domingo, 24 de novembro de 2013

Un mapa de Galicia de 1909


Mapa de Galicia no IES Eusebio da Guarda. Foto de Mario S. García
Detalle do Mapa de Galicia no IES Eusebio da Guarda. Foto de Mario S. García
Hoxe querémosvos amosar un mapa de Galicia que ennobrece desde hai máis de cen anos as paredes do noso instituto. Unha descrición completa desta pequena xoia podes atopala neste enlace. Así poderedes ver que o mapa do Eusebio non é único, inda sendo valioso. Un irmán xemelgo obra en poder da Fundación Fernando Blanco de Lema. Os mapas son elementos importantes en moitos libros. Imos abrir un capítulo onde trataremos da vinculación entre literatura e mapas. Por certo, que se queredes ver unha foto do autor do trazado do noso mapa, tédela na entrada ‘Fraiz Andón’ da Enciclopedia Gallega.

1 comentario:

  1. E uns dos mellores vídeos que se poden atopar de Galicia na rede que, ainda que ten un fondo reivindicativo, mostra unhas espectaculares imaxes do que se pode atopar en calquera dos lugares deste mapa.

    1- http://www.tempodocumental.com/teaser-gl.html
    2- http://www.youtube.com/watch?v=7EienpYjX6o

    Ambos do Courel e serras próximas. E, por su posto, da nosa cidade e arredores:

    1- http://vimeo.com/81608060
    2- http://www.youtube.com/watch?v=YaBiVXNQtw4


    Un traballo de moitas horas que se ve recompensado con estas fermosas composicións que debemos valorar. Saúdos e encantado de compartir con vosco os meus vídeos favoritos da nosa terra.

    ResponderEliminar