domingo, 25 de maio de 2014

EU LEVO O NOME DUN PERSONAXE LITERARIO

Eu chámome Sara. Sempre pensei que este era un nome realmente bonito, a pesar de que é moi común en todo o mundo…
            Hai pouco, lin un libro no que a protagonista se chamaba Sara. Estou a falar de Caperucita Roja en Manhattan de Carmen Martín Gaite. Este libro conta a historia dunha nena que vive en Brooklyn, un barrio da cidade de Nova York, e soña con poder ir a Manhattan, onde vive a súa avoa, á que admira moitísimo. Así que un día, cando os seus pais teñen que marchar a Chicago, Sara comeza unha aventura cara á Manhattan co fin de poder chegar ata a Estatua da Liberdade.


            Esta novela pareceume realmente interesante xa que Sara, a protagonista, é parecida en min en moitos sentidos.
            Durante todo o relato ela pretende alcanzar a liberdade, o cal é o máis valioso para Sara. Eu considero que a liberdade é ter a oportunidade de valerse un por si mesmo, un ben indispensable, é algo que todos deberiamos poder saborear.
            Aínda que, por outra banda, ao ser unha nena pequena, o personaxe parece un pouco infantil, e este é o aspecto co que menos me sinto identificada, porque creo que esa etapa xa a superei.
            A pesar de todo, este libro defende posicións que me parecen fundamentais, non só trata da liberdade, tamén o valor da sabedoría e o que significa a soidade entre as persoas, así como sentir admiración por alguén. Recomendo este libro a calquera de vosoutros, resulta moi entretido.
                                              
                                                           Sara Franco Prieto (2º de bacharelato).

Ningún comentario:

Publicar un comentario