martes, 14 de xaneiro de 2014

Eu levo o nome dun personaxe literario

Eu levo o nome dun personaxe literario

Ola! Son Laura García de Arana,  e levo o nome do personaxe feminino do relato “Morrer en Laura”, que forma parte da obra Crónica de Nós, de X. L. Méndez Ferrín.
Argumento
Nunha España que está sufrindo importantes cambios no réxime franquista que impuxo a ditadura, un home séntese perdido. De repente, namórase, e faino dunha muller diferente, doutra época, unha muller que lle fai ver as cousas doutro modo e de súpeto, o home ve desfacerse o seu castelo de naipes. Xa non sabe se os valores polos que loitou son correctos, se todo mereceu a pena…
Pero o amor entre eles dous xa non é, ela coñece a outra persoa. É entón cando Abelardo, sen nada na vida, se suicida.
Laura
Quizais eu teña algo máis en común que o nome con Laura. Considérome unha muller independente, que pensa por si mesma, e que non soporta os dogmatismos.
Non comparto a opinión que teñen os demais só porque sexa a máis común, a máis doada ou a que dea menos problemas, senón que comparto aquela coa que eu me sinta máis identificada e a que poida defender con argumentos propios.
Por outro lado, non podería dicir que me sinto identificada cunha muller que despois de namorar a un home, o abandona por outro. Non creo ser ese tipo de muller.
Creo, iso si, no amor. Creo que é a forza máis bonita que hai. Unha forza que podería saltar todo tipo de barreiras. Aquí a barreira cronolóxica penso que é unha boa metáfora diso, da forza do amor.


1 comentario:

  1. En referencia a esta publicación que aborda un tema tan fermoso como é o amor, gustaríame corroborar a importancia desde sentimento para o individuo memorando unha das máis importantes obras do autor alemán Goethe que nos transmite esta idea do poder do amor mediante o seu principal protagonista, Fausto.
    Fausto trátase dun sabio, que insatisfeito consigo mesmo, pacta co demo Mephistoteles na procura dunha vida máis longa. Así, Fausto vende a súa alma a cambio da xuventude e unha nova sabedoría.
    O quid da cuestión aparece representado na última escena da obra cando Fausto ten que morrer e malia ser atraído polo demo ao inferno, sálvase da súa condea e consegue ascender aos ceos grazas ao amor da súa amada Margarida, que está na groria e acouga por el, e tira da súa alma cara ao paraíso.
    Esta é unha bonita analoxía na cal nos decatamos da forza espiritual que poden ter valores tan simbólicos ou abstractos como neste caso é o amor, un ideal inalcanzable pero irrenunciable, en termos kantianos, que nos empuxa a mellorar como persoas, sacando o mellor de nós.
    Enhoraboa polo teu traballo, Laura.
    Son Raquel de 2ºE Bach.

    ResponderEliminar