mércores, 19 de marzo de 2014

Audiovisual galego: 'Mamasunción'


https://www.youtube.com/watch?v=SrBkJWGJDuc
A curtometraxe (facendo clic poderás velo) é un reflexo da realidade da Galicia profunda dos anos cincuenta e sesenta. Nel podemos ver como sofre unha nai polo silencio do seu fillo emigrado, coa fin de atopar unha vida mellor. Tamén observamos o analfabetismo da época cando unha veciña ofrécese a ler a carta sen saber ler e inventa o seu contido, para facer dano. Cando unha persoa que si sabe ler revélalle o verdadeiro contido da carta, descóbrese que o seu fillo fixo fortuna e ten pensado volver, mais resulta que a carta é enviada pola empresa que el fundou xa que el morreu e ela é a única herdeira da súa fortuna. Vemos como o concello quedase cunha gran parte da fortuna e a ela deíxana cunha pensión que ela non quere xa que o único que realmente quere e volver ver ao seu fillo. A curtometraxe remata con ela quemando os cartos, xa que para ela é a causa pola que perdeu ao seu fillo, e cos veciños petándolle a porta para que lles de cartos.
Autoría: Jorge Carril (Sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)
Ampliación: A curtametraxe Mamasunción, dirixida por Chano Piñeiro, tivo a súa estrea en 1984. 
Os ollos de Mamasunción son un cristal de pena. Unha pena sen nome. Unha pena infinita.
Son os mesmos ollos de tantas nais que non teñen fillos, de tantos fillos que non teñen pais.
Corazóns que sofren longas ausencias mortais... e que ninguén consolará. 

1 comentario:

  1. Gustáme a sección de audiovisual galego dentro do blog debido a que unha das cousas que máis entretidas encontro e que máis me gustan son as películas. A miña elección dentro das moitas películas que aparecen comentadas nesta sección do blog foi a curtametraxe “Mamasunción”, que xa vira anos atrás e que encontrara moi interesante. A reseña da curtametraxe que aparece no blog gustoume moito, xa que a pesar de non ser moi extensa, foi capaz de recoller todas as accións que se levan a cabo na película. Ademáis da completa reseña gustoume a idea de poner un enlace para poder ver a curtametraxe, que é de gran axuda para as persoas que ao visitar esta sección non viron a película. Por encima de todo atopei moi interesantes os versos que están debaixo da palabra “ampliación” que expresan moi ben os sentimentos da protagonista da película, Asunción. Adrián Méndez Balado 4ºC

    ResponderEliminar