domingo, 30 de novembro de 2014

Pradolongo

Durante moito tempo acostumámonos a que os protagonistas das películas se chamasen John, Jack, Bill ou Charlie. Agora, o audiovisual galego, que pese a todas as súas carencias avanza a pasos axigantados, intenta contarnos historias que lle acontecen a xente coma Raquel, Martiño e Armando, os personaxes de Pradolongo. 


Unha historia que acontece en Galicia. Uns personaxes  cos que nos poderíamos topar no instituto. Unha película absolutamente dirixida á mocidade, pois ten como tema o paso da infancia á madurez, e como este cambio afectará á amizade dos tres rapaces. Unha irmandade nacida na infancia, a piques de romperse na entrada ao mundo dos adultos. 

É unha cinta singular pola proximidade que transmite, especialmente aos rapaces da idade dos protagonistas. Pero sobre todo é a proba de que, pese a todas as adversidades, a nosa nacente industria non se rende.
Eduardo Lampón
(sección coordinada por X. Pérez Mondelo)

1 comentario:

  1. Esta película ademais é unha critica ao deterioro da paisaxe galega por fins económicos e ao abandono dos campos pra emigrar as vilas,cousa que na miña opinión non debería de acontecer,polo menos a tan gran escala,porque así pérdese gran parte da cultura galega,olvidándose en pobos abandoados.

    ResponderEliminar