PILAR PALLARÉS
A poeta galega Pilar Pallarés
acaba de recibir hai moi poucos días o Premio Nacional de Poesía. Dámoslle
desde aquí os nosos parabéns. Parabéns, Pilar! Que o goces e che sirva de
estímulo con que proxectarte ao futuro.
É este un bo momento de outono
aínda, de saudadoso cromatismo e lecer nas anticipadas noitiñas para (re)ler a
obra da poeta laureada. A pequenos ou grandes grolos, pero animémonos a facelo.
Por curiosidade deille ao ‘Buscador’
deste blog a palabra PALLARÉS e aparece Pilar mentada e tratada en catro
ocasións distintas. Por orde cronolóxica temos:
2ª: AS DONAS DO EUSEBIO PRIMEIRO
(21 setembro 2016: aí podedes ver que nos corredores do noso Instituto
puxeramos distintas fotografías de profesoras do Eusebio, e entre elas a de
Pilar)
1ª: BIOGRAFÍAS LECTORAS (XI):
PILAR PALLARES (27 xuño 2015: aí tedes aquela estupenda entrevista que o noso
colega e amigo Pepe Mondelo lle fixera a Pilar. Entrevista digna tamén de
relectura).
3ª: AS GRANDES DAMAS DO ENSINO. Mª
Teresa Rodríguez Taboada (12 Xullo 2017: nesas páxinas Mª Teresa relembra a
Pilar, entre outros membros do noso claustro no pasado).
4ª: ENTREVISTA A SUSANA
MARTÍNEZ-CONDE GARCÍA, EX ALUMNA DO INSTITUTO (19 xullo 2017). Susana lémbrase
dela -fora a súa alumna- con cariño (podedes ver na prensa a entrevista que Sonia
Vizoso lle fixo a Pilar para ‘El País’ e aí dise algo que as palabras de Susana
corroboran: que Pilar deixou fonda pegada no alumnado que pasou polas súas
mans, falando metaforicamente).
(Pilar Pallarés: foto tomada de Internet)
E xa para rematar (porque o
importante está dito, quedade por favor, coa exhortación á (re)lectura da súa
obra), deixádeme que vos recorde que no libro dos 125 anos de aniversario do
Instituto da Guarda, dedicarámoslle un paragrafiño á poeta. Vóuvolo reproducir
por se non tivestes ocasión de lelo.
Pallarés García, Mª Pilar: Culleredo (A
Coruña), 1957. Poeta e crítica literaria. Cursa o C.O.U no noso Instituto.
Estuda Filoloxía Galego-Portuguesa na
USC., onde foi alumna do profesor R. Carballo Calero. Colaborou en diversas
revistas, como Grial, Coordenadas, Dorna, etc. En 1980 publica o seu primeiro libro, Entre lusco e fusco . En 1983 gaña o
Premio Esquío pola obra Sétima Soidade. Outra obra poética
fundamental súa é Livro das devoracións
(1996). Participou, ademais, en ducias de obras colectivas. Durante o curso
1984-5 imparte Lingua galega e Literatura no ‘Eusebio da Guarda’.
Posteriormente e ata a súa xubilación, formará parte do claustro do IES ‘Ramón
Menéndez Pidal’.
[Bibliografía básica: http://www.aelg.org/Centrodoc/GetAuthorById.do?id=autor226].
Ningún comentario:
Publicar un comentario