Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Club de lectura. Amosar todas as publicacións

xoves, 20 de outubro de 2016

CLUB DE LECTURA



CLUB DE LECTURA

BENVIDA. ALBINO

Aquí estamos un ano máis. Encetamos coas rapazas do club de lectura dos venres unha nova andaina. No outono do 2016. Teño que traerlles noces e quizais facer unha paréntese para ler con elas aquel relato delibesiano meu favorito que fala do Nilo pai, do fillo e das nogueiras cos froitos que cucaban... A falta de noces, é o chocolate o que serve para darlles a benvida. Tamén as agasallo cun par de libriños, dos que van quedando polo departamento de celebracións xa pasadas. Un publicado pola Real Academia Galega; o outro publicado polo noso equipo de Normalización Lingüística (así se chamaba hai anos). Escollen elas mesmas un par de poemas e vanos lendo. Comentamos dos arcanos, dos vellos símbolos que seguen o vieiro de Pero Meogo: a auga, o cervo, o brial... Antes de que cada rato fose ao seu burato (léase ás aulas correspondentes) decidimos que o primeiro libro de lectura do club será Os vellos non deben de namorarse.

 (Benvida ás rapazas do Club de Lectura dos venres, curso 016-7)


 




Con ese cartafol na man, relembro logo algo do vivido no Instituto no ano 1999. Acabara eu as clases e dispoñíame a saír, e ao pasar por diante do salón de actos vin un home alleo ao centro que procuraba algo, como perdido. Achegueime por se podía valerlle e díxome que era un visitante de paso pola cidade, que viña da Arxentina, que lle parecera atractivo o edificio... Eu daquela ofrecinme a mostrarlle o noso paraninfo-salón de actos e xuntos fomos vendo isto e aquilo, os bustos dos mecenas, as cristaleiras e pinturas dos teitos, os mapas nas paredes dos corredores... El preguntábame cousas do meu traballo, sobre todo ao saber que era profesora de galego,  e como eu non son parca en dar datos, seguiu querendo saber se os rapaces da cidade respondían ao ensino en galego, se eu falaba en galego cos meus fillos... Víase moi amigo do noso idioma e da nosa cultura. Debimos estarmos xuntos parolando unha hora. Despediuse logo amablemente e intercambiamos os nosos nomes. El chamábase Albino. Ah!, eu saquei do bolso un exemplar que levaba do Cartafol de Poesía (por iso volve agora Albino á miña memoria, que a terra che sexa leve, carísimo!) e deillo: aceptouno con sumo gusto. Tempo despois chegou para min ao Instituto un paquete inesperado. Dentro viña unha mostra de agradecemento de Albino. Era un artista agradecido. 

 (Retrato tomado da Internet do xilógrafo Albino Fernández, nado na Habana, de pais galegos, nacionalizado arxentino; foi amigo íntimo de Luís Seoane; ide á wikipedia para saber máis del)

 (Imaxe tomada da Internet da xilografía de Albino F. titulada "Canto de paz, amor e esperanza": un exemplar desta obra foi a destinada para agasallarnos)


(Texto da dedicatoria fermosa de Albino Fernández: "Canto de paz, amor y esperanza" xilografía. María Rosario Soto Arias, que mi canto sea una realidad y sigan trasmitiendo a los jóvenes el amor por la lengua gallega. Con mi cariño para ti y tu esposo. Albino 29-11-1999)

venres, 1 de xullo de 2016

CLUB DE LECTURA

CLUB DE LECTURA. CURSO 2015-6. 

SELECCIÓN DE FOTOS

(Outono: lemos a Miguel Torga; tamén na horta do grande iberista había unha nogueira)

 (Outono: cos membros máis pequenos ese día lemos contos populares rusos)

 (Ese día recibimos a visita da profesora Ana Rey; este terceiro grupo só durou un trimestre; traballabamos coa mitoloxía esa semana)

 (Co grupo dos "cazatesouros", chocolatada de Nadal)

 (Co entusiasta grupo dos de primeiro da ESO, celebración do Nadal)

(Varios membros do Club rodean ao escritor Francisco Castro, tras oílo e participar activamente na rolda de comentarios)

(Escoitando a Santiago Lopo na súa visita ao centro; vemos claramente a Óscar, do grupo dos "cazatesouros")
 (Maratón de Lectura Solidario, febreiro: foron das primeiras en chegar, aí as vemos, na espera: logo participarían activamente, lendo)
(María Vázquez practica a peza que tocará na XI edición do noso certame literario de marzo, "Rita Suárez Amado"; outros membros do Club axudarán como azafatos e vendedores do prato conmemorativo do 125 aniversario do Instituto; o caso é participar)

(Visitamos no inverno as ruínas aparecidas na rúa Durán Loriga, rúa que se abriu en 1920. Dubidaban os expertos se serían valados de vellas casas ou restos dun baluarte das murallas coruñesas que delimitaban a Pescadería, ocupando o espazo da actual rúa Xoana de Vega; na foto vemos unha das guías-arqueóloga que nos ilustrou amplamente sobre o tema) 


(Visitamos o Caramanchón, resto da muralla que atravesaba desde a Batería de Salvas -actual Rosaleda- ata este punto exacto; lemos e comentamos os ricos carteis informativos; nunca nos fartamos de experimentar abraio polos cambios sufridos pola nosa amada cidade, non sempre foron cambios para ben...)

(Abril: co gallo do día do libro facemos festa no Instituto; Picasso é un motivo nuclear)


(Festa do Día das Letras Galegas: distribuímos entre os membros do Club de Lectura os libros con que nos agasallou a Fundación Barrié, a quen amosamos aquí e agora o noso agradecemento pola súa contribución sempre xenerosa)

(Selfi despedida Club de Lectura)

(Na festa do 22 de xuño, festa conmemorativa dos 125 anos de 'Instituto da Guarda').

xoves, 9 de xuño de 2016

Claudia González Caparrós: Si la carne es hierba (Sully Morland)




CARTA A SULLY MORLAND


Moi estimada Sully: vin lendo no bus Si la carne es hierba (Sully Morland), desde a librería Berbiriana até a casa e foi moi pracenteira esa lectura, pasando a ollada desde os teus versos ás rúas e paseantes da cidade, en soidade. Unha dobre viaxe, unha viaxe multiplicada.

Desde o inicio déixeime levar pola claridade e fondura dos teus poemas e fun un partícipe máis dese “diálogo interior” que se desenvolve ao longo de todo o poemario, como un río claro e mesmo turbulento en certos treitos, mais sempre sen chegar ao rebordamento, á incontinencia e o estéril testimonialismo, tan pouco pudoroso en tantos autores. Agradoume moito esa contención, ese verso claro, ese aire que fai tan transparente o libro e o pensamento. Esa antítese entre a quietude e o fluír, esa loita pola permanencia perante a degradación, o anceio de procura de áncoras contra o tempo e de construirnos, o romper con tantos cárceres do corpo e das palabras. O desexo de escisión e de elevación, de renacemento e vivir  pleno, como o dunha crisálida que quere nacer bolboreta, ou serpe que non dá mudado de pel e desespera caladamente no silenzo da súa insoportable levidade, da súa fraxilidade. Todo ese anceio vaise desenvolvendo como unha espiral. É un pensamento envolvente, circular ao tempo que ascendente, no que sen chegarmos a ver a luz, ese corpo convertido definitivamente en mariposa, en pel nova de serpe, sí que nos conduce cara ao azul. Todo o poemario, un espazo de ascese e revelación. Como unha danza de derviche.
 

Cando abro as follas do libro, en calquera momento do día, sempre admiro a túa palabra núa, o seu brillo, e todo o pouso poético que te vai impregnando, sen caer nunca na imitación nin na vacuidade. En definitiva, admírame a túa madurez. O teu sentir lúcido e mesmo doloroso ou ben sosegado, pero sempre elevado.
 

Agardo que axiña dea de novo en voar esa mariposa que levas dentro e que poidamos contemplar as súas cores, a súa fraxilidade e a súa fortaleza. Tanta delicadeza.
 

Recordos e parabéns para Claudia. X.P.M


Claudia González Caparrós (A Coruña, 1993) foi alumna do instituto e colaboradora da revista Alén da Chuvia desde un principio. Ten gañado en distintas edicións diversos premios no certame literario Rita Suárez Amado e actualmente está graduada en Estudos Literarios pola Universidade de Barcelona. Despois de ter realizado un curso de Eramus en París, reside actualmente en Madrid. No ano 2015 recibiu un importantísimo galardon: un accésit no Premio de Poesía Xoven Pablo García Baena, un certame de ámbito nacional. Agora aparece publicado o seu primeiro libro: Si el cuerpo es hierba (Sully Morland), que recolle o poemario premiado. Parabéns!

(Textos de Xosé P. Mondelo, edición de Mario S. García)

domingo, 20 de decembro de 2015

CLUB DE LECTURA



CLUB DE LECTURA

 (As catro rapazas do Club de Lectura dos xoves, todas de 2º da ESO, arredor de Ana, a profesora de Lingua castelá que ese día nos honrara coa súa presenza)
 
As rapazas, todas boas lectoras, do Club de Lectura dos xoves –as derradeiras en entrar a formar parte dun club baixo a miña éxida-, leron o cómic de Miguelanxo Prado A casa dos Pampín.

-E que? Gustouvos?

Uxía: -Gustoume, si. Ten así un aspecto crítico... Un pouco sobre a sociedade de consumo...

Michelle: -Adianto unha conclusión: “As herdanzas sempre dan problemas”.

Son alumnas moi reflexivas. Falamos un pouco sobre o tema principal do libro. Unha delas dinos que o apelido Pampín está na súa familia; teno unha avoa súa, do lugar da Bandeira, próximo a Silleda (Pontevedra). Eu sei do pimpín, o nome dunha bonita ave, pero non creo que teña nada que ver. Como antropónimo, máis ben relacionaría este Pampín coa vella Pampilona, con nomes coma Pomponio ou topónimos coma Pompeia, incluso. Hai que mirar no libro de Nicandro Ares.

 (Imaxe final do cómic. Unha das rapazas do Club identifica perfectamente o noso Instituto)

Logo falamos dos personaxes, comentan que a muller lles resultou graciosa, quizais pola situación que vive. Di Michelle que o home quere sacar o máximo proveito pero que ás veces é un inocente ou un parvo.

 (Presenza da Coruña na obra: estadio de Riazor)

Interrógolles sobre os valores etnográficos: no libro fálase dun castro... Relembran perfectamente que o home da Xunta dilles aos protagonistas que se esperan encontrar tesouros, van dados. Como moito atoparán un anaco de cerámica. Entón vénme á mente o relato de Delibes (“El tesoro”), pequena peza case mestra, sobre castros e cobizas e outros vicios tan humanos e recoméndolles a súa lectura.
Falamos daquela do contexto:

-Que cidade pensades que aparece reflictida?

Non se fixaran. Cando se decatan de que aparece Coruña debuxada, quero que me digan por que Miguelanxo a escollería. Non caían na conta de que o autor é coruñés: nacido e criado nos Mallos, dígolles.

 (A Coruña na obra: o vello Garás? Sería a actual av. de Linares Rivas)
 
[O que non lles dixen, pero dígovolo eu a todos vós agora, é que o ano pasado, prevendo que podiamos ler esta súa obra –hai exemplares largos na nosa Biblioteca- puxémonos desde o Club de Lectura en contacto co autor e este confesounos dous pequenos segredos: un, que o nome Pampín viñéralle por un sistema de Corte e Confección que noutrora fora moi publicitado entre nós, aquí na Coruña, e segundo pequeno segredo: que a casa da portada do cómic relembraba un pouquichiño a súa propia casa, a fermosa casa estiño Mariñas do lugar con nome de bosque celta sagrado onde Miguelanxo vive cos seus].



domingo, 4 de outubro de 2015

CLUB DE LECTURA



CLUB DE LECTURA. 29 DE SETEMBRO




Este martes 29 celebramos a segunda reunión do Club de Lectura deste curso 2015-16. Levamos noces da nova anada. Era o día de san Miguel e fixemos balance dos escritores (poetas, novelistas, novelistas gráficos) que levan ou levaron ese nome. Decidimos que san Miguel é un santo moi literario: Miguel de Cervantes, Miguel de Montaigne, Miguel Ángel Asturias, Miguel de Unamuno, Miguel González-Garcés, Miguel Delibes, Miguel Torga, Miguel Hernández, Miguel Anxo Fernán Vello, Miguel Mato, Miguelanxo Prado... Mentres xantabamos as noces unha servidora relembrou en voz alta unha páxina fermosa da súa vida: cando eran as vacas gordas e a Administración nos agasallaba con viaxes literarias... Unha vez fomos subvencionados nun itinerario espléndido pola vella Galicia Bracarense, e fomos dar á casa humilde en Tras-Os-Montes do iberista Miguel Torga (e logo continuamos na rexión do Alto Douro á busca daquel epicúreo cocido na quinta de Eça...) e aló, no adro da casa-santuario do Torga, mentres unha sabia doutora da Universidade portuguesa nos ilustraba, nós comungabamos con riquísimas noces do eido, da horta do escritor... Torga e Hernández son os de orixe máis humilde da ilustre restra de Migueis literarios. Outros son fidalgos, burgueses ricos, fillos de burgueses... Pero todos igualados pola arte literaria: grande igualadora.
Pedinlles unha pequena contribución de textos da autoría dun Miguel. Lucía –fiel ao través dos anos- e Pablo –novo no Club-, foron os únicos en acordarse. E coincidiron na escolla!



 ::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


Por los campos luchados se extienden los heridos.
Y de aquella extensión de cuerpos luchadores
salta un trigal de chorros calientes, extendidos
en roncos surtidores.

La sangre llueve siempre boca arriba, hacia el cielo.
Y las heridas suenan, igual que caracolas,
cuando hay en las heridas celeridad de vuelo,
esencia de las olas.

La sangre huele a mar, sabe a mar y a bodega.
La bodega del mar, del vino bravo, estalla
allí donde el herido palpitante se anega,
y florece, y se halla.

Herido estoy, miradme: necesito más vidas.
La que contengo es poca para el gran cometido
de sangre que quisiera perder por las heridas.
Decid quién no fue herido.

Mi vida es una herida de juventud dichosa.
¡Ay de quien no esté herido, de quien jamás se siente
herido por la vida, ni en la vida reposa
herido alegremente!

Si hasta a los hospitales se va con alegría,
se convierten en huertos de heridas entreabiertas,
de adelfos florecidos ante la cirugía.
de ensangrentadas puertas.

(Texto de Miguel Hernández. A elección é de Pablo Solleiro Sánchez, membro do Club de Lectura)

::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::::


As "Nanas da cebola"

 

 





Miguel Hernández e Josefina Manresa tiveron dous fillos. O primeiro, Manuel Ramón, naceu en 1937 e morreu aos poucos meses. A el dedicoulle o poeta, entre outros, o seu poema “Fillo da luz e da sombra”. O seu segundo fillo, Manuel Miguel, nace en 1939, pouco antes de que Franco declare terminada a guerra e Miguel Hernández sexa apresado tras tentar fuxir a Portugal.  No cárcere, e como reflicten os poemas do Cancionero e romancero de ausencias, debatese entre a impotencia, a desesperación e a ilusión, aínda que sexa dolorosa, o recordo da súa pequena familia, que sofre fóra a
dureza e a pobreza dos primeiros anos da Posguerra.

Cando Josefina mándalle esta foto do pequeno con sete meses, escribe Miguel:
"Non pasa un momento sen que o mire e ríame, por moi serio que me atope, vendo esa risa tan fermosa que lle sae diante dos cortinones e encima do catafalco ese en que está sentado. Esa risa súa é a miña mellor compañía aquí e canto máis a miro máis encontro que se parece á túa. E os ollos, e as cellas e a cara enteira. Este fillo noso, por quen non debes perder o ánimo e a confianza nesta vida, é máis teu que meu.


                                                          


O outro era máis meu..."E cando Josefina escríbelle contándolle que só pode alimentarse con pan e cebola (facendo trágicamente realidade a frase aquela de  "contigo pan e cebola"), din que Miguel "permaneceu recluído, cunha gran depresión, nos dormitorios, sen saír ao patio da prisión. Despois de dous días de "autoreclusión", apareceu no patio e recitou de memoria este poema aos seus compañeiros...". O poema, que logo enviaría á súa muller, son as súas "Nanas da cebola"", segundo Concha Zardoya, "as máis tráxicas cancións de berce de toda a poesía española". Porque era difícil pensar que unhas cancións de berce puidesen chegar a ser tan tráxicas.en toda a poesía latexa, á beira da dor polo cárcere, e a soidade, e a ausencia, e a miseria, e a fame, esa alegría que rodea inevitablemente a evocación dun neno, do seu neno, que era para Miguel o único futuro posible, a única esperanza, a única alegría, a única liberdade, a única vitoria entre tanta, e tan amarga, derrota.E todo no mesmo poema, que, ademais de ser un testemuño vivo da traxedia e as dores da guerra.



                                    LAS NANAS DE LA CEBOLLA


La cebolla es escarcha 
cerrada y pobre. 
Escarcha de tus días 
y de mis noches. 
Hambre y cebolla, 
hielo negro y escarcha 
grande y redonda. 
. 
En la cuna del hambre 
mi niño estaba. 
Con sangre de cebolla 
se amamantaba. 
Pero tu sangre, 
escarchada de azúcar, 
cebolla y hambre. 
. 
Una mujer morena 
resuelta en luna 
se derrama hilo a hilo 
sobre la cuna. 
Ríete, niño, 
que te traigo la luna 
cuando es preciso. 
. 
Alondra de mi casa, 
ríete mucho. 
Es tu risa en tus ojos 
la luz del mundo. 
Ríete tanto 
que mi alma al oírte 
bata el espacio. 
. 
Tu risa me hace libre, 
me pone alas. 
Soledades me quita, 
cárcel me arranca. 
Boca que vuela, 
corazón que en tus labios 
relampaguea. 
. 
Es tu risa la espada 
más victoriosa, 
vencedor de las flores 
y las alondras 
Rival del sol. 
Porvenir de mis huesos 
y de mi amor. 
La carne aleteante, 
súbito el párpado, 
el vivir como nunca 
coloreado. 
¡Cuánto jilguero 
se remonta, aletea, 
desde tu cuerpo! 
. 
Desperté de ser niño: 
nunca despiertes. 
Triste llevo la boca: 
ríete siempre. 
Siempre en la cuna, 
defendiendo la risa 
pluma por pluma. 
. 
Ser de vuelo tan lato, 
tan extendido, 
que tu carne es el cielo 
recién nacido. 
¡Si yo pudiera 
remontarme al origen 
de tu carrera! 
. 
Al octavo mes ríes 
con cinco azahares. 
Con cinco diminutas 
ferocidades. 
Con cinco dientes 
como cinco jazmines 
adolescentes. 
. 
Frontera de los besos 
serán mañana, 
cuando en la dentadura 
sientas un arma. 
Sientas un fuego 
correr dientes abajo 
buscando el centro. 
. 
Vuela niño en la doble 
luna del pecho: 
él, triste de cebolla, 
tú, satisfecho. 
No te derrumbes. 
No sepas lo que pasa ni 
lo que ocurre. 
.
(Texto poético de Miguel Hernández. Texto en prosa e selección do poema a cargo de Lucía Blanco Miguéns).