xoves, 13 de marzo de 2014

Biografías Lectoras (III)

-
- Os primeiros libros que lin en galego foron Merlín e familia e Os outros feirantes. Non podo lembrar cal foi o primeiro dos dous. Naquela edición de Galaxia.
-
- Aquí non teño dúbida: o meu primeiro libro en castelán foi unha versión moi simplificada de “Las mil e una noches”, cunhas ilustracións que mirei e remirei durante anos.
-
- Un libro especialmente importante na miña vida foi “Siddhartha” de Hermann Hesse. Lino cando tiña vintedous ou vintetres anos, mais foi moito tempo despois cando comprendín o que me ensinou.
-
- En galego prestariame ler o clásico: “O gran Meaulnes” de Alain-Fournier. Gustariame tamén ver unha tradución dos poemas de Emily Dickinson para ver como sae a tradución de tal apuro.
-
- En castelán, a biografía de John Cheever feita por Blake Bailey e titulada “Una vida”.
-
- Non teño nin idea de cal pode ser o libro que lle gustaría ler á xente nova. Mais, a min gustoume ler sempre e a calquera idade, O gran Meaulnes de Fournier.
-
- Algún libro para agasallar a algún amigo ou amiga? Os poemas de Catulo ou a novela picaresca O Satiricón.
-
- Neste momento teño de man as Memorias dun cazador de Turguéniev
-
- Que libro está agardando por min? O libro da vida.
-
- Un escritor que sempre teño presente é Pessoa, pola ironía e beleza dos seus versos e a lucidez dos textos no Libro do desasosego.
-
- Algúns versos inesquecibles? Sempre Manrique: arcaíco e atemporal a un tempo.

Este mundo es el camino
para el otro, qu´es morada
sin pesar;
mas cumple tener buen tino
para andar esta jornada
sin errar.
Partimos cuando nascemos,
andamos mientras vivimos,
e llegamos
al tiempo que fenecemos;
assí que cuando morimos
Descansamos”.

RAÚL TRILLO, profesor  
(Sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario