LENDO A ANDREA MACEIRAS
A tertulia facémola entre dúas das rapazas –Ana
Fernández e Rita Buxéns- do Club de Lectura e mais unha servidora. Outros
membros do Club tamén leron o libro, Nubes
de evolución, pero non houbo a oportunidade de xuntármonos para falarmos do
tema.
-Ben,
aquí estamos. E que me dicides, o libro gustouvos?
Óllanse
mentres nos acomodamos. Fai frío esta mañá marcelina ou marzá. Son unánimes:
-Si,
gustounos, aínda que se soluciona todo moi rápido…
-Queredes
dicir que o libro vos resultou curto?
-Ela só
ten que mudar de casa, empezar a carreira, e xa está.
-Nunha
páxina ou dúas, todo amañado.
-Pero
si que nos gustou.
-Tedes
un personaxe favorito?
-Ela,
como se chamaba?
-Amanda?
-Si,
Amanda.
-Tamén
Ángela. Por certo, iso de chamarlle á nena Ánxela, polo tema dos Rolling, Angie, é un puntazo.
-E pola
outra muller…, pola de Luis.
-Pero
non a coñecía, ou si?
-Xa se
coñecían, non recordas, cando Ánxela traballaba nunha cafetería, eu creo que é de maneira inconsciente, a lembranza da
outra Ánxela é inconsciente…
(…)
-Amanda
débelle moito ao seu traballo, por duro que sexa…
-Si,
pero reincorporarse á súa antiga casa, e sobre todo, aos estudos, está moi ben.
-Pero
perdeu autonomía.
-Tampouco
era vida… non tiña tempo para nada, e vía moi pouco á filla.
-O que
eu me pregunto é por que desde o principio non buscou a forma de seguir
estudando… Non sei se estaredes de acordo comigo: acaso non podía buscar axuda…?
-Supoño
que si: estaba a familia dela, os amigos…
-E
ninguén máis? Pensade.
-O pai.
-E a familia
do pai.
-Por
non falar da sociedade, do Estado: non hai bolsas de estudo para persoas tan
necesitadas coma ela. Ou non merecía…?
Pensan.
Di Ana:
-Si,
tiña boas notas na Selectividade
Engade
Rita:
-É
intelixente. Pero quixo romper con todo. Rompeu coa irmá, cos amigos, rompeu
con todo.
-A nai
nunca rompeu os vínculos con ela.
-Deixou
de contactar coas redes sociais. Rompeu co seu mundo, coa súa base de
estabilidade…
Engade
Ana, matizando máis:
-Coma
se tivese rancor, por ter ela que pasar por iso, e eles non. A min deume esa
impresión.
-Coma
se estivese “enfadada co mundo”.
-O cal
é mal para ela, paga ela mesma.
-E a
filla, que se cría nun círculo moi restrinxido.
-Nesta
novela, o contexto é moi importante. Aí coñece, na Estación de autobuses, os outros
dous personaxes. Como fora…? Porque inicialmente Uxío non merecía que ela lle
dirixise a palabra…
Rita
rememora:
-Son
eles dous os que se unen, e ela a que lles entra, porque ten curiosidade,
porque a ela esa parécelle unha relación moi curiosa…
Quedamos
pensativas. As relación humanas son sempre unha materia fascinante.
Segue
Rita dicindo:
-E a frase when will those clouds disappear…? É preciosa, de onde a sacaría? E por
que decidiría poñela en inglés?
Rimos.
-Porque é da letra da canción dos Rolling.
-O que non sei eu é quen a compuxo. Sería Mike Jagger?
Digo eu:
-Funciona coma un leit
motiv. Sabedes o que é, non si?
Descoñecen o concepto.
-Coma un motivo recorrente:
repítese ao longo da narración, e une, dálle cohesión á materia narrada.
E que me dicides do final?
-É un final aberto: aínda pode ter unha relación con Uxío,
rematará ou non a carreira, non sabemos tampouco que carreira escolleu…, é un final aberto.
-A autora veu falarnos da obra unha tarde en que vós non
estabades, e díxonos que ela se encariñara moito con Luís, case que era o seu
personaxe favorito. Que opinades?
Non responden inmediatamente.
-Ben... -fala Ana-, é moi propio,
quero dicir que o fan moito as persoas maiores ás que lle morre un ser querido,
afastarse, illarse… Como se non tivesen futuro.
-Volveu ao Instituto e retomou doutra maneira a relación cos
alumnos… Mellor así…
-E vós, se tivésedes oportunidade, volveriades ler outro
libro de Andrea Maceiras?
De novo vexo unanimidade.
-Si, leriamos máis desa autora.
Espero que seña verdade. Aos novos é a quen hai que apoiar.
Aos novos vivos.
(Rita Buxéns, Ana Fernández -alumnas de 3º da ESO-, e Charo Soto).
(A escritora coruñesa Andrea Maceiras no Salón de Actos do noso Instituto, o día 16 de marzo do 2015. Foto de Charo Soto)
Ningún comentario:
Publicar un comentario