venres, 13 de marzo de 2015

Audiovisual galego: A Escaleira


A ESCALEIRA from CEIP A LAMA on Vimeo.

Temos hoxe unha curta de animación. Semella que no CEIP A Lama as cabezas bulen cheas de ideas e que se non as plasman vailles mal. Esta pequena curta ten detrás un traballo enorme, engrandecido polos protagonistas, os cativos que dan vida aos bonecos, e que prestaron as súas doces voces cun resultado máis que sobresaínte.

Está feito cunha técnica de animación que consiste en tomar fotografías de pezas estáticas, facerlles un pequeno movemento, e repetilo, unha e outra vez. O resultado final, cando o montas coma un video, resulta nunha película na que os bonecos adquiren vida. 

Fixádevos que ás veces a cámara cambia o foco, por exemplo, pasando do home á araña. Noutras temos un plano cenital (por riba de todos), que semella estamos por riba deles.

Queres ver máis? Visita o Blog da Biblioteca escolar do CEIP "A Lama". Alí tes outras propostas feitas por escolares de primaria e infantil coa mesma técnica.

(M.S. García, sección coordinada por X. Pérez Mondelo)

3 comentarios:

  1. Este comentario foi eliminado polo autor.

    ResponderEliminar
  2. "A escaleira" foi unha das audiovisuais que máis me gustou e a que máis me chamou a atención, xa que os personaxes son bonecos feitos con materias sinxelos (plastilina, la, paus, etc.).
    Na curtametraxe varios repartidores chaman á porta dun terceiro e, cando se convencen de que non hai ninguén, depositan os seus obxectos diante da entrada. Entón chega unha rapaciña, que peta con moita forza a porta, e cando lle abre o seu avó, aquela rífalle por durmir tanta sesta. O cómico da situación é que é unha nena a que chama a atención a un maior.
    Esta curtametraxe foi realizada polos alumnos de primeiro de primaria e cuarto de infantil do CEIP "A Lama". Fixeron un gran traballo, pois tiveron que montar o escenario, facer os bonecos e darlles voz, na cal puxeron moito entusiasmo e sentimento.

    ResponderEliminar
  3. Esta curtametraxe gustoume sobre todo polo escenario onde se representa, e pola animación dos bonecos.
    Trata dun avó que vive só e que dorme moito a sesta e non escoita petar na porta cando o veñen chamar algúns repartidores. Pero máis tarde chega a súa neta e chámao moi forte. Entón el esperta e ábrelle. A parte cómica é cando ela bota unha reprimenda ao seu avó por durmir tanto.
    Tamén destacaría o esforzo realizado polos rapaces na interpretación das voces e na creación dos bonecos.

    ResponderEliminar