir Simon (xa non
recordo ben o tratamento), quen matara coas propias mans a esposa, Leonor, por
ser fea e por ser pésima cociñeira. Lede o relato e debatede se é merecente
dese protagonismo, se verdadeiramente purgou ou non o seu grave pecado.
Xustificariádelo vós como fixo Virxinia, ou?
3º. Agora ímosvos poñer un libro máis
actual, da autoría dunha muller que faleceu recentemente, en agosto, e da que
proximamente falaremos neste blog. A autora chámase Toni Morrison e o libro é The
song of Salomon ‘A canción de Salomón’. Nesa espléndida novela, Macon Dead
érguese da mesa e por un simple comentario algo impertinente da muller, Ruth,
dálle un golpe que a fai caer da mesa e tira con ela por terra. Daquela, nun
chimpo de furia, érguese o fillo, Milkman, que está na flor da vida, agarra polo
pescozo sen miramentos o pai, empúrrao contra a parede e ameázao: “Se volves
poñer a man enriba da miña nai, mátote”. Non estaría mal que localizásedes e
lésedes esta secuencia (está nun dos catro primeiros capítulos). En calquera
caso, a cuestión que vos formulo é esta: está ben ou está mal a reacción do
fillo contra o pai? E vós, que fariades vós?
::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::
(Nota: o noso agradecemento ao alumnado e ao profesorado que participou; mención especial merécennos Dulce, que foi a profesora que nos pasou as fotos, e Noemí, que foi a que soubo motivar os autores do Rap)
(Nota: o noso agradecemento ao alumnado e ao profesorado que participou; mención especial merécennos Dulce, que foi a profesora que nos pasou as fotos, e Noemí, que foi a que soubo motivar os autores do Rap)