Bernardino Graña: O mar
na poesía galega
 |
(Todas as imaxes están tiradas do libro publicado no ano 2003 polo equipo de Normalización Lingüística do noso Instituto, nunha edición coordinada polo profesor Xulio Cuba. Esta foto, en concreto, é da autoría de Xurxo Lobato)
|
(Introdución: Co
gallo do pasamento do poeta Bernardino Graña –que a terra lle sexa leve!-
traémosvos o texto dunha súa conferencia impartida no noso Instituto durante o
curso 2002-2003. Foran nove as conferencias pronunciadas nese tempo,
conferencias que logo se publicaron nun libro titulado Nós. Presencia da Coruña. A publicación, sen ánimo de lucro, correu
a cargo do Equipo de Normalización
Lingüística do Instituto Eusebio da Guarda, cuxo xefe –e coordinador da
edición- era o profesor Xulio Cuba Orosa)
“Queridos amigos todos, directivos
e profesores da institución do Eusebio da Guarda, querido compañeiro e profesor
Xulio Cuba, queridos alumnos, é para min unha alegría grande, e unha
responsabilidade grande tamén, falarvos despois desta presentación tan
encomiástica e esaxerada pola calor do entusiasmo que sempre ten o voso
profesor pola literatura e polos poetas.
Non me considero nada máis que
un loitador, un
traballador máis das letras. E un afortunado tamén, en varios sentidos.
En primeiro lugar, por estar aquí hoxe (non é a primeira vez que falo e recito neste precioso salón do Eusebio da
Guarda). Pero, por outra parte, considérome en moilos aspectos afortunado
por poder estar en Galicia, e ser galego, e ter público
galego, tanto pola lectura como pola escoita, pola audiencia de
hoxe. E afortunado por moitísimas cousas que sería longo detallar, que terei
que detallar nalgún libro ou libros, se é que aínda me dá tempo a facelos.
Cumprín nestes días setenta anos, pero a verdade é, penso eu, que me
quedan moitas cousas que contar, e a maior parte delas non son desgraciadas
(porque estas se esquecen, por sorte,
tratamos de esq uecelas para seguir adiante), senón que
son positivas. Hoxe é positivo estar san (despois dun catarro que pasei estes
días, despois dunha viaxe un pouco dura a Barcelona). E poder
volver a falar en público, pois para min é outra das venturas; e falar do mar
e da
poesía, ¿que mellor cousa?; e
falarlle á xente nova, ¿que mellor
cousa?, rodeado de xente preparada, ben formada, agradable como a que
teño aquí acarón.
A poesía galega é unha mostra
máis das múltiples riquezas de Galicia. Porque sabedes que Galicia é un país
riquísimo, con xente pobre, sobre todo pobre aquí, con pouca formación para
saber explotar as minas, as vetas marabillosas que posuímos. Galicia ten poetas
extraordinarios desde o século XII e XIII, e referencias preciosas ao mar, que
non imos detallar agora porque están nos libros. Máis ben veño a citar de
pasada algúns nomes e, modestia á parte, citarme a min mesmo.
(llla de San Simón)
Non debemos esquecer ao Mendinho, que se chama
así, nada máis que Mendinho. ¡Que
nome tan humilde! Probablemente pode significar un mendigo ou un Mendo, que era
un nome (de aí o ape- lido Méndez), e admitiría que se lle chamase
así, con ese nome ou alcume. En Galicia somos coñecidos polos nomes propios e
apelidos, pero tamén polos alcumes. Eu
en Cangas son Bernardino ou Dinito, o fillo de don Bernardino ou da Sola,
porque unha avoa miña tecía e cataltaba redes, tiña catro fillos, entre eles o
meu pai, e que- dou viúva do seu marido mariñeiro. Eu son o Dino, neto da Sola.
Os alcumes, digo, son importantes, e Mendiño
pode ser un
alcume, pero é un dos máis grandes poetas da literatura universal, e cun
só poema. Porque nos Cancioneiros os copistas tiveron máis coidado de recoller
os versos dos reis e dos fidalgos, da xente nobre (non ter fidalguía, non ter sangue
azul, influía na valoración crítica, poética). Mendiño figura cun só poema,
pero, amigos, ¡que poema! Xa o sabedes:
Sedíam' eu na ermida de San Simón,
cercáronme ias ondas que grandes son,
eu atendend' o meu amigo...
Un poema extraordinario, onde vai
medrando o mar, vai subindo a marea, ou a maré como din en Cangas, e a moza que
agarda ao amigo vai sentindo que o mar cada vez é máis alto, máis amedrentador,
e ela vai morrer fermosa no mar maior. ¡Que poemazo ese poemiña! Expresa non só
o mar que vai medrando cando vén a noite, senón a anguria humana de estar só. O
mar era testemuña nas cantigas de amigo, era confidente. A moza namorada procuraba
expresar o seu namoramento a unha amiga, a unha irmá, a súa nai e, ás veces, se
non tiña a quen contarllo, contáballo ao mar.
Eu quero que agora mesmo
repasedes os conceptos que tedes da vida na idade media, a través da literatura
que se vos inculcou. A min polo menos, no bacharelato, inculcáranme que a idade
media era unha idade escura entre o clasicismo e o renacemento, unha idade ruín
en que a vida era tamén ruín, un val de bágoas. Só había a esperanza de que nos
levase un anxo ou a Virxe para o ceo e nos dera outro vivir mellor. A vida
nesta terra era horrible, un choro continuo, moita miseria. Inculcáronme iso.
Probablemente vós tamén teñades unha idea así a través da literatura castelá,
pero se ledes a nosa literatura galega medieval ídesvos atopar con que se enfoca
a vida e o mar non sempre como algo escuro, terrible ou ameazador, senón tamén como confidente
ou amigo, e como base incluso de goce, de disfrute, de deleite
e de pracer.
Martín Códax,
xogral da ría de Vigo, contemporáneo máis ou menos de Mendinho, ten varios poemas nos que o maré confidente e un lugar
onde se vai gozar. A namorada fala con esperanza positiva do seu amigo:
e bañarnos hemos nas
ondas.
(Debuxo de Urbano Lugrís)
O mar está aí e admite un
contacto pracenteiro: bañarse (¡que delicia!) nas ondas (¡aínda mellor,se hai
ondas!). Iso é algo que está agardando unha lectura sempre. Convídovos a que
leades varias veces os versos de Martín Códax de Vigo e vexades como ese mar maior, alto mar ou mar levado (mar bravo), en certos
momentos se converte nun mar amigo, un mar de pracer.
(Ermida de Nosa Señora da Lanzada. Sanxenxo, Pontevedra).
Outro poeta da ría de Vigo é Johán de
Cangas, de Cangas
do Morrazo probablemente. Sabemos que en Galicia hai
varios Cangas, pero este debe ser de alí porque toda a zona era emporio
poético e porque, ademais, nas tres
cantigas que del
conservamos fala insistentemente dunha romaría que
hai no concello de
Cangas, a de San Mamede, popularmente tamén coñecida como de Sanamedio.
Nun deses poemas Johán de Cangas pon en boca dunha muller a ansia de amor
dicindo que espera ir á romaría e alí encontrar ao seu amigo e, cando o
encontre, falar con el na beira do mar:
meu amigo con que quixera falar,
a mui gran sabor, nas ribeiras do mar.
Todo iso que dicíamos antes: un
pracer, deleite, o mar como lugar axeitadísimo para o amor. Non o
mar do poeta castelán Jorge Manrique: Nuestras
vidas son los
ríos que van
a dar en
la mar que es el morir. Non ese mar de morrer,
non ese mar que impón
terror. Todo o contrario: mar amigo, mar pracer, mar confidente.
¡Que ben leu a Martín Códax unha gran poeta, duns oitenta anos, que conserva
a súa fermosura de corpo
e de alma, Luz Pozo Garza! Ten varios poemas inspirados en Martín Códax.
Xa no seu libro primeirizo, Opaxaro
na boca, e en Concerto de outono, ten
esas referencias a Martín Códax e a
outros poetas medievais corno Nuno
Fernández Torneol , que di:
tódalas aves do mundo de amor dicían
leda m' and' eu
(Luz Pozo Garza)
Alegre ando eu. É un rnedievo moi
diferente do castelán;
non é un val de bágoas, ten a
cara alegre. Tamén o recolle Luz Pozo nun poema que se titula "En Vigo, no
sagrado":
En Vigo no sagrado navegar da badía
as ondas non me furten o amor en Vigo
navegar mar maior no segredo tería
que chorar na friaxe da ausencia polo amigo.
[. ..]
Este é un dos poemas da nosa
admirada poeta que naceu en Ribadeo no 1922, estudiou Música (a musicalidade
nótase na súa poesía), Maxisterio, Filosofia e Letras. Hoxe é catedrálica
xubilada de Literatura e académica na Real Academia Galega.
Álvaro Cunqueiro ten un sentimento do mar parecido, con fantasía,
con sereas, con dozura. Hai uns versos do
rei poeta Don Dinís de Portugal onde o refrán ou estribillo é:
alba é vai liero.

Arnence, xa é a alba, vai lixeiro. Cunqueiro rouba poeti-
carnente, porque en literatura está permitido o
roubo, incluso acompañado de
certo 'asasinato', pero
sempre que se lle dea unha nova
vida ao roubado.
Os xornalistas que non saben moito
de literatura ás
veces sacan a relucir,
crendo facer sensacionalismo, que tal
poeta ou novelista roubou a tal outro. Iso
é totalmente normal
e sempre se fixo dende que existe
literatura, e é totalmente recomendable ler atentamente e ter un mestre a quen
roubar, a quen querer superar incluso, facelo esquecer. O gran novelista
Horacio Quiroga ten un decálogo do perfecto escritor no que di como primeiro
mandamento: Ter un mestre e non avergoñarse de telo. Hai que ler, hai
que reler e hai que reescribir o que
se atopou escrito, escribilo
doutra maneira. Hai tantísimas obras que son reescrituras ou, utilizando unha
palabra vulgar, refrito, que non ten que soar
mal facer iso. E Cunqueiro roubou
moitísimo da literatura galega medieval; nun
dos poemas do
libro Cantiga nova que
se chama ribeira (de
novo a relación coa ribeira do
mar) di:
Ven e verás como soñan na mar
os laranxas e as illas, si a serea cantar.
Alba é, vai liero!

Unha das grandes sortes que eu
tiven na miña vida (empecei falando diso) foi ser amigo de Álvaro Cunqueiro e
de 'Xosé María Castroviejo. Andaban xuntos os dous moitas veces. Nunha ocasión
tiven a enorme fortuna de estar
canda eles en
Cangas do Morrazo, a tomar tazas e subir cara a Tirán á
noitiña. En Tirán aínda está alí a casa
de Xosé María Castroviejo. A min
influíron- me moitísimo este par de escritores. O meu tipo de pel
determinou que a min me caía ben non afeitarme e deixarme barba, empecei a
deixar barba e entón en Cangas empezaron a chamarme Castronuevo. A miña nai non lle gustaba pero a min sentábame
bastante ben, incluso non me ardía tanto a pel ao afeitarme. Lin con moita
atención a Cunqueiro e a Castroviejo. Os dous están mortos pero eu síntoos como
amigos e moi cercanos. Dáse o caso de que hoxendía teño casa propia no camiño que popularmente se chama Camiño do
Cuco, que une Cangas con
Moaña, na zona de Tirán,
que é a primeira parroquia
de Moaña e,
como digo, onde está Castroviejo; e a
avenida que é o meu enderezo hoxeendía ten o nome de José María
Castroviejo. Así que

Ilustracións de Luís Seoane para Mar ao norde e Cantiga
Nova que se chama riveira de Álvaro
Cunqueiro.
Castronuevo vive en Xosé Mª
Castroviejo. Entre os poemas que escribiu Xosé Mª Castroviejo hai un que se
titula "Mar do Gran Sol". El foi ao Gran Sol nun barco de pesca de Cangas.
Tivo esa gallardía, ese detalle tan valente, tan nobre, tan de cordialidade,
de humanismo, de convivir cos mariñeiros de Cangas. Fixo versos a bordo dese
barco, e prosas tamén. Ten varios libros nos que saen personaxes de Cangas cos seus alcumes. Ten un
"Romance do mar en Balea" que para min é entrañable por varios
motivos, porque Balea é unha parte de Cangas a pouca distancia do
(Xosé María Castroviejo e Álvaro Cunqueiro)
centro, unha zona de mariñeiros,
e alí era mariñeiro o meu querido tío Emilio, do que aprendín moitísimo. O
vocabulario que eu uso en Profecía do mar
e noutros libros débollo fundamentalmente ao tío Emilio; o que sei do mar, das
ondas, das gaivotas, dos corvos de mar, dos mascatos, das estrelas ... ,
débollo ao meu tío Emilio. Era un
mariñeiro de Balea, como este que aparece no poema de Castroviejo do
seu libro Tempo de outono e outros poemas:
Mar antigo de Balea
berra cantares de bronce
que deixan un sabor forte,
gris, atlántico e salobre.
Barca mariñeira
entra
de arribada,
airosa a proa,
o patrón moi vello,
a vela mollada
(Ternura de porto
vendima de bágoas). [. ..]
(Aplausos). Ben, Xosé Mª Castroviejo roubou
poeticamente. ¿En quen? En Manuel Antonio, con todos os respeclos. Hai
poemas que se ve claramente que son á maneira de Manuel Anlonio, e calquera
lector intelixente o sabe e non pasa
nada, ao contrario.
Manuel Antonio naceu
en 1900 e morreu en
1930 cando aínda non cumprira os
30 anos. É un dos poetas que se embarcaron (porque hai poucos poetas que teñan
pisado barcos, como Castroviejo). Manuel Antonio morreu sendo piloto da mariña.
Ten preciosos poemas (non imos ler máis que unhas mostras breves); nun deles titulado "Adeus"
(Castroviejo ten na súa novela La burla
negra un adeus parecido) di así Manuel Antonio:
... alguén que chora dentro de
min
por aquel outro eu
que se vai no veleiro
pra sempre
coma un morto
co peso eterno de tódolos adeuses.
¡Que impresionante esta despedida de ver un barco
que marcha co peso eterno de
todos os adeuses! Este libro titúlase
De
catro a catro, porque eran
os turnos de
garda, de noite:
se eran tres a facer a garda, por exemplo, a un podíalle
tocar ás 4 da tarde ata as 8 do anoitecer e despois tocarlle ás 4 da mañá,
podía ser que tivese que esperar catro horas a facer o turno, a quenda. Hai un
poema impresionante neste libro que se titula "SÓS":
Fomos ficando sos
o Mar o barco e mais nós
Roubáronnos o Sol
O paquebote esmaltado
que cosía con liñas de fume
áxiles cadros sin marco [. ..]
Quérovos comunicar hoxe que aquí
na Coruña naceu e morreu o poeta Miguel
González Garcés, arquiveiro, bibliotecario, autor de varios fermosos
libros, moi esquecido. Na
escolma de poesía
galega, O mar na poesía galega, de Maximino Cacheiro, figura un
poema inédito de Garcés, longo, precioso, "Poema ao meu mar":
Quixera, eu ben quixera que tivese o meu
verso
a sombra suave do ceo borrallento
no mare,
a verde clara luz do piñeiral solemne,
a claridade maina dos fieitos nas ribeiras
do Mero.[. ..]
É un canto precioso. Convídovos a que
o procuredes na escolma de Maximino Cacheiro publicada por Ediciós do
Castro en 1985.
Paso rapidamente a un detalle que
tampouco é moi tratado. Volvendo ao medievo, non esquezamos que na literatura
galega medieval temos a Afonso X o Sabio,
rei de Castela. É o autor das Cantigas de
Santa María, unhas 427 composicións de milagres (narracións en verso), loores
ou louvores, festas de Santa María e unha sección de poemas prólogo ou
presentación de si mesmo e do libro. Nas cantigas de milagres está o mar en
varias delas. Eu teño traducido
ao galego moderno
unha recadádiva de 50 poemas das Cantigas de Santa María. Ai inclúese un
"Milagre de a muller preñe na preamar de San Michel", dunha muller
que dá a luz dentro do mar
protexida polo manto da
Virxe. Non dá
tempo a que o leamos agora, como tampouco estoutro de
"O mariñeiro que inchou",
un relato entre dramático e
cómico, con humor tráxico, dun mariñeiro que vía moita xente que acudía a unha
praia para ver unha balea varada. El ríase, pois estaba farto de ver baleas, e
dicíalles:
-¿Por que en vez de ir ver a balea non vides ao bar a
cantar?
Vía despois que se metían na
igrexa para dar gracias e adorar á Virxe. Entón el bebendo a cachón,
inchou como un baleato. Ao final invoca
a Santa María, desínflase, sálvase e di
bieita amén. Eu tamén digo amén a esta
parte. (Aplausos).
Ben, voume poñer aquí,
equidistante, como se estivésemos no medio do mar. (Bernardino disponse a recitar
os seus propios poemas e trasládase ao medio do público. Recita de memoria, primeiro
nun ton baixo, vai deixando ao público abraiado; o poema, extenso, remata en éxtase):
[...] Un mar pra andarperdido e achar o tino
como noite continua ou pesadelo
onde o corpo ten de ir espido, inxelo.
Principio efin das cousas, mar divino.
(Aplausos). A motivación profunda, principal, do meu libro Profecía do mar é política, recoñecer a
débeda que lle teño ao mar. O
mar é base da economía da xente da costa, e do interior tamén. ¡Que sería das
nosas xentes do interior sen o polbo á feira! ¿Onde iriamos sen as festas e
romarías, todas cunha data concreta? Porque no interior comer polbo é totalmente necesario despois de comer tanto porco durante o inverno, todos os días,
incluso os domingos. O domingo non se descansa, que é o día do cocido. (Risas).
No seu poema, González Garcés repite varias veces
"Galicia é toda mar". O mar penetra en Galicia. Temos 1.660
quilómetros de litoral, dende o Eo ata o Miño. Temos
illas, temos penínsulas, que parecen mesmo aquelas de San
Barandán ou San Borondón, que aparecen e desaparecen. San Amaro din que estivo
nunha desas illas marabillosas e cando volveu xunto dos seus paisanos pasaran trescentos anos. Como naquel conto
que conta en galego Afonso X, de Ero de Armenteira, o frade que quere que a Virxe
lle conceda ver un pouquiño do alén, do máis alá. Despois de
escoilar encantado un paxariño (unha paxariña, di exactamente)
(Miniatura mariña das Cantigas de Santa María)
nas aforas do
convento, volve. "Deben ser horas de comer", pensou. Pero viu todo
moi cambiado, os muros, as árbores moi diferentes ... E os frades
preguntáronlle:
-¿Quen é vostede?
-Eu son Ero, un frade deste convento.
E logo comprenderon que pasaran tamén máis de trescentos
anos. ¡O tempo! Vós, tranquilos: se estades contentos, non pasa nada, non me
pasarei trescentos anos, non.
A miña solidariedade cos mariñeiros non é unha impostura. Eu
aprendín a remar, aprendín a pescar, aprendín os nomes das cousas do mar do meu
tío Emilio, irmán carnal de meu pai.
(Ero de Armenteira nun gravado de Luís Seoane, lmágenes de Galicia (1979))
ODA AOS MARIÑEIROS DE
GANGAS
Polo escuro do mar que
vos contruba
aínda hai peixes de
lus nos seus abrigos,
mariñeiros de Gangas,
meus amigos,
meus irmáns de salitre
e sol e chuva [ ..]
(Aplausos). XULIO CUBA.- O tempo vaise cumprindo, concéntrase ou expándese.
Mesmo hai científicos que din
que non existe o tempo. Hoxe non
sabemos cando vai rematar
este tempo con Bernardino Graña, ou agardamos que nunca remate. Temos
ardentías por todos os lados e Bernardino vainos recitar "O gato da tasca
mariñeira", un dos seus poemas máis celebrados. Hoxe explicounos que
familiarmente ten moito que
ver el con
tascas porque se criou nunha
tenda taberna. Atendede a este poema ben
simpático, que tendes hoxe o luxo de oílo na propia voz do seu autor.
O GATO DA TASCA
MARIÑEIRA
Aquí non hai silencio porque hai homes
falan os homes falan
aquí non pasa o vento esa pantasma
os homes falan falan
e fórmase outro vento outro rebumbio
unha pantasma feita deste fume
este jfumar
sen tino estas
palabras
e pasa un suave gato que é da casa [ ..]
DESCORDO AOS NOSOS POETAS
Cantares novos de amigo,
Pedro Amigo de Sevilla,
no teu Betanzos con viño,
quixera agora aprender.
Galos poetas, cantade,
Xoán de Requeixo, Mendiño,
El Rei don Denís en Coímbra.
Pero da Ponte, Meogo,
Martín Códax, mar de Vigo,
Paio Gómez, flor de brío,
meu irmán pontevedrés.[ ..]
E xa para rematar, o meu
querido compañeiro de
xeración Antón Avilés de
Taramancos é autor de fermosísimos versos
ao mar. Marchou para América, a Colombia, e alí viviu do
que puido, de cantidade de
ofícios, é toda unha historia. Se
en vez de
ser de preto de Noia, fose de
Manhattan, habería unha película
da súa yjda. Fixo de todo, foi
vendedor de cabezas reducidas dos xíbaros, domador de cabalos, criado dunha embaixada,
masaxista, vendedor de libros, de
herbas, de todo, e taberneiro. A min ensinourne incluso a beber, o tipo de
copa que
había que usar
para cada tipo de viño. Soamente un detalle,
impresionante para min, memoria entrañable e terrible, para que poidades ver o
que podo sentir por Antón Avilés de Taramancos. Marzo de 1992,
noticias de Miguel Anxo Fernán Vello:
-Bernardino, Antón Avilés está moi mal, está no hospital.
Eu non podía ir, o meu fillo
quería nacer. Naceu o 13 de marzo. Por fin, polo 15 ou 16,
en canto puiden,
fun ao Hospital
da Coruña. E vin a Antón Avilés
de Taramancos, moi mal. El díxome:
-¿Naceu o teu fillo, que tanto esperabamos? Eu tamén o
esperaba.
Foi terrible que el non puidese
velo sequera. Marchei e aos poucos días morreu. El viviu sobre as ondas, tivo
parentes mariñeiros, andou de pequeno a xogar nas barcas, viviu o mar
intensamente e, ademais, chamouse e considerouse a si mesmo o Ulises, que andou
polo mar perdido, ata que volveu e morreu.
NA OUTRA BANDA DO MAR
Na outra banda do mar constrúen o navío:
o martelar dos calafates resoa na mañá, e
non saben
que están a construír a torre de cristal da
miña infancia. [...]
X. C.- Para rematar, Bernardino vai ler outro
poema de Antón Avilés de Taramancos, moi breve, e con
isto dámosvos a todos moitas gracias, unha vez máis, pola vosa presencia.
BERNARDINO GRAÑA.- Aproveito tamén para
dicir que eu tamén agradezo a vosa atención.
Miña patria:
Eu son o teu soldado máis forte
a túa lingua é a miña espada
e cando debullo unha canción
cando florece unha palabra
canta
en min o labrego cavador
o emigrante e o poeta
o mariñeiro
o home que amasa o pan e moxe o leite.
¡Non son un home: son un pobo e ninguén me
pode domear!
Moitas gracias”.
(Aplausos). ■
:::::::::::::::::::::::.
ADDENDA:
É moi aconsellable que volvamos
escoitar un par de temas: un da autoría de Suso Vaamonde/Bernardino Graña: Volvín á terra pro perdín o amor (https://www.youtube.com/watch?v=9nSTF_xtF44);
outro da autoría do Grupo Xelria (dos seus tres membros, dous –Mario G. Cortizo
e Federico Mosquera- foron alumnos do
Instituto): o gato da tasca mariñeira (https://www.google.com/search?client=firefox-b-d&q=Gelria+o+gato+da+tasca+mari%C3%B1eira#fpstate=ive&vld=cid:ab6fcd47,vid:LjlO_DLJ0sc,st:0)