Amosando publicacións coa etiqueta LENDO A. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta LENDO A. Amosar todas as publicacións

xoves, 23 de xullo de 2020

LENDO A


HOMENAXE A MARSÉ


(Juan Marsé. Todas as fotos foron tiradas de Internet)
1.     Corpus que manexamos (é o que temos a man na casa):
MB (La muchacha de las bragas de oro, 2000 [1978]. Barcelona: Planeta)
PD (Esa puta tan distinguida, 2016. Barcelona: Círculo de Lectores)
RB (Rabos de lagartija, 2000. Barcelona: Círculo de Lectores)
ST (Si te dicen que caí, 1983 [1978]. Barcelona: Círculo de Lectores)
TT (Últimas tardes con teresa, 1997 [1966]. Barcelona: Plaza & Janés).

2.     Algunhas reflexións a modo de limiar.


Dixo o noso fillo menor (agora é profesor de lingua e literatura, antes foi alumno do ‘Eusebio’, estaba a avoa na casa cando oímos a fúnebre nova e non lera nunca a obra do defunto, a avoa...): morreu o mellor novelista en lingua española vivo...
Con permiso doutros bos que están ben vivos, e varios deles cataláns, por certo... As expresións do primeiro momento valen moito. Son moi sentidas. Coma aqueloutra da Premio Nadal, Maruja Torres, ¡Maldita sea! Ha muerto Juan Marsé (escribo de memoria, pero creo que foi así como o deixou escrito nun chío). Pois si, faleceu Marsé. E é ben fastidiado que non haxa bulas para os bos, para os xenios, para os grandes. É o que vos ten a morte: paradigma inimitable de demócrata. A todos trata por igual.
Aquí neste mesmo blog o noso prezado colega J. L. Gundín hai xa tempo nos agasallara cun resumo magnífico da análise crítica da obra de J. Marsé Carbó, resumo dun seu estudo-tese de doutoramento. Hai que reler ese escrito (en Cazatesouros, Domingo 12 outubro 2014: “Lendo a Juan Marsé”). E hai que lle dar as grazas a Gundín por comunicárnolo. Deberemos na medida das nosas posibilidades homenaxear ao noso autor. Temos vivido páxinas inesquecible: temos rido, temos aprendido, temos pensado con el que mereciamos outro país. Temos amado, temos comprendido que somos complexos e malia todos os nosos defectos, non carecemos de enerxía.
Dicía un crítico amable pola televisión (e os informativos encargáronse de darlle eco, de repetilo varias veces): El lenguaje popular que él lleva a los libros por primera vez. Eloxio sen dúbida ningunha ben intencionado mais hiperbólico e polo tanto en certa medida errado. Desde sempre a literatura española deu os seus mellores froitos botando man da lingua popular: desde a riquísima fraseoloxía tomada ao dereito da fala do pobo que aparece no Libro de Alexandre no XIII, pasando polos fermosísimos refráns da Celestina e Sancho ata chegarmos á narrativa decimonónica (destacaría a obra dos galegos Valle e Pardo Bazán, atravesados novamente de boas contribucións fraseolóxico-populares) e do século XX (velaí El Jarama, ou velaquí a Delibes, de quen temos testemuño no blog [Luns, 10 de febreiro de 2014: Temas e motivos. Outro libro con mapa: Las ratas]), podemos dicir sen medo a desviarnos da verdade, que a presenza da linguaxe popular é unha marca interna innegable das obras representativas da literatura española.
Ora ben, o popular está aí, nas novelas do barcelonés a quen pretendemos nun grao mínimo, homenaxear. Na fraseoloxía ricaz, por exemplo. Tamén hai outros indicadores pero non nos deteremos moito neles, coma o uso de alcumes: Paquita “la Sorbetes”, en RL; Rita “la Sorbitos”, en PD; Manolo Reyes, “el Pijoaparte”, ou el Cardenal, en TT; la Fueguiña, el Tetas ou Sarnita, en ST etc.
E populares son algúns dos amores importantes de Marsé reflectidos na obra:  o barrio e o cine. Calles sin pavimentar y aceras despanzurradas donde crecía la hierba, eso era el barrio (ST, 13). Aquí podiamos estendernos, se non temese aburrirvos pero creo que vencerei os medos. A ver, eu teño ou tiña -porque agora os fillos medraron e xa non nos vemos coma cando eran eles nenos- un amigo que amaba a política, e de cando en vez facía dialéctica e comentaba: só hai, en España, dúas clases sociais: a dos homes que traballan a terra, os labregos, e os que non a traballan, basicamente os da cidade.  A min Jesús, ese é o nome do meu amigo, dábame sempre que pensar. Esa dicotomía é moi sedutora e convincente, pero non quita outras posibles. Tamén dentro da cidade hai clases: o centro e a periferia: o cogolliño da burguesía urbana e as barriadas das clases traballadoras (que inda se poderían subdividir, pero aforremos discurso). Esta dicotomía dentro da cidade “salta” con frecuencia á literatura. Pensemos na Tribuna da autora coruñesa (onde por certo a barriada periférica por excelencia é a dos Castros, onde me eu criei..., eu, e disculpade tanta primeira persoa, podería dicir como Manolo Rivas, como Marsé, “son de barrio -e a moita honra”, nacín en Monelos, crieime nos Castros e vivo en Labañou, total!), por poñer un claro exemplo. Pero tamén vemos a dicotomía en Nada de Laforet, en Luciérnagas de Matute, en El rey y la reina de Sender (duquesa e criado como representantes paradigmáticos de clases sociais en dialéctica, e os dous dentro da cidade de Madrid) etc. Na obra de Marsé, evidentemente, existe e cobra forza de protagonismo, esa dicotomía de clases dentro dunha mesma cidade, Barcelona (unha cidade literaria en grao sumo, en Barcelona como noutras grandes metrópoles, podían facerse periplos literarios con guía turístico especializado, e seguramente xa os hai, ou non porque a cultura literaria igual non vende tanto como un quixera, haberá que averigualo...). Neste sentido a novela paradigmática, a de “loita” de clases, é TT. Aparece o tema, pero con rango secundario, tamén en MB (aí Luys procede das clases populares baixas, traballadoras, e ascende de clase polo matrimonio con Soledad, filla da alta burguesía barcelonesa; podíase engadir quizais que “con pouco éxito” pero igual erramos porque á fin e ao cabo, esa unión permitiulle ter tempo libre para dedicarse á escrita, á literatura..., quen sabe...). Do cine falaremos un pouquiño máis abaixo.


 (Un dos nosos libros favoritos. Tenro, lírico, cruel)

3.     Fraseoloxía.
Riquísima. Escusamos facer un estudo sistemático. Sería para unha tese. Deixádeme só que vos diga que no dicionario fraseolóxico bilingüe que a miña colega Carme e mais eu temos no prelo, hai 5 páxinas enteiriñas con fraseoloxía tomada dos libros de Marsé. Non son poucas... Vexamos unha mínima mostraxe:

3.1. Coloquialismos.
A los veinticinco años uno va por la vida a toda hostia  (PD); achicoria, como todo quisque (RB); café de recuelo, no se vaya usted a creer que somos ricos (RB); como si oyera llover (PD); con su pan se lo coman (MB); darle carrete (PD); el asunto me tenía bastante sin cuidado (PD); esa gabardina del año catapún (PD); estar hasta el gorro (PD); fuma como un carretero (MB); había que andar listo (PD); hacerme el remolón (PD); más contento que unas castañuelas (PD); ¿me está vendiendo una moto o qué? (PD); me estaba tocando las narices (PD); me revolvió los sesos (PD); mientras usted y ella …[…] se lo hacían (PD); no creas que me chupo el dedo (PD); no convenía liarla (PD); o vaya uno a saber (PD); ¿qué pasa, se te ha comido la lengua el gato?(RB); que si patatín y que si patatán (RB); se despidió a la francesa (PD); se me va la olla (PD); se las sabe todas (PD); tienen pela larga (PD); todo es ponerse (PD); un putero con poca mecha (PD).

3.2. Vulgarismos fraseolóxicos.
Dejarte con el culo al aire (PD); esto va a toda hostia (PD); lo que tiene que hacer es meterse por el culo su mierda de salacot (RL); me la refanfinfla (RB); ni repajolera idea (PD); o pollas en vinagre (PD); se montaba una película del carajo con nuestras almas degeneradas (PD); si vieras su polla, guapín, tiene más mierda que el palo de un gallinero (RL); te tocaba los cojones (PD); una somanta de hostias (PD); un complejo de mil leches (PD);¡y un huevo! (RB); ¡y una puñeta, sabes tú! (RB); yo a la CNT me la pasaba por el culo (PD).



3.3. Acumulación ou concatenación fraseolóxica.
Así, como quien no quiere la cosa, sin pestañear, alarga el brazo por encima de las cabezas (RB).
Dijo qué se habrá creído este hombre, no deberíamos aceptarlo, pero nos viene muy bien (RL).
El autor de aquel crimen horrendo es precisamente él en persona. En carne y hueso, vaya (PD).
Inter nos le diré que Prada tampoco es santo de mi devoción (PD).
La pelirroja hace buenas migas con todo el mundo (RB).
Lo mandó al otro barrio en un periquete (RB).
Necesitó la mentira lo mismo que el pan y el aire que respiraba (TT).
Qué narices pasa con tanta prisa, ¿se quema la casa? (TT).
Paulino Bardolet, corazón de oro, culo de cristal, será el cómplice (RB).
Ya es mala pata que ese médico bolchevique amigo de papá también la palmara (RL).

3.4. Fraseoloxía démodé ou inusual.
Cómo me hace la santísima el pobre animal (RB, 123: nunca antes oída, equivalerá a facer a pascua? É de supoñer;  non figura no dicionario académico pero si no novo de Seco, cunha documentación de Delibes).

¿Cuándo parará de sangrar, por las barbas de Lucifer? (RB, 147: non figura nos corpus académicos, nós na vida a usamos, pero ten en Google máis de 3000 concorrencias; moito máis familiar é, en galego,  polos cravos de Cristo ou polos cravos dunha porta (vella)).
Fuma como un hombre (RL, 25: só 2 concorrencias no CREA e a outra é anterior á publicación deste libro; no CORPES só unha posterior en prensa, e ten certo valor metalingüístico).
Gastas menos que Tarzán en corbatas (TT, 45: moi pouco coñecida, apenas un cento de concorrencias en Google, claramente humorística, e con sabor xa démodé).
Le hizo butifarra con el brazo (ST, 17: frase non demasiado usada, quizais con orixe na lingua catalá, aínda que no dicionario catalán que manexamos non aparece con este uso, si con outro; a presenza do catalán na narrativa de Marsé pódese salientar: hai partes de diálogo en catalán en TT, hai palabras soltas ao longo da obra: xarnego -¡Xarnego, no fotis!, TT, 46-, trinxas, -en cast. golfillos, granujillas; en gal. podiamos pensar nos moinantes de Carballo, ou nos graxos das Burgas–, mastresa en ST etc.).
Nuevo de trinca (JM, CREA; tamén en RB; nou de trinca Flamant, en Diccionari Català-Valenciâ-Balear do Institut d’Estudis Catalans; no CREA os exemplos que hai son de Marsé ou de Fernández de Castro, Javier, escritor que vive en Barcelona; nós en galego diriamos do trinque).
Que no creyera (...) que hizo amistad con Rafa sólo para darse el pico con él (TT, 195: bastante inusual, pouco documentada; no novo dicionario fraseolóxico de Seco do español actual vén precisamente como exemplo de uso este texto de Marsé).
Que usted lo pase bien (saúdo de despedida cortés e cortante da nai de David a Galván, RL, 67; era o saúdo que nós, as alumnas do Femenino teoricamente tiñamos que usar en tempos cos profesores cando os viamos na rúa).
Se lo pasará fetén (PD, 93; ten presenza tamén en Delibes, esta palabra, fetén, con todo, soa a outra época xa...).
Sois la purria (ST, 168: en realidade temos aquí outro catalanismo: purria ‘xentalla’)
Tu madre hace chapas en La Maña (RL: nunca antes oído. No novo dicionario de Seco e equipo -aí figura co significado de ‘exercer a prostitución’-, só hai 2 documentacións e as dúas se vinculan a Barcelona; posiblemente a orixe desta expresión haxa que relacionala coa orixe da voz chapero, voz estudada por Corominas).
Un chucho, un mil leches (RB, 38: nunca oiramos antes esta forma de designar un can mestizo, talvez o que nós chamamos ‘un can de palleiro’).
Yo era de los buenos, no es por decirlo (PD, 72: atípica expresión atenuante, moito máis común resulta no es porque yo lo diga; de feito, hai só 1 concorrencia no CREA, do rexistro oral).


3.5. Desautomatización e reutilización fraseolóxica.
. Me daban insidiosamente la espalda (PD, 36; hai desautomatización porque se intercala conscientemente un adverbio entre os membros -normalmente soldados- da unidade fraseolóxica).
. Aquel día sufría un ataque de cuernos (PD, 125: casos formados por xustaposición subxacente de 2 unidades fraseolóxicas: poner los cuernos + sufrir un ataque de nervios).
. Besos pasados de rosca (PD, 160: pasarse de rosca + beso de tornillo-rosca).
. Pensando en las musarañas, que es en lo único que vale la pena pensar (MB, 247: desautomatización porque se cobra plena conciencia del valor léxico dun dos compoñentes da unidade fraseolóxica, o verbo pensar).
. La voz de Felisa, como si llegara desde la otra cara de la luna (PD, 46: o normal é que indique un territorio descoñecido ou unha faceta oculta, así aparece usado nas 3 concorrencias de la otra cara de la luna no corpus CREA: aquí en JM indica distanciamento físico… aínda que ten como sema común a idea de estrañamento coma se fose outra voz a que oe).
. Estamos pisando realidad de la buena (PD, 103: está Marsé aquí reutilizando a frase verdad de la buena)

4.     Asociacións e resonancias.

Coma todo mestre nesta arte literaria, Marsé sabe escoller as palabras e sabe deixar caer unhas areíñas de fino sal na conversa, que se di en galego. Ou dito doutra maneira, sabe combinar as palabras para que resoen, creen ambiente con efluvios literarios ou culturais en maior ou menor grao. Mirade estes poucos casos que vos presento:
. O adxectivo pagano, vemos que lle gusta bastante... Nun caso documentamos o incienso pagano, e a asociación co outro, o das igrexas cristiáns, vén e vai o botafumeiro no aire galante de Compostela, é clara. E están as sandalias paganas en pies morenos de uñas pintadas (TT), préstanse a seren asociadas coas que usaban as mulleres romanas, nas pelis de Pasolini, sen ir máis lonxe.
. A Busca. Ese enunciado onde se nos di aquella tarde que hacía [Sarnita, en ST] la busca siguiendo un trayecto distinto del habitual nos transporta inmediatamente do Barcelona marsecarboniano ao Madrid barojiano. Fabulosa a literatura, máquina voadora ela.
. E que me dicides destoutra marabilla? Hai un personaxe de Juan Marsé que leva a camisa abierta a lo Byron (MB, 54). Aquí a resonancia non só é literaria: é pictórica e é cinematográfica, porque esa camisa aberta ao vento déixase sen problema asociar co filme de Gonzalo Suárez precisamente sobre o poeta británico, Remando al viento. Meus queridos, inda que de esguello, non esquezamos que Marsé traza sempre -malia as miserias españolas, malia a mala uva española, malia todos os nosos sabidos pecados capitais- unha liña de trazos sutís que nos leva a un dos temas principais de toda a súa obra, a defensa ultranza do que no ser humano é máis precioso. A liberdade. De ser, de amar, de escribir o que nos sae de dentro. Aí perdura el.
. E, por suposto, están as que podiamos denominar resonancias do réxime, resonancias do fascismo español que para moitos de vós, lectores actuais, son moi difíciles de captar. Volvemos neste punto pensar nas virtudes cervantinas de Marsé: a ironía e sarcasmo (e irreverencia) que destila xenerosamente aquí e acolá... Vexamos uns exempliños: en MB hai varias destas resonancias: Sole, que toca o piano, canta Montañas nevadas (p. 171: nada novo baixo o sol para unha servidora, nós cantabámolo en 1º bach en clase de música, baixo a batuta da profesora La Laciana, xunto con outros temas dos que quizais outro día vos falarei, porque o prof. Faustino Porras tivo a xentileza de rescatar do esquecemento varias daquelas partituras, de música tradicional das distintas rexións de España que ao réxime non lle desgustaban); Mariana dille a Luys con certa sorna -quen escribe a súa autobiografía de vello escritor falanxista-: ¿Has trabajado mucho hoy? Dios sabe con qué tenebrosas ideas de venganza escribes tu vida. Me das miedo, pobre unidad de destino. Aquí, os que estudamos “Formación del espíritu nacional” no Instituto, sabemos que resoan as palabras de José Antonio Primo de Rivera que dicían máis ou menos España es una unidad de destino en lo universal. Outra destas, moi boa: Mariana ten curiosidade por saber como foi a voda dos seus tíos, cando el era un falanxista aposto e convencido, iso no pasado mais agora no presente respóndelle: -¿Cómo fue? Muy azul, supongo (MB, 73; pensade que o azul era a cor da camisa falanxista); tamén máis adiante a moza dille: Hablemos del hundimiento de tus ilusiones más azules, venga. E, rematando xa este apartado, hai unha perla que custa apreciar fóra de contexto -e emporiso ímolo intentar-, no remate de MB: cando Luys se decata da súa enorme culpa cometida con Mariana, evoca con mágoa incisiva a súa orografía corporal e exclama un tanto esperpéntico: Mariana Monteys, las mejores caderas del Imperio, ¡ay! Ai, que dolor... Ese “Imperio” sen dúbida é español, presente no pensamento aquel do réxime, xa sabedes como somos ou fomos ou seguimos sendo,   non sei e non quixera perderme, pero botando man doutra boa unidade fraseolóxica, que queredes que vos diga, penso que non tiñamos para pan (miña nai relembra -anos 40- ilo buscar coa súa avoa, pan de Astorga, a Ponferrada e había que traelo tapado no tren de ocultis etc.) e pretendiamos ter “estampitas” con pendóns e estandartes imperiais... O que si sei é que na memoria do meu home -nacido despois ca min- resoan aínda letras aprendidas cando o seu profesor de ‘Formación del Espíritu Nacional’ os levaba algunha que outra vez aló á barriada de  Carabanchel, a unha das sedes da OJE (‘Organización Juvenil Española’),  onde xogaban e tamén cantaban “Prietas las filas” (Lánzate al cielo, flecha de España, / Que un blanco has de encontrar; / Busca el Imperio, que ha de llevarte por cielo, tierra y mar...).


4.1. Recorrencias internas.
Ás veces as resonancias, os ecos, son internos. Digamos que son indicadores dunha certa intertextualidade. Esas cousas só se dan, en principio, en autores consagrados, que teñen unha obra con forte cohesión. Os que fostes alumnos meus dos últimos cursos tedes que recordar aquí este concepto, intertextualidade. Na nosa literatura expliquéivolo a propósito de Ferrín e de Rivas, que eu relembre hic et nunc. Obra sólida, cohesionada. En Ferrín está esa toponimia fantástico-simbólica que percorre e atravesa, furando oídos e corazóns, o mapa noroesteño, Tagen Ata, Terra Ancha... En Rivas xogamos con outros sinais, Dombodán, a vaca, a barra de pan, incluso a folla de bacallau... En Marsé hai indicadores propios desta intertextualidade: atreveríame a sinalar a verbena de san Xoán.
Debeu marcar moito a súa infancia-adolescencia (como marcou a nosa, aquelas lumeradas coruñesas de barrio). Festa tan mítica, atlántica e mediterránea, paneuropea! Arrinca a novela TT con esa verbena, pero estalan os petardos de la verbena de San Juan en RL (109). O cine, con nome propio. O cine de barrio: El Delicias, el Iberia,  el cine Bosque, el Rovira, algúns son citados só de paso, noutros ocorren cousas: De lo contrario, yo le contaré lo que te dejas hacer en el cine Delicias por el chico del barbero, en RL,36; me lo dio [el perro pachón] el acomodador del Delicias -RL, 38-; estaba en la Gran Vía mirando la fachada del Cine Coliseum -RL, 60: Juan recorda ante David como, cando e en que lugar exacto morreu; no Roxy, en TT, van Manolo e Teresa cando empezan a relación para ver “Emiliano Zapata” con Brando. E, ademais,  a presenza do cine constitúese como compoñente literario de primeira orde: Felisa e o prota xogan ás adiviñas con títulos de pelis todo ao longo de PD.
Están os personaxes recorrentes, coma o Dombodán de Rivas: el señor Augé (fai acto de presenza en PD e mais en RL); Tecla (nome atípico: polo menos aparece en 3 novelas das 5 coas que xogamos: a avoa Tecla de RL, a cociñeira Tecla en TT...); neno con can curioso: David co can do señor Augé, can nas últimas, acabadiño de todo (en RB), e neno paseando con can inexistente en MB; a palangana con auga salgada para poñer os pés en remollo: aparecen os pés da roxiña de pelo en RB e mais en MB, cando xa ao final rememora a imaxe vivida en tempos do seu pai, de Luys, cos pés cansos a remollo ; o armario de luna, é fundamental para contextualizar secuencias importantes na vida dos personaxes, tamén o vemos en varias obras (MB, 212...); incluso podemos valorar aquí a sedutora coxén: na súa fantasía, Manolo Reyes cojeaba elegantemente (TT, 46), igual que facía en parte para presumir, Luys Forest cando entra por primeira vez no piso das irmás Monteys (en MB). En fin, con palabras do propio autor: No hay buena literatura sin resonancias (MB, 221).

 (A simboloxía dunha época vivida. O símbolo este das frechas e o xugo aparece co seu valor narrativo importante e recorrente en MB. Esta foto está tomado dun certificado, dun documento custodiado no noso Instituto, é a única imaxe non tirada de Internet)


5.     Algunhas reflexiones metaliterarias.

En RB hai unha reflexión en boca dun personaxe que ten un valor metaliterario: ¿Tanto te cuesta entenderlo, alcornoque? Precisamente por eso, porque no lo vi, puedo imaginarlo mejor que tú (páx. 41).

“Siempre llega un momento, cuando trabajo en un libro y me invade el desaliento, en que me siento como un impostor, una máscara, una persona disfrazada de escritor, alguien que ha usurpado la autoría de ese montón de páginas torturadas” (PD, pp. 43-44)

Yo me había ya instalado [...] en otro nivel y cuidado de la verdad: el de la verosimilitud, algo a lo que me obliga la escritura, y que, a fin de cuentas, me importa más que cualquier realidad  [...]. Comprendí que (...) los vínculos entre palabra y verdad ya solo se podían establecer a través de la manipulación verosímil (PD, 115).

Recordar es interpretar (PD, 118). En PD pásalle a Marsé como a Cervantes, e nunca mellor dito... porque xa vimos que ama aquel o que este amaba, a verosimilitude, e escoitade a resonancia cervantina desa reflexión da pura autoconciencia de seu: usted, celebrado autor de novelerías... case que conmuta por cabalerías... En PD, 220, digo que lle pasa como a Cervantes, cando na segunda parte do Quijote cobra conciencia de si  e aparece en boca dos personaxes xa como un autor celebrado... Aquí acabamos. Celebremos estarmos vivos para poder seguir lendo a obra do catalán.



 (O prof. Gundín, profesor do IESP 'Eusebio da Guarda', gran coñecedor da obra de Marsé. A foto tampouco está tomada de Internet. Xubilación celebrada no 2017 dun membro do claustro de profesores do Instituto)





xoves, 23 de abril de 2020

LENDO A CERVANTES


23 DE ABRIL 2020.


UN FERMOSO NOME CERVANTINO

 (Ilustración de G. Doré sobre as damas no pazo da Cova de Montesinos. Todas as fotos están tiradas de Internet)



O nome, xa volo digo ao primeiro, é Belerma; o personaxe aparece no episodio da Cova de Montesinos (cap. XXIII da 2ª parte do Quijote), preséntaa Cervantes xa vella e murcha, e é nesas cando recibe o corazón conservado en sal do home que a amara en vida, Durandarte, de mans do curmán del, Montesinos. Ben, confeso francamente que o episodio me seduce moito. Moito nos gusta relelo e moito nos fai pensar sempre que o tomamos e depositamos no noso pensamento. Naturalmente, nin somos os primeiros nin seremos os derradeiros. Misterios da literatura e/ou da condición humana. O interese recente polo nome de Belerma débese a que nestes tempos andamos ás voltas cun libro sobre nomes propios e quixemos integrar ese eufónico nome, Belerma… Mais non atopamos unha explicación satisfactoria sobre o seu étimo. Emporiso, imos proceder de tal maneira que deixaremos a cuestión etimolóxica para o final. Primeiro retomemos o tema do corazón amojamado que se entrega como prenda de amor. Salvando o adxectivo en cursiva -é un castelanismo, de aí a cursiva, en galego teriamos que dicir algo así como ‘mirrado, rechumido’- o tema ou mellor, o motivo do corazón que se tira do corpo dun dos amantes ou amadores para darlle ao outro, non é invención cervantina. É de supoñer que o noso universal, e de estirpe galega, autor o tomou ao dereito do romanceiro hispánico. En realidade, podemos engadir, de alí e mais tamén do Amadís. Dunha e doutra fonte bebería. Bebeu, si, sen dúbida ningunha. Ir máis atrás no tempo (téñase en conta que os romances máis vellos co tema de Belerma e o corazón que lle quere mandar Durandarte dátanse como moi cedo no XV, e a versión que conservamos do Amadís en castelán -nada sabemos sobre se Cervantes puido ler a versión en portugués, ou en galego-portugués- é de principios do XVI), ir máis atrás no tempo é aventurado… Quer dicir, puido coñecer Cervantes algunha vella versión da Demanda do santo Graal? Dubidámolo moito -se fose así por forza habería un comentario no escrutinio do capítulo VI da primeira parte da súa magna obra- e non podemos nin debemos aventurar nada. Ora ben, conste en acta que -no que nós sabemos- aí, nese tesouro literario escrito nalgún lugar do occidente hispano a fins do XIII, gárdase un dos máis vellos testemuños literarios hispánicos do motivo fermosísimo do corazón que un ser amado deixa mandado que se separe do resto do barro mortal que envolve o espírito e se lle entrega ao outro ser amado.

-Pois ora vo-lo direi –disse a raínha-. Eu bem vejo que som morta e nom hei cras a chegar aàmanhã; e bem vos digo que nunca fui leda tanto de novas coo destas. E de outra parte, pesa-me sobejo que o nom  posso  veer  ante  que  moira;  ca  me  semelha  que,  se  o  visse,  que  mia  alma  seria  mais  leda.  Eporque eu quero que ele veja e saiba que de sa viinda mi praz e que moiro com pesar e que de grado oqueria veer, se podesse, porém eu vos rogo que, tam toste que eu moira, que me tiredes o coraçom e quelho levedes em este elmo que foi seu; e que lhi digades que, em remembrança de nossos amores, lhe envioo meu coraçom, que nunca ele o esqueceu. Aquele dia mesmo, passou a a raínha Genevra e a donzela fez o seu mandado.

“Da entrega do coraçom de Genevra”, A demanda do Santo Graal. (en “Umha história da língua” de José Manuel Barbosa: http://agal-gz.org/faq/lib/exe/fetch.php?media=contributos-pgl:uma_historia_da_lingua.pdf)



(Xenebra e Lanzarote, último encontro. Cadro de Dante G. Rosetti)  

Se queredes xogar ás simetrías podiamos ver cal é a última vez que documentamos isto mesmo (sen importarnos se é el ou ela quen doa o corazón, vistes que na Demanda é a raíña Xenebra quen o dá, mentres que Belerma recibe). Se vos prace, dígovos que no que nós sabemos, é a coruñesa dona Xoana de Vega quen recibe e fai que depositen xunta ela o corazón do seu amado esposo. Dª Xoana morreu en 1872. 

 (Retrato de Dª Juana de Vega)




Non sabemos cando rematou este costume… Agora rexe tamén o hábito de converter a materia orgánica, tras falecer a persoa, en cinzas. Co tempo, pódese facer un diamante… Fixádevos: malia ser merecente de respecto, pódese ironizar igualmente. Do mesmo xeito puido moi ben ironizar Cervantes co sal, a mojama e a Belerma feita unha vella… Non discuto esa ironía, Cervantes non pode subtraerse ao xenio satírico, á fartura da repetición por enésima vez dos mesmos tópicos, pero igual puido amar o motivo básico. O amor alén da morte. O polvo serás pero polvo enamorado. Agora que estamos vendo morrer os nosos maiores, é un bo momento para insistir: vellos seremos ou vellos somos pero a capacidade de amar non prescribe, non caduca, e quen di iso di a dignidade humana. O corazón nunca envellez, di o refrán galego.

E con isto, pasemos á segunda parte: a etimoloxía do nome Belerma. Contábavos antes que non logramos atopar nada convincente ou satisfactorio. Vaguidades sen concretar si. Por exemplo: lemos en Internet que Kaye D. Hennig pensa nunha composición de Bel ‘bela’ + Erma ‘Mary’. Tamén hai quen pensa nunha composición: Belle + armée ‘a bela armada’, tendo en conta que nalgún romance Belerma simboliza a dama sans merci -ou dama cruel que xoga cos sentimentos do home-. Pódese relacionar con Belarmino, pensar polo tanto no latín bellam almam. Nun blog lemos:

Belerma es fonetización de su equivalente franco, y que no describo por huir prolijidad. Significa “La más bella de las mujeres” (http://oficiodescribir.blogspot.com/2018/12/belerma-y-durandarte-en-la-mancha-la.html).

Nalgún momento sopesamos a posibilidade de ver unha raíz celta: a raíz teonímica BEL-, presente en Belenus, Belinus, Beleinos, Bellenos, Bellinus, formas todas ben documentadas na Galia central, e que na Hispania certos autores queren ver en topónimos asturianos, como Beleña, Beleño, e incluso hai quen percibe este teónimo en Iruña-Veleia 1. Algún estudoso, de feito, deixou dito que o tema este dos amores enchoupados de dramatismo e tristeza de Durandarte e Belerma, é máis bretón ca carolinxio2. Porén, Montesinos é un personaxe de raigame carolinxia (Donde se encuentra realmente el fondo de los romances de Montesinos es en la canción de Aiol, y Gastón París ha notado perfectamente las semejanzas, di Menéndez Pelayo) e Durandarte ou Durandal fórmase sobre o nome da espada de Rolán, aínda que, como ben recorda o erudito cántabro, el cambio de la espada de Roldán en nombre de un héroe (que ya estaba hecho en la canción de Reinaldos o de los hijos de Aymón, donde se habla de « Durendal l'amiré ». E con todo, debemos aínda engadir, o nome de Belerma só se documenta -salvo erro noso- en ámbito hispánico ou ibérico. Nace e prolifera no romanceiro -vello e novo- e chega a Cervantes (e outros autores con nome propio, como Góngora e Lope3). Fóra desta esfera e con anterioridade a Cervantes non o documentamos.

E se cadra, a clave da cuestión nuclear para os nosos intereses, o étimo da voz tan eufónica e literaria, Belerma, é aí, nos vellos romances, onde se encontra agachada. En 1980, o filólogo Diego Catalán Menéndez Pidal, neto do ilustre coruñés, ten a inmensa fortuna de escoitar como un ancián asturiano, o señor Anselmo García, lle recita unha nova variante sobre o tema dos dous amigos, Durandarte e Montesinos:

Caminaba Montesinos por una verde montaña, / con el fusilín al hombro como aquel que va de caza, / y encontrara un hombre muerto en par de una verde faya. / No conoce el caballero por mucho que lo repara, / que le conturban la vista las cintas de la elada. / Le levantó el sombrero y  le descubrió la cara. /-¡Oh mi amigo Montesinos, mal nos fue en esta batalla, / que mataron a Guarín, capitán de nuestra escuadra! / Me sacas el corazón por la más pequeña llaga, / lo llevas al Paraíso, a donde Guillerma estaba. / -Guillerma estaba en Paraíso de doncellas enrodeada. / -¡Ay triste de mí, cautiva, ay triste de mí, cautada, ay triste de mí, aburrida, algún mal se me acercaba; / ahí viene Montesinos embozado en una capa! / -Lo primero que pregunta: -Tu primo ¿cómo quedaba?/ -Mi primo quedaba bueno, mi primo bueno quedaba,  / mi primo quedaba muerto, en par de una verde faya. / Aquí traigo el corazón, yo mismo yele sacara, / y  al mismo tiempo te traigo esta siguiente palabra: / Que el que muerto te lo umbia, vivo no te lo negara.-/ Al oír esta palabra, Guillerma cae desmayada. / Ni con vino ni con agua no fueron a recordarla. (Diego Catalán. Arte poética del Romancero oral II. Memoria, invención, artificio. En: https://cuestadelzarzal.blogia.com/2010/120501-3.-2.-el-coraz-n-de-durandarte-tema-a-n-vivo-en-la-monta-a-asturiana.php)



 (Diego Catalán Menéndez Pidal)


Ese mesmo ano inda recolleu o equipo de Diego Catalán, sempre en Asturias, unha outra variante, Guelerma:

Caminaba Montesinos  por una verde montaña; // alcontrara un hombre muerto  al pie de una verde faya, //No le pudió conocer,  por mu-cho que lo repara.// [ ... ]  [ ... ] //Le sacara el corazón  por la más chiquita llaga,  se lo llevara al castillo 1 donde la Guelerma estaba''. (Versión de Tablado, dicha por Elena Ramos, 48 años. Recogida por Diego Catalán, María Luz García Parra, Ana María Martins y Eduardo Silverino, el 30 de junio de 1980.)



Esa variante onomástica que vemos aquí documentada, Guillerma por Belerma, fainos pensar nunha etimoloxía distinta. Evidentemente, caben dous enfoques: ou consideramos que Guillerma é unha modificación feita sobre Belerma, unha variante producida pola transmisión oral ao longo dos tempos, unha asimilación, digamos dunha forma inusual e rara (Belerma) a unha algo máis familiar (Guillerma  non é común, pero si a forma masculina e a derivada Guillermina), ou consideramos que Guillerma é unha especie de xoia arcaica, un caso de conservacionismo lingüístico, que cadra ben ao lugar montañoso e afastado en que se recolleu o romance. Querémonos aproximar a este segundo punto de vista. Certezas non temos, pero évos o que hai. Unha hipótese máis. Hai que ter en conta que o Gu- e o W/V- procedentes de xermanismos conmutan no sistema, na diacronía: Vimara/Guimarei, Guimaraes, por exemplo. Este nome que nos ocupa vémolo escrito en documentos medievais tanto con G- como con V-:

domna Guillelma de Monta Catano (séc. XIII, CODOLGA); Mãdo a filloſ de Guillelma Fernãdez o ſeu quiñũ per cabeza ĩ Liz. (Corpus Xelmírez); Vilelma, Domingo Gunçaluez e Domingo Iohannis e Matheu Fernandez de ... (Xelmírez, 1278)

E nun texto medieval latino volvemos atopar unha variante, moi posiblemente deste mesmo nome feminino, esta vez con W-:

Lite contestata et juratum de calumpnia inter Vilelmam Trevellam et Vidaletum Judæum,... quod Wilelma Trevella percussit eum... Ad probandum quod Vidaletus vocaret Na Trevellam putam, vetulam, merdosam... Na Vinceza testis jurata dixit, etc. Na Cap de Compainna...NaBannieira testis, etc. (Texto de 1217, citado por Du Cange, en: https://es.scribd.com/doc/98773253/Du-Cange-N)



O paso de l (en Vilelma) a r (Velerma -forma por certo, tamén ben documentada no romanceiro hispano), non supón ningún problema filolóxico, por disimilación (ao haber dúas consoantes seguidas iguais, a segunda troca por outra líquida: é algo relativamente frecuente, por exemplo o sufixo -al troca en -ar, cando hai outro l, como pasa en ocular).

E isto, amigos, é todo por hoxe. Só me resta amosarvos un curioso documento que atopei de pura casualidade, máis recente, non medieval, onde volvemos ver o troco Guillerma/Velerma.









A portada dese libro é esta:










(Noutro lugar deste libro dise que ese nome, Velerma de la Cruz, aparece nun informe-libro de 1763)

:::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::

NOTAS:

(1): Vid. “Lo pagano y lo cristiano en Iruña-Veleia:  una perspectiva contextual”, en: http://euskararenjatorria.net/wp-content/uploads/2016/06/14_Mikel_Larra%C3%B1aga_Arregi_ponentzia_osoa.pdf.

(2): Pero en conjunto estas composiciones no son muy épicas, ni acaso muy antiguas, no precisamente por el cambio de la espada de Roldán en nombre de un héroe (que ya estaba hecho en la canción de Reinaldos o de los hijos de Aymón, donde se habla de « Durendal l'amiré »), sino por el sentimentalismo galante, que es más propio del ciclo bretón o de los libros de caballerías compuestos en España a su imagen y semejanza, que de las rudas narraciones carolingias (M. Menéndez y Pelayo, en: Obras completas de Menéndez Pelayo. Biblioteca virtual de polígrafos. Capítulo XL. Romances. http://www.larramendi.es/i18n/corpus/unidad.do?idCorpus=1000&idUnidad=100395&posicion=1)

(3): Diez años vivió Belerma/ con el corazón difunto/ que le dejó en testamento /aquel francés boquirrubio /  Contenta vivió con él, /  aunque a mí me dijo alguno / que viviera más contenta /  con trecientas mil de juro. /  A verla vino doña Alda, /  viuda del conde Rodulfo, /    conde que fue en Normandía (…) (comezo dun romance burlesco de Góngora, datado en 1582). En Lope de Vega aparece un personaxe chamado Belerma na comedia El casamiento en la muerte (1604) de Lope de Vega. E con posterioridade aínda se publicou unha comedia burlesca, El amor más verdadero (Durandarte y Belerma) (Madrid, 1679), dun tal «Mosén Doctor Guillén Pierres».