xoves, 31 de maio de 2018

Luar na Lubre: "Canto de andar"



"
Amence paseniño nas terras do solpor
As brétemas esváense coas raiolas do sol

Meu amor, meu amor, imos cara o mar maior
Miña amada, meu ben, imos polas terras do alén

Acariña o silencio e escoita o corazón
Que moitos dos teus soños latexan ao seu son

É tempo de camiño andar e de non esquecer
Que o futuro que ha de vir é o que has de facer

E o sol vai silandeiro deitándose no mare
Facéndonos pequenos con tanta inmensidade "

Ningún comentario:

Publicar un comentario