Hoxe abrimos unha nova fiestra dedicada á Banda deseñada, na que os creadores galegos actuais están a ter unha relevancia importante.
ENGURRAS,
de Paco Roca.
Engurras
narra a historia de Emilio, ex-director dun banco, un ancián enviado
a unha residencia pola súa familia. Nela, terá que botar unha loita
contra a vellez, que finalmente non consegue gañar.
Francisco
Martínez Roca, maís coñecido como Paco Roca, é un historietista
valencián, autor de obras coma O
inverno do debuxante
e a novela que nos ocupa, Engurras.
Esta última foi a súa aventura máis exitosa, chegando a ser
adaptada ao cine e conseguindo o Premio Goia 2011 ao Mellor guión
adaptado e ao Mellor filme de animación. A propia novela posúe
numerosos premios, coma o Premio Nacional do Cómic 2008 ou o Premio
Dolmen á mellor obra española.
En
Engurras amósasenos a adaptación de Emilio á vida dun xeriátrico,
xunto co seu compañeiro de cuarto, un egoísta cleptómano chamado
Miguel, quen disfruta da vida na residencia, aproveitándose dos
outros vellos.
Aparenta
que cada vello representa un cliché da ancianidade ou unha
enfermidade mental: Xoán só repite o que óe; Sol olvídase do que
está a facer; Rosario cre que ten vinte anos e que está nun tren a
Istambul... O autor xoga con estas historias, xerando situacións
graciosas, coma con Carmiña, que evita quedarse soa porque cree que
lle atacarían os marciáns.
Sen
embargo, o verdadeiro punto de inflexión da historia é cando
Emilio descobre que padece Alzheimer. A partir dese momento, os seus
amigos téimanse en frear a acción da enfermidade. Miguel acompañará
a Emilio á biblioteca para que practique a súa memoria, debuxará
tarxetas para que recorde os nomes.... Estas accións cambian, pouco
a pouco a Miguel, que abandoa a súa anterior actitude e convértese
nunha persoa moito máis empática.
Engurras
é, na miña opinión, unha novela non só limitada a persoas
interesadas no Alzheimer. O seu encanto radica en que trata algo tan
duro como é esta enfermidade con humor, sen fatalismos. Pese a este
ton humorístico, hai espazo para as escenas máis emotivas,
relacionadas co avance da enfermidade
Noutros
aspectos non se queda atrás; as personaxes están estupendamente
caracterizadas, mais destaca Miguel entre todos eles: sen darnos a
coñecer a súa vida, o autor consegue que o comprendamos axiña, o
que fai aínda máis sorprendente o seu cambio de actitude cara ó
final. Pola parte gráfica, salienta a expresividade dos rostros e o
ben que trasmiten os ambientes a sensación predominante nos
distintos escenarios.
En
resumo, éste resultou ser un cómic ben pensado e levado a cabo,
cunha intrigante historia acerca dun dos temas máis preocupantes na
actualidade como é o Alzheimer. Tamén da un novo punto de vista
sobre esta realidade, dende a mira dos que a sufren.
Antón Tembrás López, 1º Bacharelato
(Sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)
Esta moi ben o traballo Antón, felicidades. Un dia farei un oco para ver esta pelicula, xa que non se ven todos os dias peliculas de debuxos animados feitas por galegos!
ResponderEliminarUn saúdo.