mércores, 7 de xuño de 2017

LENDO A



NADA – CARMEN LAFORET
(Carmen Laforet. Todas as fotos están tomadas de Internet. O labor de busca das fotografías foi realizado por Blanca Rodríguez Bueno e Claudia Liñeira Permuy, alumnas de 4º ESO B)






Opinión  persoal

A verdade é que este libro faite poñer na pel de Andrea, nos sentimentos e na angustia que sofre continuamente; é entretido por momentos, ás veces romántico tamén e ao final triste pola morte de Román. Nunca lera unha novela así, nótase no comportamento da familia o sentimento da época que están vivindo (posguerra), gustoume bastante xa que me enganchei á súa lectura polas cousas e situacións que cada día vivía a familia, conmoveume e realmente, como dixen antes, ten algo que fai que a túa empatía se incremente e sintas exactamente o mesmo que os personaxes en cada momento. Moi bo libro, e por suposto, recomendo a súa lectura.

Alba Souto Parga, 4ºB.


 (Barcelona: estación de Francia nos anos 40: a esta estación chega Andrea ao principio da novela)
:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

 (Barcelona nos anos 40. Paseo de Gracia)

Aí atrás, falando con Lisi (colega de lingua castelá e literatura) de certos alumnos que temos en común, enxalzoume o traballo de Alba Souto sobre Nada  de Carmen Laforet. Eu coincidín en grande medida na valoración sobre a marcha e progresos de Alba porque xustamente por aqueles días, comentando certos versos do poema de Celso Emilio, “Deitado fronte ao mar”,  que viña no libro de texto (Non falo pra os soberbios,/ non falo pra os ruís e poderosos,/ non falo pra os finchados, / non falo pra os valeiros,/ non falo pra os estúpidos) pregunteilles que outros versos lles relembraban e ela fora a primeira en erguer a man e citar aqueloutros de Pondal, os que aluden aos imbéciles e escuros que non son capaces de entender a voz dos piñeiros…
A conversa sobre o libro de Laforet deunos pé para falarmos das voces femininas na literatura: Lisi confesaba que ás veces pensa que si é lícito falar de certas voces femininas máis capaces de espellar a complexidade humana da muller (fronte a aqueloutros enfoques, non infrecuentes, masculinos que deseñan a muller coma unha meretriz ou coma unha santa abnegada, de forma un tanto maniquea ou simplista). Claro que tamén recoñecía as grandes excepcións: Tolstoi, Flaubert, Clarín. Dicía Lisi. E inda se podían engadir outros clásicos, como Cervantes, por exemplo, tan perspicaz e tan bo coñecedor da psicoloxía da muller. Porén, este día a miña colega matizaba: sabes?, estou lendo Patria de Aramburu e recoñezo que é brillante á hora de lles dar vida e poñerlles voz aos personaxes femininos…
Si e non. Si que hai homes escritores que escriben ben sobre a forma de ser das mulleres. E viceversa. E non, non é doado determinar fronteiras entre homes e mulleres, autoras e autores. Na conversa mínima sobre o tema (os cinco minutos entre clase e clase só dan tempo para breves pinceladas) interveu un chis Gundín, quen dixo: o que está claro para min é que Carmen Laforet estaba ben asesorada: ela participaba en tertulias literarias de nivel naquela facultade, naqueles tempos…
Conclusión rapidísima: cómpre cultivar sempre a arte tertuliana.
Volvamos aínda un par de minutos, con Alba e con Nada, por favor.



 (Barcelona: a rúa Aribau a principios do século XX. Aí vivía a familia de Andrea)

OS TEMAS DA OBRA

Pídolle a Alba que ordene de 1 (máxima importancia) a 5 os temas posibles na novela, e que engada ela outros, se cre que os hai e que teñen un peso específico na obra e o resultado é este:
1º. A evolución dunha persoa adolescente.
2º. A miseria da sociedade española da posguerra.
3º. As desigualdades sociais.
4º. As diferenzas xeracionais.
5º. A liberdade en xeral e/ou a falta da liberdade da muller en particular.

Engade a nosa alumna que o tema principal, o nº 1, está fortemente influenciado polo segundo.
Na nosa opinión, as diferenzas xeracionais non pesan tanto como a falta de liberdade da muller, inda que na novela de Laforet, se ben se pensa, un factor está moi relacionado co outro. É a tía Angustias, representante da outra xeración, quen enuncia claramente desde o principio os límites: “unha muller para ser boa, ou casa ou métese monxa”. Angustia é controladora, quere saber a onde vai e de onde vén cando Andrea sae da atmosfera familiar.
A liberdade é fundamental, para Andrea tamén: quizais se non fose muller, non sentiría tan fondamente a súa falta e non tería ela mesma a necesidade de buscala,  creala ou reinventala a través da literatura: Llorar en soledad era lo único que a mí, en mi adolescencia, me estaba permitido. Todo lo demás lo hacía y lo sentía rodeada de ojos vigilantes (p. 216 da ed. abaixo citada).
Podían enunciarse outros subtemas, como o amor e a amizade. A relación das dúas amigas, Andrea é Ena, é un paradigma literario de amizade feminina. Tamén vemos en esbozo outros amores: o da nai de Ena por Román (obsesión de adolescente: modelo do mal amor, ou como dicía Rosalía, amores cativos, en Follas Novas);  como hai un prototipo de amores tranquilos (o que sente Jaime por Ena); e temos  o amor medio prohibido da curmá polo curmán (apenas un bosquexo na distancia, na festa rica en asociacións literarias -aquí é a muller a da clase inferior e o home é o burgués clasista: no libro de Marsé, Últimas tardes con Teresa, é ao contrario).
E hai, por suposto, outro subtema aínda, subtema que en certas páxinas medra e agarra con forza impetuosa e espiritual o corazón do lector: o amor pola cidade en que un vive, neste caso Barcelona. A Barcelona de outrora, a que non volve, a que deixa un pouso de señardade (sentímolo todos con clareza cada vez que paseamos e volvemos aos lugares da infancia: sexa na Coruña, sexa na vella Barcino). Subimos ao Tibidabo con Andrea e nada que ver coa cidade do 2017: Los pinos corrían en una manada espesa y fragante montaña abajo, extendiéndose en grandes bosques hasta que la ciudad empezaba. Lo verde la envolvía, abrazándola. (páx. 151 na moi coidada edición de Círculo de Lectores, edición acompañada dun caderniño soberbio, rico en datos, de Ana Cabello). Outra lembranza da vella Coruña perdida, a dos merendeiros: Comíamos [...] en merenderos, entre pinos, al aire libre (p. 131). É curioso, como a mente asocia e une lembranzas. Cando Andrea recorda el tintineo del tranvía e aquel grito lejano: -Drapaireee! (a chamada polo trapeiro), nós recordamos o trole, o número 4 de Monelos a san Amaro,  o número 12 dos Castros á Cidade Escolar, e recordamos aqueloutro berro coruñés, de barriada: -Sardiña viviiiña!
Ah! A torre gótica da súa catedral: grazas a ela na noite pode elevarse o espírito de Andrea nunha simbiose símbolo pétreo-alma humana. E esa luz, esa barroca, inconfundible luz de Barcelona (p. 219).
Debémoslle agradecer á nosa colega María Luisa Prado (Lisi) e mais á nosa alumna de cuarto da ESO, Alba Souto,  a relectura feliz, a redescuberta de Nada. Descanse en paz Carmen Laforet. Séxalle leve a terra, si.

 (Portada da primeira edición da novela de Laforet)



xoves, 1 de xuño de 2017

VISITANDO



VISITANDO

 (Paula, Charo e Carolina. Xardín botánico de Padrón)


Visitamos recantos incógnitos das terras de Santiago cos alumnos de cuarto da ESO. Señorío de Santigo, unha das provincias, e non pequena,  do Vello Reino. Imos da man de Antonio Fondo, o voso profesor de Relixión, licenciado en Historia. Gran persoa, grande cultura, inabarcable amor á Terra. Sempre aprendemos algo con el. Dámoslle por enésima vez as grazas: agradecemos ver, amar a telúrica e viva forma (a paisaxe que nos fai evocar do lido, páxinas pedrayanas, guillenianas, novoneiranas), coñecer novos datos. Paramos primeiro no xardín botánico de Padrón (foto na sequoia baixo a cal verosimilmente sentara  Rosalía, sempre inspirada: pregúntolles de onde nos chegan esas árbores, rememoro outra viaxe, á Serra Nevada californiana e fago a inevitable conexión coa Ave Fénix).


(Representación do bautismo da raíña Lupa. Interior da igrexa de Padrón)


 (Xa no pazo do Faramello, tras plantar a árbore do amor)



En Padrón vemos a Fonte do Carme ou da Trabanca, da que xa falamos noutra ocasión, aquela na que aparece representado o bautismo da Raíña Lupa: o propio Santiago é o que a bautiza. A representación pétrea na fonte o que está facendo é recoller tradicións moi antigas, incluso anteriores ao medieval Códice Calixtino; en calquera caso nese libro xa se fala da conversión á nova fe de Lupa, convencida ela mesma polos prodixios –touros ou uros do Monte Sacro ou Monte Illicino que son amansados ou que se axeonllan, que se deixan xuncir, que logo se paran misteriosamente alí onde o novo sepulcro santiaguino será ergueito e deita de contado auga en manancial marabilloso etc.- e así rexenérase e fica instruída por inspiración divina. Da mesma maneira quere Carlomagno, na Chanson de Roland, que mude Bramimunda. Deixou escrito Turoldo: A raíña de España [...] convértese cristiá por verdadeira fe (todo isto publicámolo nun artigo, “Da Raíña Lupa e da tradición xacobea”, no ano 2003). Recordaba este xoves sacro, como o Pico que visitamos, Antonio Fondo que o outro nome de Lupa era Atia. Antonio recibe este dato porque o citaba un experto en libros de temas xacobeos, Juan José Cebrián Franco. Hai un artigo (LA REINA LUPA DE IRÍA©2008© Don Aurelio José Miguel Isamat Anaque de Catalania/Don José Julio de Herrera Anaque de Gautia) dispoñible na rede (http://www.sangrial.com/pdf_files/reinalupadeiria.pdf) onde se vincula o nome de Atia co que aparece na lápida sepulcral conservada no Museo do Mosteiro de San Paio de Antealtares, Atia Moeta. Esa lápida formaba parte do panteón, panteón que se supón que pertencería inicialmente a unha dona principal así chamada, onde foi sepultado Santiago Apóstolo. A identificación Atia=Lupa entra no campo das hipóteses de difícil comprobación, inda que en principio parece responder a un desexo de facer entroncar a mítica raíña nosa coa nobreza romana de maior avoengo, nun típico proceso de aculturación. En calquera caso, nós estivemos mirando na epigrafía hispana (Hispania Epigraphica) e observamos que o nome Attia non é infrecuente en epitafios e inscricións varias: Attia Galla, Domitia · Attia · / Caesarobrig(ensis)Attia L(uci) lib(erta), Attia Luciani / Olaur(ensis) (de Lora de Estepa, Sevilla), Attia Fabia,  Attia Clarina (este atopado xa máis cara o NO, en León), Attia Paterna, achada en Cáceres; tamén en Cáceres: Attiae · A(uli) · fil(iae) · Avitae · A(ttia) Galatia / mater. E pode que Atua sexa variante da nosa Atia (documentamos unha Atua Boutia, cluniacense, cun segundo nome claramente celta). Tamén se documenta o nome de varón, Attio. O nome parecer parece de raigame latina (a Atia quizais máis famosa na historia é a pertencente á familia Xulia, a sobriña de Xulio César), pero habería que averigualo con máis calma. 


 (No pazo do Faramello: escoitando as explicacións de G. Rivero)

 (A prof. Carmen Aquino diante da copia da imaxe de Bernini. Interior da capela do pazo. A obra orixinal gárdase noutro lugar)


(Pazo do Faramello: a chamada "rocha nai")

Deixamos Padrón para dirixirnos ao pazo do Faramello, onde estivo afincada unha importante fábrica de papel. Estamos a uns doce quilómetros da capital de Galicia. Espéranos e guíanos o copropietario, Gonzalo Rivero de Aguilar, unha persoa chea de vitalidade, namorada do pazo, da súa historia e que sabe envolver en páxinas mítico-literarias o espazo, as cousas e as plantas que o rodean. Non me estendo moito sobre as pequenas (e grandes) xoias e tesouros e historias marabillosas do pazo porque atopades en Internet información abonda (en: http://www.pazofaramello.com/visitas-c21f5, e tamén en: https://foros.xenealoxia.org/viewtopic.php?t=8945).


(Pías, para botar os farrapos, da vella fábrica de papel. Chamábanlle "pudridoiros", e había 21) 




Preguntáballe ao final da visita se recibe subvencións públicas para manter todo aquilo e contestoume cun chisco de san orgullo que non, que vive das visitas que recibe. Un home nobre e directo, así o xulguei. Teño idea de volver cos meus en visita xa non de grupo escolar. Pero os rapaces ficaron encantados, desfrutaron moito, atenderon regularmente ben e creo que aprenderon un montón. Plantamos unha árbore de Xudas ou do amor (parecen nomes contraditorios). Recordamos en voz alta, primeiro o libro de Marina Mayoral, Unha árbore, un adeus, no que a protagonista planta un magnolio axudada polo seu antigo namorado, Luis, se non me falla a memoria. Logo recordamos os defuntiños, especialmente aqueles que faleceran no accidente de Angrois. A árbore que plantamos formará parte dun xardín-memorial.  Xunta a ese xardín había un estanque (a presa da antiga fábrica de papel) e preside impoñente o espazo, un grande penedo. Díxonos Gonzalo que os aldeáns circundantes chamábanlle de sempre a rocha nai e que servira antigamente para facer ritos de paso á puberdade (se ben en Internet se fala de propiedades de fertilidade “para os peregrinos”, en http://www.sondocamino.com/placeres/pazo-de-faramello). A ver nun futuro próximo se é posible falar con algunha paisana xa maior que nos arrequente e ilustre sobre este punto. A Gonzalo, claramente, gústalle moito enraizar todo o que pode na cultura celta: facía especial fincapé nos freixos (aínda que non esqueceu falarnos das 16 árbores senlleiras do pazo, e insistiu as veces que fixo falta na necesidade de repoboar a aba do castro desfeita no 84 polo Hortensia con especies autóctonas). Sabe ben que no mundo tradicional celta o freixo representa o tránsito entre o pasado, presente e futuro: cando vai morrer xa lle está nacendo outro dentro, é unha elegantísima árbore que pode vivir uns 300 anos. Rica familia con esta raíz na nosa lingua: Freixal, Freixeira, Freixeiro, Freixido, Freixomil... Evidentemente, o amor por esta simbólica árbore non é privativa dos celtas: os xermanos tamén o souberon valorar: aí está a épica nórdico-europea, co Edda e o Yggdrasil, a árbore da vida, freixo do Universo.

 (Plantando a árbore no xardín memorial dos defuntiños do accidente ferroviario de Angrois)

Prometinlle ao señor Rivero ao despedirnos que lle faría chegar un relato celta sobre a importancia  da vara de abeleira, para que enriqueza as súas referencias simbólicas tocantes ás árbores. Pensaba eu nun relato preciosísimo das tres doncelas transparentes localizado en Pontedeume e recollido por Jean Markale (Contos e lendas dos países celtas). Pero falloume a memoria: o meigo-druída non axita unha vara de abeleira nesa mítica historia, senón unha póla de maceira. Logo repasei os recitativos atribuídos a Merlín que inda se conservaban na Bretaña do XIX e tampouco achei a abeleira, senón o acivro: -Ou, bardo Merlín, de onde vés coa túa roupa feita cachizas? Onde vas así, coa cabeza descuberta e descalzo? Onde vas así, meu vello Merlín, co teu caxato de acivro? (Hersart de la Villemarqué, Chants populaires de la Bretagne, a tradución ao galego é nosa). Un acivro senlleiro forma parte do patrimonio do pazo (16 árbores senlleiras!), o acivro máis antigo de Galicia está no Pazo do Faramello. 

 (Charo e Marta: boa proba de que a raza mellora. Estamos no Pico Sacro)

 (Antonio na entrada da cova do Pico Sacro: foco probable das lendas sobre o estraño señor do Pico, aquel que daba beberaxes ás mozas... )

 (Antonio e Charo: confiamos en vivirmos aínda moitas viaxes con tan espléndido guía)



 (Fervenza do río Zaramo. Estamos preto do Pico Sacro)

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

NOTAS FRASEOLÓXICAS SOBRE ‘FARAMELLO’.



Pregunteille a Gonzalo se lera ou oíra algo sobre a orixe da palabra Faramello e díxome que en galego signficaba muíño, e que había un topónimo, Framelle, onde tamén había muíños. Discrepo, aínda recoñecendo que, como hipotizo máis abaixo, certa conexión hai entre o proceso que fai un muíño e o fragmento resultado da moenda/fragmentación. Os topónimos do tipo Framelle (Monfero, A Coruña), Framille  (Lugo), veñen de nomes de posesores góticos, a forma en –elle/-ille indícanos xenitivo de posesor (trata estes nomes Nicandro Ares, en Estudos de toponimia galega, t. I, p. 518).

Sobre o significado da voz Faramello podemos dicir o seguinte: primeiro, a presenza do artigo (Pazo do Faramello) fainos pensar nun substantivo común, non propio.

 En segundo lugar, está o problema da familia á que pertence: se dicimos que pertence á de faramallas, faramallosa, faramallada non parece haber problema: á parte da fonética semellante, hai un sema en común, o sema [+ ENREDO]. No galego actual ese é o valor que subsiste para faramello como voz común ‘que enreda, fedello’. Tamén o verbo faramellar significa ‘revolver, enredar’.

Agora ben, ‘fedello’ parécenos acepción secundaria: a primaria podería estar próxima a ‘enredo’, pero aínda non sería esa a primaria para faramello. Cremos posible supoñer outra acepción máis material e concreta e quizais, só quizais, esa é a que se encontra agochada na frase botan a rebatiña coma quen cisca unha peneirada de faramello (de Johán Vilanova, TILG, 1934). Aí faramello dá a impresión de ser aquilo que resulta da moenda: algo que se esfaragulla ou se  esfarmaga.  Máis aínda, supoñemos que faramello pertence á familia de farelo.

Antes da fabricación de papel nese lugar (hoxe chamado do Faramello), alí facíanse farrapos de liño para mandar fóra á transformación industrial correspondente: os panos de liño esfarelábanse, coma quen di, facíanse con el anacos, farrapos, un auténtico “esmendrello”, un faramello.

Movémonos arredor da raíz FAR-/FARR-. De igual maneira que o latín farrago significaba ‘mestura de varios grans’ e mais ‘compilación de pouco valor’ (Corominas, s.v. FARRO), así tamén vemos eses dous semas en faramallas. Cando Risco (TILG) fala de faramallosa retórica (cast. farragosa) xa temos unha acepción secundaria.

O efe inicial pode trocar por outra fricativa en voces da mesma familia: así, se faramello é un revoltoso ou enredador, zaramalla é un enredo. Se faramallar é enredar, iso mesmo é o que significa zaramallar (TILG: s.v. FARAMALLAR), mera variante fónica.

Logo, insistimos, cómpre partir da raíz FAR-/FARR-  e moverse con cambios de sufixos e interfixos. Porque entre, imos poñer de exemplo, farelo e faramel(l)o o que se integra, verosimilmente, é o interfixo –am- (integrable na serie frecuente de interfixos como –ar- de carapucha, nevarada, caparazón, fumareda...), un interfixo que explica voces como cárcamo (sobre carca), cábramo ‘corda’  (sobre cabo?, cable?), cártamo (un tipo de cardo), calzamo/calsamo ‘tipo de planta’ (sobre calce), védramo ‘espesura das fragas’ (sobre verde?) etc. Vén sendo un acrecentativo do corpo fónico de determinadas palabras, do tipo de –ar- xa citado ou do tipo de –ag(o)- (sámago sobre samo, córgamo sobre corgo, cast. relámpago en relación co noso lampo/relampo). Desta maneira explicaríase o paralelismo entre farelo e faramello, cun interfixo acrecentativo –am-. A semántica axuda porque mantense o sema común de ‘fragmento’, como en faragulla. Como se pasa da idea de ‘fragmento’ a ‘enredo’ é doado: as partículas únense, mestúranse  e o que está mesturado frecuentemente está revolto, enredado.

Xa á derradeira, permitídeme que vos  faga saber que o papel fabricado no Faramello pasou á fraseoloxía: no TILG documentamos a frase (Ter) papeis do faramello co significado irónico de ‘(ter) pedigree’: xa vou por riba do tellado do Casino , casa onde non ademiten monteiras , pois solo queren os que teñan limpos e bos papés do faramello (O Tío Marcos da Portela, 1876); si teñen papés do faramello , bon proveito lles faga (1877); nado como o máis probe , sin representación na sociedade , sin papés do faramello (1883). E incluso pode estar elidido o subs. papel, cobrando a frase preposicional do faramello o valor léxico correspondente: sempre en  Ourense 1 , sempre tivemos , aristocracia do faramello , xentes de tono , homes soberbios que andar cos probes teñen a menos (1884): xa vedes que neste texto  está clara a sinonimia, refírese ironicamente á xente con pedigree.

mércores, 24 de maio de 2017

ENTREVISTAS



ENTREVISTAS A MULLERES QUE AMAN OS LIBROS


ENTREVISTA A EMILIA CORTÉS IBÁÑEZ

 (Fotografía de Emilia Cortés I., a quen lle agradecemos moito a súa xentileza para connosco)

Irene Barros (Catedrática xubilada do IES ‘Eusebio da Guarda’): - Por favor, preséntate aos nosos alumnos.

-Soy profesora de Instituto, vocacional, he disfrutado y disfruto mucho en clase con mis alumnos. Actualmente soy profesora-tutora de la UNED, enseño Lengua y Literatura Españolas. Desperté al mundo de la investigación cuando hice la tesis de doctorado y me quedé enganchada, tanto que ya no he dejado de trabajar en esta línea. Y soy muy feliz.


            - Foi complicado chegar á condición na que estás? Influíu a túa condición feminina, positiva ou negativamente, para alcanzar esta posición?

-La investigación te exige tiempo, dedicación y los enseñantes no andamos muy sobrados del primero pero siempre he encontrado un hueco, muchas veces a costa de ratos de ocio o de sacrificar otras aficiones. Pero si el trabajo de investigación te ha atrapado, ni notas esas cosas que te pierdes; solo disfrutas con lo que estás haciendo y con los resultados que estás obteniendo.

El mundo de la investigación es un mundo solitario, que uno mismo se organiza, se programa y al que hay que acotar para poder conseguir los objetivos y no perderse en el camino. En cierto modo lo comparo con la natación, en ambos, la resistencia es imprescindible para conseguir el objetivo. No olvidemos que el que resiste es el que vence. Y, cuando se vence, se es feliz.

No es complicado llegar a las metas que uno se propone, es esforzado. Creo que el ser mujer no me ha traído dificultades añadidas en este trabajo, no así en otros campos en los que he tenido que sufrir situaciones difíciles por el hecho de ser mujer. No más que otras muchas mujeres.



(As fotos de Zenobia e Juan Ramón fóronnos facilitadas pola profesora Emilia Cortés e pertencen ao arquivo:
Sala Zenobia-Juan Ramón Jiménez. Universidad de Puerto Rico, Recinto Río Piedras)



            - Cando e como comenzou a túa relación con Galicia?

            -Mi relación con Galicia empezó fuera de Galicia, en Denia, en 1992, en un curso de verano sobre el teatro de Gala. En ese curso conocí a Manuel Cousillas y su amistad y la de Irene Barros me trajeron a Galicia unos años después. Su amistad y el trabajo me han unido a Galicia. Aquí creamos la Sociedad Española de Estudios Literarios de Cultura Popular (SELICUP) y la revista correspondiente, Garoza, y en esto hemos estado trabajando desde el año 2000.




(Sala Zenobia-Juan Ramón Jiménez. Universidad de Puerto Rico, Recinto Río Piedras)



            - De todos os campos que cultivaches como escritora, cine, teatro, ensaio etc., cal é o teu favorito?

            -Es cierto que he trabajado en una gran variedad de campos y, no importa en el que esté, siempre me siento atrapada, el tema me enamora; cuando trabajas así, los resultados son mucho más productivos. Me gustó mucho trabajar sobre el teatro, fue mi tesis de doctorado; me gustó hacerlo sobre el cine, además de por el tema en sí, porque supuso revivir etapas y momentos pasados; trabajar en novela me encanta…; pero bucear, meterme en la vida de personas interesantes es mi auténtica pasión. El trabajo de archivo, solitario, enriquecedor, me gusta muchísimo, me relaja.

            He notado que con el paso del tiempo mis gustos en literatura han ido cambiando, ahora me interesan muchísimo las vidas de las personas, ver cómo resuelven momentos o situaciones difíciles; me interesa la vida, ver las soluciones que se le dan. Me gusta la realidad, la vida, no la ficción; ya no hay tiempo para ficciones.

 (Zenobia cando era unha nena.

Sala Zenobia-Juan Ramón Jiménez. Universidad de Puerto Rico, Recinto Río Piedras)



            -. Nestes momentos, en que tema te sentes como "peixe na auga"?

            -El tema que me mantiene prendida desde hace algunos años es la figura de Zenobia Camprubí. Hace ya un tiempo, me empeñé en conseguir que, cuando nombrase a Zenobia, no tuviese que añadir “la mujer de Juan Ramón Jiménez”. Y me empeñé por una razón muy sencilla: ella era ya Zenobia antes de que el poeta apareciese en su vida. Desde entonces sigo una cruzada que es la de dar a conocer a Zenobia no solo a los investigadores, también al gran público. En ello estoy embarcada.

            Para conseguirlo me he ocupado en editar todos aquellos escritos que ha dejado Zenobia: cartas, diarios, notas, artículos, escritos varios… Es un trabajo apasionante. Me encanta ver a la niña Zenobia, su primera carta -garabatos, más bien-, e ir avanzando por la adolescente, por la joven que tiene pretendientes y descubrir a esa muchacha -ya hecha- que un día de julio de 1913 conoce al poeta moguereño al asistir a una conferencia en la Residencia de Estudiantes, calle Fortuny de Madrid. Para él fue un flechazo, a ella le costó un poquito.




            - Dálle aos nosos alumnos dúas boas razóns para que queiran coñecer a fondo a Zenobia Camprubí.

            -Hay dos razones importantísimas.

            Una. Es una mujer con una rara personalidad, una personalidad muy interesante; ella como unidad, independientemente de ser la mujer de Juan Ramón. Zenobia es un claro exponente de la mujer de la Edad de Plata, una mujer moderna, activa, adelantada a su tiempo, polifacética. Con 14 años publicó su primer artículo en una revista neoyorquina, después vendrían las traducciones de  Tagore -veintidós obras-; mujer de negocios, es dueña de Arte Popular Español -tienda de antigüedades en Madrid-, decoradora y exportadora de arte y antigüedades a EE.UU.; cofundadora y secretaria del famoso Lyceum Club femenino. Fue una mujer que vivió con gran fuerza su compromiso social y trabajó en el Comité Femenino de Higiene Popular, además de en diferentes Roperos; cofundadora de la Enfermera a Domicilio; amante del mundo infantil, desde jovencita colaboró en guarderías norteamericanas.

            Otra. Por la importancia capital que Zenobia tuvo en la vida y en la obra de Juan Ramón Jiménez. Supo lograr el clima y el ambiente propicio para que el poeta crease su obra; siempre lo cuidó, tanto en las etapas de calma como en las de crisis, que fueron abundantes; diariamente trabajó en la obra de Juan Ramón, seleccionando, ordenando, transcribiendo…, sin olvidar la relación con las editoriales.

            Zenobia es el eje en la vida y en la obra de Juan Ramón. La gran obra de Zenobia es Juan Ramón. Cuando le concedieron el Premio  Nobel al poeta la obra de Zenobia cristalizó.



            - Que estás lendo agora e que autores tes na mesa de luz?

            -Leo ensayo pero la mayor parte de mis lecturas giran en torno a personajes o hechos relacionados con la Edad de Plata. Una etapa de nuestra historia, tan importante, tan interesante, tan próxima temporalmente y tan desconocida. Estas lecturas me ayudan a que, poco a poco, vaya encajando las piezas que tengo de la vida de Zenobia, que es mi actual reto.




            - Todos sabemos da importancia da literatura epistolar, en Galicia e fóra dela. Exemplos de sobra coñecidos son as publicacións de Barreiro e Axeitos sobre as cartas entre Rosalía e Murguía. Extraordinarias son as cartas entre Emilia Pardo Bazán e Benito Galdós etc. Cres que as novas tecnoloxías condenarán a morte a literatura epistolar? Dános a túa opinión persoal sobre este tema, por favor.

            -Creo que ya está condenada. ¿Quién escribe hoy una carta? Nadie. Todo el mundo va deprisa, detenerse a escribir unas líneas es demasiado esfuerzo. Los WhatsApp son mínimos; es impensable que uno de nuestros jóvenes escriba un WhatsApp de más de tres líneas. Te bombardean con el sonido al recibir diez mínimos, sucintos mensajes; tienen prisa al escribir, tienen prisa al decir.

            Las cartas son un documento fantástico que nos muestran comportamientos, actitudes, costumbres, intrahistoria… Todo ello nos ayuda a poner en pie etapas, vidas y todo aquello que fue y que nos ha traído a lo que hoy somos. Nos enseñan algo sencillo y complicado a la vez: nos muestran la vida.

            ¿Qué sabrán de nuestra vida en el futuro?








1.- Bibliografía de Zenobia 
--- Zenobia Camprubí, Diario 1. Cuba (1937-1939), Graciela Palau de Nemes (ed.). Madrid: Alianza Editorial, 1991.
--- Zenobia Camprubí, Diario 2. Estados Unidos (1939-1950), Graciela Palau de Nemes (ed.). Madrid: Alianza Editorial, 1995.
--- Zenobia Camprubí, Diario 3. Puerto Rico (1951-1956), Graciela Palau de Nemes (ed.). Madrid: Alianza Editorial, 1991
--- Zenobia Camprubí, Epistolario 1. Cartas a Juan Guerrero Ruiz (1917-1956), Graciela Palau de Nemes y Emilia Cortés Ibáñez (eds.), Nota a la edición de Emilia Cortés Ibáñez. Madrid: Residencia de Estudiantes, 2006.
--- Zenobia Camprubí – Graciela Palau de Nemes, Epistolario 1948-1956, Emilia Cortés Ibáñez (ed.), Madrid: Residencia de Estudiantes, 2009.  
--- Zenobia Camprubí  y Juan Ramón Jiménez, Diario de dos reciencasados, Emilia Cortés Ibáñez (ed.), Huelva: Publicaciones de la Universidad de Huelva – Fundación Zenobia-Juan Ramón Jiménez, 2012.
--- Zenobia Camprubí, Diarios de juventud. Escritos. Traducciones,  Emilia Cortés Ibáñez (ed.), Introducción,  Nota a la edición, Transcripción y Traducción de Emilia Cortés Ibáñez. Sevilla: Fundación Lara, 2015.
--- Zenobia Camprubí, Epistolario 2 (1895-1936), Emilia Cortés Ibáñez (ed.), Introducción,  Nota a la edición, Transcripción y Traducción de Emilia Cortés Ibáñez. Madrid: Residencia de Estudiantes [en prensa].
--- Zenobia Camprubí – Olga Bauer, Epistolario 1932-1956, Emilia Cortés Ibáñez (ed.), Introducción, Selección, Edición y Transcripción de Emilia Cortés Ibáñez. Huelva: Publicaciones de la Universidad de Huelva [en prensa].
--- Federico de Onís – Zenobia Camprubí – Juan Guerrero, Epistolario (1921-1949). La Casa de las Españas. Revista Hispánica Moderna, Emilia Cortés Ibáñez (ed.), Introducción, Selección, Edición y Transcripción  de Emilia Cortés Ibáñez. Huelva: Fundación Zenobia-Juan Ramón Jiménez [en prensa].

2.- Bibliografía mínima sobre Zenobia
--- Mujer y escritura autobiográfica: Zenobia Camprubí, Emilia Cortés Ibáñez (ed.), Huelva: Diputación Provincial de Huelva, Los libros del trienio, SECC, UNIA, 2008.
--- Zenobia Camprubí y la Edad de Plata de la Cultura Española, Emilia Cortés Ibáñez (coord.), Sevilla: Universidad Internacional de Andalucía (UNIA)-Fundación Caja Rural del Sur, 2010.
--- Campoamor González, Antonio. Juan Ramón Jiménez y Zenobia Camprubí. Años españoles (1881-1936). Sevilla: UNIA, 2014.