xoves, 27 de marzo de 2014

Biografías lectoras (V)

    Xosé Manuel Martínez Oca, escritor
     
  1.  Cal foi o primeiro libro en galego que liches?
Se considero como tal unha escolma dos debuxos e textos que Castelao publicaba no “Faro de Vigo”, editada por ese xornal nos anos trinta do século pasado, ese foi o primeiro. Para un texto únicamente de narrativa, o primeiro foi “Contiños da Terra”, de Manuel García Barros.
  1. E en castelán?
Empecei lendo moitas novelas do Oeste, que publicaba a Editorial Cies de Vigo, e a mayoría das da serie do “Coyote”, de José Mallorquí. Un libro máis “serio” foi, se non me falla a memoria, “La Casa de la Troya” de Pérez Lugín.
  1. Un libro que fose especialmente importante na túa vida?
Non sei en que sentido se debe considerar importante un libro. Nos meus primeiros tempos paréceme lembrar que me permanecerán moito tempo na memoria “El poder y la gloria”, de Graham Greene, e “Diario de un cura rural”, de Bernanos. Máis adiante foi Dostoiewski, e logo “A peste” e “O estranxeiro”, de Camus.
  1.   Que libro che prestaría ler agora en galego?
    Dos aínda non lidos, non sei de ningún en especial. Dos xa lidos e que teño ganas de reler, sinalaría en primeiro lugar “Arraianos”, de Méndez Ferrín.
  1. E en castelán?
    Sucédeme o mesmo que en galego. En canto a títulos xa lidos, teño en mente volver pronto sobre “La muerte y la primavera”, de Mercé Rodoreda.
  1. Cal pensas que podía ser un libro que lle gustaría ler á xente nova?
    A min cando era novo gustábanme moito as aventuras de Guillermo, de Richmal Crompton, “Cartas desde o meu muíño”, de Daudet, “As aventuras de Tom Sawyer”, de Mark Twain, “A illa do tesouro”, de Stevenson… En fin, moitos.
  1. Algún título para agasallar a un amigo ou amiga?
          Por exemplo, por non ser dos máis lidos, creo eu, “Cara a Times Square”, de Camilo Gonsar.
  1. Que libro tés neste momento enriba da mesiña de noite ou no e-book?
          “La vida de las mujeres”, de Alice Munro, que tamén recomendó encarecidamente.
  1. E cal está agardando hai moito tempo por ti?
         “El cielo protector”, de Paul Bowles.
  1. Houbo algún textos ou autores que che quedasen na memoria para sempre?
O estranxeiro” de Camus, “Palabras e sangue”, de Papini, “Crime e castigo”, de Dostoiewski, “Un mundo feliz”, de Huxley…
  1. Algúns versos dun dos teus poemas favoritos?
Adonde te escondiste, / Amado, y me dejaste con gemido? / Como el ciervo huiste / habiéndome herido; / salí tras ti clamando, y eras ido…
Ou: Este vaise i aquel vaise, / e todos, todos se van. / Galicia, sin homes quedas / que te poidan traballar. / Tes, en cambio, orfos e orfas / e campos de soledad, / e nais que non teñen fillos / e fillos que non tén país. / E tes corazóns que sufren / longas ausencias mortás…
(sección coordinada por Xosé Pérez Mondelo)

Ningún comentario:

Publicar un comentario