Creo que non. Empezamos
con unha entrevista a Xosé mentres baixamos polas escaleiras
marmóreas (coma a arca marmórica famosa) do noso insti.
-Home, Xosé! Que
alegría! Que tal o verán?
-Ola profe, este ano
non nos dá…
-Non, pero píllovos
igual para os cazatesouros bibliotecarios. E que?, segues vivindo
felizmente na aldea?
-Alí sigo. Indo e
vindo.
-E os teus animais?
-Este ano teño menos.
Veu o raposo e comeunos.
-A todos?
-Sigo tendo os cans.
-Comeu as galiñas…
-E os gansos!
-Os gansos tamén? Pero
se son grandes…
-Eran.
-E non se defenderon?
-Si profe, seino porque
había plumas…
-Ca!
Aquí deixamos a Xosé,
algo meditabundo e saudadoso pola perda dos seus animais a mans do
raposo. Ou raposa. Menos mal que brillaba o sol na praza de
Pontevedra.
As plumas non indican defensa necesariamente. O raposo é pulcro comendo
ResponderEliminar