Medomedá: Quero ver como te ris.
xoves, 21 de maio de 2015
Os nosos poetas: Versos para libros
Raquel e Derdrín
Raquel e Derdrín,
Teñen unha amizade sen fin.
Cando Derdrín volveu á fraga ,
Raquel chorou no colexio e na casa.
As conversas ata as tantas,
Non serviron de nada,
Pois coas preguntas que tiña Raquel
Podíanse encher miles de papeis.
Nas tendas, nos parques e no colexio,
Derdrín ía sempre no peto.
E aínda que viu pouco,
Disfrutou moito e moito
Gonzalo Alcalá-Zamora
A amizade
A amizade,
a alegría que nunca morre,
a diversión que por sempre perdura.
A amizade,
o ben que te socorre,
cando o mal aturas.
Tena sempre ao teu lado,
para axudarche cos problemas e afrontalos,
ou para que ti a axudes decontado.
Marcos Freire Patiño
A filla do ladrón de bicicletas
A filla deste ladrón
anda moi ben na bicicleta
pode incluso poñerse de pé
na silla suxeitando unha maleta.
Vive coa súa tía Perfecta,
que non lle deixa montar nela
pois asegura que montar en bici
é de louca e de lela.
O seu soño é ser acróbata
xunto co seu amigo Milo.
Conseguírano algunha vez.
Chegarán ata o río Nilo?
Pedro Fernández Cedeira
A filla do ladrón de bicicletas
Nunha noite do verán Pero
sen dúbida ningunha
O seu pai foina deixar Quen
máis a fastidiou
Na casa da súa tía Foi
a súa tía Perfeta
E a súa vida ía cambiar. Quen de ladroa a
acusou
O soño de Serafina Roboulle
a bicicleta
Era ser equilibrista Fíxolle
a vida complicada
Poder traballar nun circo Pero grazas aos seus
amigos
E converterse en artista. Serafina saíu reforzada
Nesta estupenda aventura E aquela nena entusiasta
Serafina ía contar Moi
alegre e pispireta
Co apoio duns amigos Veu cumprido o seu soño:
Que sempre a quixeron axudar. VOAR
NUNHA BICICLETA
Pero
no seu camiño atopou
A
quen lle facía a zancadilla
Este
era O Martiño
E
toda a súa pandilla.
Almudena Alonso-Jáudenes
O MISTERIO
DAS BADALADAS
É de
noite en Eiranova,
o reloxo
vai tocar.
E toda a
xente da vila
unha gran
sorpresa levará.
Á noite
seguinte
o mesmo
misterio se repetirá.
Pois son
trece as badaladas
que ás
doce vanse escoitar.
Un grupo
de cinco rapaces,
amigos
inseparables
recibirán
cinco mensaxes
que os
levarán ó culpable.
Quén
podería ser,
aquela
persoa que dera
unha
badalada derradeira
naquel
escuro anoitecer ?
Iago
Jopia Astray
luns, 18 de maio de 2015
PRIMEIROS PASOS
PRIMEIROS PASOS
(III)
Este venres pasado, 15 de maio, celebrouse na nosa
Biblioteca a entrega de premios do segundo Concurso de Microrrelatos que
organizamos para alumnos da ESO do centro. Houbo dous gañadores, un en lingua
galega e outro en lingua castelá. Velaquí os tendes:
I.
A fronteira
A miña vida en
África estaba chea de desagradables situacións, entre elas a escaseza de auga,
que fai que no meu país miles de persoas teñan que arriscar a súa vida na súa
procura. Xa farto dunha vida chea de desgraza e crise decidín viaxar a Marrocos
coa esperanza de emigrar a Ceuta e comezar unha nova vida.
A viaxe foi
longa e pesarosa e, cando ao fin chegamos ataa a famosa barreira que nos separa
de España, non din creto ao que vin. Uns sólidos valos de seis metros de
altitude alzábanse contra min, rematados en intrincados arames con púas
ameazadoras que se rizaban contra o meu grupo e mais eu. Apartei rapidamente
aqueles pensamentos da miña cabeza, e despois comecei o meu ascenso. Ao
alcanzar a parte superior tívenme que enfrontar aos endemoñados fíos de metal,
os cales dificultábanme terriblemente o paso cravándose con forza nos meus
brazos e no corpo, pero era xa tarde pra dar volta atrás e seguín avanzando.
Ao chegar ao
outro lado, a ledicia e a felicidade que nos inundaban cegounos non puidendo
ver aos vixiantes de turno, que nos estiveron observando durante todo o ascenso
e reduciron ao meu grupo con facilidade. Estaba feble polas miñas feridas, así
que decidín fuxir mentres duraba a confusión conseguindo escapar dese inferno.
Como recompensa polos meus esforzos, a miña vida mellorou, pero nunca poderei
esquecer o visto na fronteira de Ceuta.
(Marcos Freire, 1º ESO)
II.
Las lágrimas resbalaban...
Las lágrimas resbalaban lentamente por lo que había sido
hermoso rostro, lloraba de furia, le golpeó, fue un golpe seco, pero bastó para
hacerle caer al frío suelo. Fueron muchos años de sufrimiento. Basta, gritó.
Llueve. Susurró. Rápidamente cogió sus pertenencias,
desastrosamente esparcidas por el suelo y se marchó...
Dejando tras de si, un gran rastro de frialdad. Entró en su
coche, golpeó el volante violentamente enfurecida.
En el callejón ya sonaba fuertemente las sirenas de la
policía. Sonrió, y emprendió la marcha. Ya era libre.
(Germán
Tojeiro, 4º ESO).
Estaredes de acordo comigo en que o
tema é decisivo á hora de valorar o xurado o texto (Bühler non integrou o tema
como elemento básico do paradigma da comunicación nos anos 30 do século pasado,
integrou o emisor, o receptor e mais a mensaxe, mais mensaxe e tema non son –en
principio- sinónimos; algúns de vós,
cando fostes alumnos meus en primeiro, recordaredes que xogabamos a comparar a
relación tema-texto coa relación punto inicial orixe do big bang-universo: por expansión dun tema, producimos un texto:
dado un texto, por síntese, procuramos o tema).
O tema dos movementos
migratorios en situación de angustiosa precariedade no planeta é un tema tan
actual que non podemos pasar por el de esguello: hai que focalizar: abrir os
ollos e como mínimo, como punto inicial, sentir empatía ou solidariedade,
poñernos na pel deses seres humanos. Este día na televisión enfocaban os
periodistas o barco ao pairo no sueste asiático, con xente escura vinda de Myanman
ou de Bangladesh, alzando brazos ao ceo para ver se pillaban botellas de auga
que outros máis afortunados lles lanzaban... Recordades, meus queridos, cando
foi a última vez que alzastes os brazos ao ceo? Quizais vendo un partido, pola
alegría; quizais nun baile... Nunha danza ritual, como na película que botaron
este sábado, O home de vimbio (The Wicker Man de Robin Hardy, de 1973),
onde homes e mulleres brincan coma nunha cerimoniosa muiñeira en honra duns
deuses arcaicos..., en Rei David
tamén Richard Gere danza ritualmente camiño do templo en honra de Yahvé; sen dúbida gústalle que bailemos e dancemos a
Deus. Tanto ou máis lle gusta que non pechemos mente nin corazón ao sufrimento
dos conxéneres. Mentres os nosos rapaces amosen sensibilidade a flor de pel,
aínda non morre a esperanza.
(Mª Rosario Soto Arias).
(Mª Rosario Soto Arias).
(Fotograma da película 'Rei David')
(Foto tomada na coruñesa praza Emilio Romay, é a chamada Fonte da Tolerancia)
xoves, 14 de maio de 2015
As nosas músicas: Magín Blanco
Magín Blanco. "Abecedario"
Magín Blanco. "Gatuxo"
Magín Blanco. "Meu amor estoupa"
(sección coordinada por Xosé P. Mondelo)
Intemperie
UNHA
NOVELA INSÓLITA
Intemperie
Jesús
Carrasco
Ed.
Seix Barral. 2013
Cando un le un libro do que gustou sempre
procura compartir esta grata experiencia lectora. Por calquera medio, como esta
revista, un busca anunciar esa boa nova, o abraio que produciron en nós as
palabras lidas, como se deitasemos unha pedra preciosa nun estanque e as ondas
de emoción lectora se fosen ensanchando ata bañárnos a todos nunha comuñón
íntima. Para que sigan a vivir as palabras, para que se multiplique o seu eco e
para que se amplíen todas as nosas múltiples almas. Unha ampliación do espírito
que só nos pode producir a lectura, unha viaxe ou unha conversa amical tralos
vidros dun café outonal, arredor dun libro, que como un amigo calado, presente
no diálogo, nos vai abrindo aos outros e iluminándonos coa súa presenza cálida
e o seu silenzo sonoro.
Este desexo apareceu en nós desde as
primeiras liñas de Intemperie, a
ópera prima de Jesús Carrasco. Desde a
mesma portada do libro soubemos que estábamos ante un libro singular, e
inquietante. A portada clara ocupada pola cabeza dunha cabritiña branca, pura
imaxe da inocencia e a pureza, os ollos dese animal, estaban tamén a
transmitirnos, paradoxalmente, unha fonda sensación de desamparo, de
indefensión, de invitación á dor e ao sacrificio. Algo inquietante chamou por
nós desde que nos ollaron eses ollos desde o andel dunha libraría. Se cadra foi
esa chamada animal o que nos moveu a coller a novela e gardala amorosamente nos
nosos petos protectores. Ao abrila e comezar a lectura, desde a primeira
páxina, decatámonos de que eses ollos de inocencia e indefensión, nerviosos e
temerosos, eran os mesmos que os do rapaz protagonista do libro. Un neno que se
nos presenta como unha presa de caza, agochado nun burato feito por el mesmo na
terra, só protexido por unas podallas a modo de teito para ocultarse dos seus
perseguidores, na soidade da noite e dos campos sen fin das terras da meseta. Por que foxe e se agocha este rapaz? Que foi
o que o moveu a abandonar o seu estraño
medio familiar, o seu afastado lugar?
Nada sabemos, nin o saberemos de certo até pechar as últimas follas do libro. E
cando o fagamos, non daremos creto ás razóns últimas da súa fuxida, pois nunca chegaramos a
sospeitar das súas causas profundas e ferintes.
Nesa
soidade do páramo, coas primeiras luces do mencer, despois de se asegurar de
que en todo o ancho da terra que divisaba desde o seu agocho, non había rastro
dos seus perseguidores, bate cunha presenza salvadora: un pastor co seu rabaño
de ovellas, ao que se vai acercando paseniño e receoso. Nesa súa saída desde o
fondo da terra e do seu abismo persoal, nese encontro co pastor, comezará o
camiño de redención do neno protagonista. O pastor coidará do neno, como se
fose un año máis do seu humilde rabaño. Vai aprendelo a sobrevivir, a curarlle
o seu corazón magoado, a confiar. Vaille mostrar o camiño do Norte, lonxe da
raxeira inclemente do sol sobre os campos sen horizonte, lonxe da barbarie dos
seus perseguidores, deica poder atinxir ese lonxano país de prados verdes e
chuvias bálsámicas e purificadoras. Vaille ensinar os valores da dignidade
humana, a recuperar a inocencia perdida. Mais antes, cumpría vencer a sombra
xeada dos perseguidores, a cuxo frente
vén un alguacil odioso e sañudo, implacable na persecución do rapaz, ao lombo
dun sidecar e acompañado dun sinistro axudante.
A que obedece esa ansia de dar caza ao rapaz indefenso? A que vén tanta
violencia do alguacil e o seu grupo salvaxe, que como manda de lobos andan á
procura do rapaz e daquela do pastor, o seu protector?
Nun principio pensábamos que estábamos a seguir os pasos literarios de
Miguel Delibes ou da novela tremendista, ante unha nova volta ao realismo de
posguerra, mentres seguíamos o camiño de paixón
destes santos inocentes a
fuxir das gadoupas dos seus perseguidores. Mais, nada máis lonxe da realidade,
nada máis lonxe do tremendismo violento e sen piedade da novela dos corenta ou
das crónicas de violencia rural do país profundo. O que si comparte Jesús
Carrasco con estes clásicos é a exhuberancia da súa prosa, o resgate da súa
magnifica expresividade, do seu coidadísimo idioma. A mesma vontade de
linguaxe, e o tratamento da paisaxe, sen dúbida o outro gran protagonista da
novela, pola súa abafante presenza. Neste aspecto, tamén é inevitable
referirmónos á obra dun dos grandes novelistas americanos actuais, pois parecen
evidentes os ecos de Cormac MacCarthy, de novelas súas como Meridiano de sangue ou The Road. Na paisaxe da novela todo é
desolación e ardor, unha chaira en chamas, como nos relatos de Juan Rulfo. Un medio onde as personaxes nin nome teñen, nin tampouco os lugares polos que se
foxen e se esconden, inermes ante as forzas da natureza e a senrazón do
destino. Aquí tamén se sente o pouco que é un home. Tal como en Comala, baixo o
poder inmesiricorde de Pedro Páramo,
absolutamente todo é soidade. Unha dor secular , unha pena sen nome.
Equivocabamonos nestas iniciais apreciacións,
porque amodiño imos entrando noutras paisaxes literarias e visuais.
Adentrámonos nos dominios do cinema, do western máis esixente. No climax da
novela asistimos ao enfrontamento final entre perseguidos e perseguidores no
medio e medio das paisaxes desoladas, cunha violencia extrema. Veñen á nosa
mente as imaxes dos filmes máis despiadados deste xénero. E daquela, imos acercándonos, no devalar da novela, ate o seu desenlace esperanzado, unha vez
descuberto o enigma inicial: a fuxida do neno, o teima dos perseguidores á caza
do rapaz. O seu camiño de redención, unha vez albiscado o país das chuvias, aló
ao lonxe, no Norte.
Estamos tamén perante unha movie road polos camiños infindos da
meseta na fuxida cara ao norte do protagonista, e perante unha novela de
formación e aprendizaxe, de supervivencia,
na que por riba da opresión e a violencia do sistema e das propias leis
da natureza e do destino, vanse impoñer os valores da piedade, mesmo nas
situación máis violentas - e cos máis violentos-, da dignidade humana, da
salvación persoal a través do amor e o amparo. En calquera caso, perante un
relato alegórico e atemporal sobre a condición humana. Perante unha novela
densa, intensa, insólita no actual momento literario. X.
Pérez Mondelo
luns, 11 de maio de 2015
ENTREVISTAS A HOMES QUE AMAN GALICIA
ENTREVISTA A MANUEL
LOURENZO
PATRICIA PRADA E Mª
ROSARIO SOTO: -Vostede naceu no Valadouro pero estudou aquí na Coruña, onde
concretamente? No Instituto Masculino? Que lembranzas garda desa etapa da súa
vida?
-Estudei na
Academia Galicia. Lembranzas moi boas, por exemplo, dos profesores de
literatura, D. Luís Seoane Rico e D. Miguel González Garcés, e pésimas do
crego, que non mento, por se acaso reaparece con todo o seu odio e violencia...
Tamén fixen, como é natural, algúns amigos para sempre.
-Vostede é un
auténtico home de teatro, un ser nacido para esta arte: fixo de todo, creou
compañías, editou libros, compuxo textos, dirixiu, fixo crítica, traduciu, foi
actor... Que lle queda por facer, señor Lourenzo? E que foi o que máis
satisfacción lle deu, ou que foi de todo o feito aquilo de maior
transcendencia, na súa opinión?
- Eu veño dun tempo
en que os recursos escaseaban. Nesa escola aprendín unha certa moderación no
uso deles que me axuda bastante na briga diaria. Non penso no tempo perdido,
porque o tempo non se perde, xa que non existe. E, se acaso o perdín en pasalo
ben, por exemplo, teño que dicir que non me pesa. Agora, á parte do meu
traballo, fillos e netos, familia e amigos, satisfacen todas as miñas aspiracións.
O que máis satisfacción me deu? A humana resistencia...
-Vaiamos á obra
escrita. En literatura é lícito buscar, centrar, as constantes universais: os
temas nucleares. Se nós lle dixeramos que na súa obra son importantes o amor (Amar é, meu amor, máis que morrer; Amar é un insolente, magnífico, duro,
interminável parto..., de Xoana),
e o poder (cos seus excesos e as súas perversións), vostede que nos
respondería, e que engadiría?
- As miñas
constantes? Aí si que non son nada especial, e si orixinal (que ven de
“orixe”). Os temas que eu chamo únicos, os propios da raza humana, con todas as
súas rarezas, bondades e perversións. Aí non se escolle. Aí a realidade asalta.
Acho que o único que se escolle –ou para o que un é escolleito– son as formas...
-Unha nosa
profesora e colega [Beni Vidal] contounos esta anécdota: Hai un tempo estaba eu no meu super e díxome a caixeira: “está aí
Melgacho”, mirei e díxenlle: “Ah!, Manuel Lourenzo...”, e respondeu rápida:
“Que dis ho!, Melghacho, muller!”. Diante do poder da televisión, e outros
medios, que lugar ocupa nesta sociedade o teatro? Segue sendo A Coruña un lugar
bo para representar (como vostede deixou dito noutrora)?
(Fotos tomadas da Internet)
- Melghacho é un
máis deses que andan por aí, pola cabeza, que un día ocuparon. E aí deben continuar,
abrigadiños... A televisión caeunos enriba de repente. O teatro xa levaba moito
tempo a nos escarpuxar. Non teñen moita relación A imaxe pide consumición
inmediata; o teatro lévanos a pensar e, máis aínda, a optar. Por iso é nu,
directo, un acto público, unha convocatoria para tratar os temas candentes... A
Coruña, un bo lugar para o teatro? Como todos. Se eu incido na Coruña, é porque
aquí ubiquei a maior parte do meu traballo: o teatro independente, nado en
colexios, no edificio da Caixa da Ronda de Nelle, en prazas –na Coruña hainas
marabillosas–. Foi, si, nos sesenta e setenta do século ido, un modelo de
teatro; contributo indispensábel para a recreación do teatro galego e encontro
con numerosos grupos ibéricos, tanto do ámbito do castelán como do catalán e do
euscaldún... Foise todo cando a democracia comezou a se deitar cos negocios,
coa banca, e apareceron alcaldes e outras especies que deixaron nun lugar moi
baixo o analfabetismo...
-Gustaríanos saber
a súa opinión sobre a institucionalización do teatro. Están ben destinadas nese
sentido as subvencións?
- Non quero ouvir
falar de teatro e diñeiro. Neste país, cun só decreto sobre a lingua,
desapareceu todo o que parecía que había... Ollo, que digo neste país, inculto
e caníbal, e nestas circunstancias. No sei se poderá ser noutro momento; mais,
tal e como van as cousas, non creo que eu o vexa...
-Esa riqueza
lingüística dos seus textos, unha riqueza que abraia, innegable, cando lle debe
ás súas orixes, ao Valadouro, terra de artistas, a medio camiño entre a Terra
Chá e a Mariña?
- Todas as linguas
teñen música. E nós temos a sorte de coñecer precedentes absolutamente
maxistrais na súa detectación (existe a palabra?), como Rosalía, Otero,
Cunqueiro... alguén que escriba ou que faga teatro ou que fale nun palco, non
pode ignorar este herdo. O lugar onde naces tamén te marca, con talladas
físicas –a orografía, o clima– e culturais –a historia, as tradicións, a
lingua–. Na terra que aludimos, o Valadouro, hai, ademáis, a pegada de varios
pobos, que configuraron unhas morfoloxía e sintaxe extraodinariamente ricas e
expresivas...
-Trácenos, coma un
personaxe profético, coma un novo bardo da tribo que realmente é, un adianto do
futuro (poético, ou imperfecto...), vostede que ten fillos saberá facelo...
- O futuro é
difícil de previr, dada a extraordinaria implicación de elementos sobre os que
a maior parte dos humanos non ten ningunha dotación... Habería que tocar a
historia de moito antes... Con todo, a resistencia á sumisión é natural na nosa
especie e haberá que escoller os camiños que a viren máis valente e eficaz.
Camiños hainos. Calquera cousa, agás a entrega a un inimigo que nos tolle e nos
silencia.
-Moitísimas grazas
por compracernos. Xa sabe –vostede que confiou neste centro para a educación da
filla- onde nos ten. Desexámoslle o mellor, señor Lourenzo. Longos anos de boa
vida para o teatro galego!
- E que eu vos vexa
felices e cos ollos abertos!
(Patricia Prada é
alumna de 2º de bacharelato no noso Instituto neste curso 2014-15).
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)








