Ola, chámome Miguel Lantes, levo o nome do protagonista do breve relato
“Día Domingo”, pertencente ao libro Los
Jefes, de Mario Vargas Llosa, publicado no ano 1959. Dous rapaces, Miguel e
Rubén, disputan a valentía, a amizade e mais o amor por unha moza chamada
Flora.
Para min, poñerme no lugar do protagonista foi unha situación bastante
rara, xa que nos atopamos arredor da mesma idade pero en continentes distintos;
no caso do protagonista, el está en Sudamérica, en Perú. Despois, aínda que non
é exactamente unha lectura difícil, si é verdade que hai varias expresións
propias do español de América ou do español peruano, complicadas de entender
para os que somos da península, por exemplo:
-Sucio, pulguiento –agregó el
Melanés-, sí, señor, un pajarraco de la pitri-mitri.
(…)
-Estás picado porque le voy a caer a
Flora –dijo Rubén-.
(…)
-Cualquiera te deja botado.
-Cualquiera –dijo el Melanés-. Hasta
Miguel, que es una madre.
Etc.
Cando lin o relato por primeira vez non me acababa de convencer plenamente,
ata que a miña profesora me fixo cambiar o punto de vista, de tal forma que lle
deu moita maior emoción narrativa á relectura.
Digamos que no relato hai tres partes. Na primeira vese como Miguel, malia
ser moi tímido, bótalle valor e fálalle a Flora e pídelle para saír. Sentinme
bastante recoñecido nesa timidez de cando namoramos por primeira vez e non nos
atrevemos a entrar en contacto coa outra persoa.
Despois Miguel atópase cun grupo de amigos nun bar, un grupo bastante
pechado, exclusivo, incluso con nome propio, “os paxarracos”. No bar compiten a
ver quen bebe máis cervexa o protagonista e Rubén, o típico guaperas, campión e deportista a quen todas as rapazas admiran. Ás
veces tamén vexo en min esa rabia e rancor que lle tiña Miguel a Rubén, por ver
como Flora quedaba con el. E entendo toda esa competición tanto polo orgullo
propio como por librarse do sentimento de ser Rubén superior, pero creo que eu
nunca pelexaría así por unha moza.
E o terceiro e derradeiro lugar da acción, xusto despois de beber
cervexa no bar, e onde deciden competir de novo, é na praia nun traxecto a
nado, de ida e volta, poñendo en perigo as súas vidas. Eu penso que por moi
ebrio que estivese non me tiraría a ese mar embravecido nin por canto hai. A
cuestión é que os dous fan a ida como poden pero a Rubén dálle unha cambra e
corre o risco de afogar. E Miguel –neste punto si que me identifico con el- vai
na súa procura. Miguel dubida un momento –eu dubidaría algo fixo- pero decide
procurar salvalo. Sálvalle a vida ao que fora un rival e agora pasa a ser o seu
amigo e gaña a competición honrosamente, e tamén o respecto dos seus amigos, da
xente, e de Flora.
Igual que Lantes, eu tamén lin esta obra de Vargas Llosa hai uns catro anos. Por aquel entón non me gustou demasiado a forma de escribir do autor e tampouco entendín ben a historia (pero nesto ten que ver a linguaxe utilizada por V. Llosa, o que vexo que lle dificulta a lectura a máis xente e non só a min). Para rematar, hei felicitar a Miguel Lantes pola súa labor.
ResponderEliminarJajaja graziñas martina. Respondo tarde,pero respondín.
ResponderEliminarUn saúdo.