GALICIA INMORRENTE
OS ACHÁDIGOS
 |
(Foto tirada de Internet)
|
Este día, aí atrás, vendo un capítulo dunha serie nórdica, Fjällbackamorden ‘Os asasinatos de Fjällbacka’,
titulado O xinete da costa (cada
capítulo adoitaba conxugar dous planos temporais, un no pasado máis ou menos
remoto e outro no presente: neste en concreto o pasado correspondíase co século
XIX e había un home poderoso, unha especie de alguacil do lugar, que se
dedicaba a provocar naufraxios acendendo lume en lugares perigosos para
enriquecerse logo co raqueo ou saqueo
dos predios, mentres que os chamados ‘xinetes da costa’ eran homes de a cabalo
que percorrían a costa intentando evitar que os raqueiros operasen), acordeime, vendo precisamente ese capítulo, do relato
de Emilia Parzo Bazán titulado La
ganadera e acordeime tamén de algo que me contara hai anos Isabel Lorenzo,
profesora de educación física no instituto de moitos de vós e Juan, o seu
esposo.
“Ir aos achádigos”
Eles ían aos achádigos,
especialmente Juan, cando eran rapaces. Coma quen vai na procura dos tesouros…
A nosa querida Isabel é de Ortigueira e Juan recorda ir aos achádigos no
Barqueiro. Pregúntolle que eran e dime que maiormente eran de madeira, pero
recordaba unha vez en Bares, eran restos dunha vaixela… Pregúntolle logo polos
rumores (vox populi) que falan de provocaren algúns habitantes das nosas costas
naufraxios noutrora co lume nos cornos das vacas ou dos bois e dime Juan que
iso era noutrora na Costa da Morte.
Desde aquí dámoslles as grazas a
Juan e a Isabel por relembrar para nós cousas da mocidade. A coruñesa Emilia
Pardo Bazán sitúa a acción da Ganadera
nunha aldea situada nun escarpado, tipo Teixido, no Cantábrico.
É un relato poderoso, fortemente dramático. Os aldeáns son raqueiros
despiadados e parecen posuídos por unha febre infernal, matan incluso o
sacerdote que, coa cruz na man, os exhorta a respectar a vida das vítimas do
naufraxio que eles provocaran. Chama a nosa atención o uso da frase
pardobaciana ir a la ganadera,
paralela á dos achádigos, paralela (baseada, realmente, porque o coñecemento
por parte de Emilia do idioma galego é moi bo) a aqueloutras frases galegas do
tipo ir á aña ‘competiren os
malladores a ver quen golpea máis’, ir á
auga, ir á deluva ‘deluvar’, ir a elas / ir á empincha ‘apostar’, ir á
herba, ir á ramisca /ir ás mozas ‘mocear’, ir á seca ‘mariscar’, ir ao
mar ‘saír a pescar’, ir aos crebazos ‘ir
por gangas no mercado’, ir aos panchos, ir ás
arrasadeiras ‘ir roubar froita ás hortas dos veciños’, ir/andar ás crebas (sinónimo perfecto de ir aos achádigos da Ría de Ortigueira), ir ás minchas etc.

Raqueiros na Costa da Morte?
Un conto é ir aos achádigos, un conto é poder
beneficiarse en maior ou menor grao das cousas que o mar cospe e outro ben
distinto é provocar os naufraxios. Imos procurar simplificar e deixar a un lado
xuízos de valor. Non queremos xulgar porque, entre outros factores, nin somos
xuíces nin descoñecemos as tremendas condicións de vida dos nosos ancestros
noutrora.
Sobre este tema, se houbo ou non
naufraxios provocados na costa galega en xeral e na chamada da Costa da Morte
en particular, tres son os posicionamentos.
1. Hai
quen fala do tema afirmando que si houbo raqueiros mais non achega datos
rigorosos.(1)
2. Hai
quen afirma que todo é unha rumoroloxía. Unha lenda negra que cae sobre a Costa
da Morte sen nada fiable en que basearse. (2)
3. Hai
quen adopta un punto de vista digamos escéptico. Podería ser pero non hai datos
seguros. (3)
A cousa dá que pensar. Cantos
máis datos tes na man, maiores son as dúbidas. Entre os representantes máis
senlleiros do enfoque 2 está J. A. Sánchez García, autor dun artigo
imprescindible para coñecer datos importantes do tema (Jesús Ángel Sánchez
García, “La leyenda de la Costa de la MuerteNaufragios y faros como
desencadenantes para la activación de un patrimonio marítimo”, Semata: Ciencias sociais e humanidades, Nº 25, 2013, páxs. 59-92, dispoñible na rede:
https://revistas.usc.gal/index.php/semata/article/view/1153).
Aí encontramos, por exemplo, o interesante texto de Ulpianus [un xurista de
orixe fenicia que naceu c. 170 a. C.] que nos permite ver a antigüidade do
fenómeno do raqueirismo:
Ne piscatores nocte lumine ostenso
fallant navigantes, quasi in portum aliquem delaturi eoque modo in periculum
naves et qui in iis sunt, deducant, sibique execrandam prae-
dam parent, praesidis provinciae religiosa constantia efficiat.
Vemos que eses actos dos
raqueiros non serían moi frecuentes porque, segundo di o texto citado, había
constante vixilancia por parte da autoridade (como vimos na serie sueca de
Fjällbacka, cos xinetes da costa).
Sánchez amenta tamén as famosas Leis de Oleron
(Roles d’Oleron), promulgadas por
Leonor de Aquitania no s. XII, onde se regula o relativo aos despoxos derivados
dun naufraxio, con ameazas de excomuñón e mais se alude ás duras penas que se
impoñían aos depredadores dos náufragos: mergullábanse no mar ata que estivesen
medio mortos e despois eran lapidados. Tamén nos resulta de interese o texto
lexislativo que o rei Fernando III dá en Tui en 1250:
Et si nave alguna crebare de la garganta del Miño fasta la Barcela, que
ninguno de los de la Villa non pierda ninguna cosa de lo que hy oviere por el
Señor, ò por el Merino de la tierra, ò por algun poderoso; et si en otra parte
del Regno crebase, quel morador de la Villa, dé la quarta parte de quanto hy
oviere à la voz del Rey, et que torne seguro con todo lo al à su Villa, et con
su nave, si haberla podiere...
Vemos nese texto como o rei esixe
unha participación no obtido e vemos tamén a moi probable orixe da frase galega
–que chega aos nosos días- ir ás crebas,
en relación co verbo xa usado na Idade Media, crebare.
Xa antes, en 1168, o rei Fernando
II concede ao porto de Noia á mitra compostelá e recupera o antigo ius naufragii, agora chamado ‘dereito de
creba’ para beneficiar as poboacións da costa cos restos das naves naufragados.
Este dereito de creba, di Sánchez, é moi significativo que se aplicase ao tramo
litoral máis perigosos da costa, entre Faro –antiga Brigantium, hoxe A Coruña-,
ata Padrón, con excepción das naves que chegasen con peregrinos. E engade Jesús
A. Sánchez:
Calificado por E. Ferreira [E. Ferreira Priegue, Galicia
en el comercio marítimo medieval, La Coruña, 1988, p. 488] de “auténtica raquería legal”, aunque
estimulara la rapacidad de las gentes de la costa no cabe en modo alguno identificarlo
con las conductas criminales de quienes supuestamente encendían señales
luminosas para dirigir los barcos hacia los escollos; estas prácticas,
envueltas en leyendas de varios finisterres atlánticos, es cierto que se
recogen y castigan en las Siete Partidas , pero sin que se disponga de noticia
documental alguna que permita certificar que acaecieran en Galicia.
Tamén fala de lenda negra Eduardo Mesa Leiva nun artigo
publicado en prensa no ano 2020: https://www.lavanguardia.com/historiayvida/edad-moderna/20201031/34113/raqueiros-oscura-historia-piratas-gallegos-tierra.html
Coincide Xabier Maceiras
Rodríguez, autor –entre outras obras- dun libro sobre o mar de Arteixo, na opinión sobre o tema dos naufraxios
provocados na Costa da Morte: todo é unha lenda negra.

Se entendemos que o enfoque 3 non
é dogmático pero si deixa aberta a porta ás dúbidas, aí se sitúa unha
servidora. As dúbidas entraron xa na nosa mente cando lemos o relato da
coruñesa, La ganadera. Aínda sabendo
que na súa biblioteca había libros de autores románticos europeos que trataron
o tema cargando os tintes dramáticos, aínda así, non podemos esquecer o
profundo coñecemento que ela tiña da vida durísima dos nosos concidadáns, dos
habitantes das aldeas da costa de Galicia nos séculos pasados, en condicións de
tremenda necesidade e boa dose de desinterese e abandono por parte do Estado;
nin podemos deixar de lado o carácter realista en boa medida da súa obra. Pero
sobre todo, non podemos deixar de pensar nas semellanzas entre seres humanos,
entre modos de vida da cornixa atlántica europea. Admítase, como non, porque
hai abondosos datos obxectivos e históricos, que o pobo galego costeiro foi
xeneroso e sacrificado e acudiu a numerosos naufraxios e salvou moitas vidas.
Admítase que o pobo costeiro sabe ben o que doe unha vida porque moitos son ao
longo dos tempos os seus afogados no mar. Admítase da mesma maneira que non
somos nin peores nin mellores que outros homes e xentes de mar de Irlanda, de
Cornualles, de Inglaterra, da Bretaña francesa… onde houbo probadamente
raqueiros.
Precisamente o profesor Fernando
Alonso Romero ten un ilustrado artigo onde establece unha análise comparativa
dos naufraxios en tres lugares da Europa atlántica: “Historias de naufragios en
tres finisterres europeos: Land's End (Inglaterra), Dingle (Irlanda) y
Finisterre (España)”, Cátedra Jorge Juan. Ciclo de conferencias: Ferrol, curso
1998-1999 / Enrique Casanova Rivas (dir. congr.), 2001. Dispoñible en liña: https://ruc.udc.es/dspace/handle/2183/8959
Aí lemos parágrafos coma este:
 |
(Faro no condado de Kerry)
|
Tamén di, falando do condado de
Kerry, que es muy difícil encontrar
documentación oficial con los nombres de los [raqueiros] responsale o de testigos de los hechos (p. 80). E máis adiante lemos:
“La construcción de todos esos faros no
resultó nada fácil pues se oponían todos los que tradicionalmente se venían
beneficiando con el lucrativo negocio de los naufragios. También se oponían a
la colocación de boyas flotantes con una campana para alertar a los navegantes,
alegando
que el campaneo continuo producido por el
balanceo, espantaba los bancos de peces y que las boyas las robarían los
raqueros. En la costa gallega ocurría algo parecido, pues algunas balizas y
boyas que se habían empezado a colocar en la segunda mitad del siglo XIX
desaparecieron misteriosamente. Díaz de Rábago cuenta en 1885 que varias boyas
de la ría de Aros a «donde hay insidiosos escollos y tan necesarias son, han
desaparecido en su totalidad, llevadas por la mar o por los hombres» (Díaz
de Rábago, 1885,50). Incluso hubo ocasiones en las que los raqueros de los
pueblos cercanos a Land' s End llegaron a raptar al farero de Longships para
evitar que el faro funcionara. La historia de este faro está llena de leyendas,
algunas basadas en hechos reales y otras distorsionadas por la imaginación de los
escritores románticos”. (p. 84)
.webp) |
(Faro O Roncudo, Corme. Foto de Ana García)
|
Parágrafo este sen lugar a dúbidas
interesante: por un lado observamos certas concomitancias entre británicos e
galegos á hora de actuar en determinados puntos non alleos ao tema; doutro
lado, comprobamos que Alonso Romero alude á mesturanza de realidade e
literaturiedade.
Tras falar de Cornualles, que leva
consigo a peor reputación de raqueiros, ata o punto de rezaren os mariñeiros
ingleses a oración Deus nos arrede das
rochas e baixíos e nos libre da xente de Breage e de Germoe (p. 88,
tradución ao galego nosa), alude aos raqueiros bretóns, para referirse de
seguido a Fisterra:
Una
de las leyendas más antiguas relacionada con las actividades de los raqueros bretones
habla de la llegada del santo irlandés San Ronan a la costa bretona de Léon.
Venía desde Irlanda navegando en un barco de piedra, como hicieron otros muchos
santos que llegaron incluso hasta Galicia (Alonso
Romero, F. 1991).
Y allí se quedó a vivir en la gruta de un acantilado, dedicado a sus rezos y a
salvar la vida de los navegantes que pasaban por delante del promontorio en el
que se encontraba. Cuando hacía mal tiempo, San Ronan tocaba una campanilla
para avisar a los nautas de la proximidad de las rompientes. Así, entregado a
esa caritativa tarea vivió el santo algún tiempo hasta que los habitantes de
las aldeas cercanas, viendo que ninguna nave naufragaba en sus costas, lo
obligaron a abandonar su eremitorio, pues aquella gente solía vivir de los
desperdicios de los naufragios (NiMheara, R. 1994,34).
Con respecto a las costas de Finisterre, el
señuelo que, al parecer, utilizaban algunas personas para confundir a los
pilotos de las naves, era exactamente el mismo que el de esos lugares
mencionados. Su planificación, de un ingenio diabólico, tenía unas
horripilantes consecuencias cuan do se ponía en práctica. Para aquellos que
creían en la bondad humana, los que provocaban los naufragios no eran seres
humanos, sino brujas, nubeiros, negrumantes o duendes endemoniados que
con sus maleficios y encantamientos atraían las tempestades y dirigían las
naves hacia las amenazadoras rompientes para que se destrozaran entre las rocas
(Alonso Romero, F. 1999). Pero frente a esa visión legendaria de la realidad
estaba la historia trágica cotidiana de un territorio marginado, alejado del
resto del mundo, con vías terrestres de comunicación primitivas, en el que se
subsistía durante la larga temporada invernal sin apenas alimentos. No es de
extrañar entonces que en tales condiciones algunos se desquiciasen a causa del
hambre, y se olvidaran de los débiles criterios morales que pudieran conservar
en un ambiente tan pobre. Esa situación se mantuvo durante el siglo XVIII y
gran parte del XIX. Sin embargo, el fenómeno del raquerismo debió de ser más intenso
en los siglos anteriores; impulsado, no sólo por el hambre, sino también por
una necesidad de autodefensa de la propia población ante los frecuentes ataques
de naves enemigas a las diversas localidades de La Costa de la Muerte […] De
manera que muchas de las luces que encendieron los antiguos raqueros para engañar
a los navegantes, tenían como fin el hundimiento de naves enemigas para que con
ellas perecieran sus temidos tripulantes. El procedimiento que utilizaban los
raqueros para hundir los barcos, según De Ramón y Ballesteros, uno de los
primeros historiadores de la comarca de Finisterre, era el siguiente: Aprovechando
las noches tempestuosas, llevaban una vaca con un farol encendido y colgado de
una de sus astas, para pasearla de esta manera por determinados lugares de la
costa. Con el natural cabeceo de la res puesta en movimiento, simulaban un
barco navegando más a tierra y por eso, a mayor resguardo de los elementos.
Este factor incitaba a igual aproximación de otras embarcaciones,
precipitándose así la catástrofe. Después salía la horda de sus apostaderos
para lanzarse al asalto de la presa, no poniendo el menor reparo en acuchillar a
la tripulación si esta se oponía a sus planes (1976, 70).
Alonso Romero es
consciente da difícil demostración da veracidade destes actos pois ata o de
agora, di el literalmente, no se conocen
otros testimonios que los de la tradición legendaria, que ya venía de muy atrás
y que era semejante a la de otros países.(p. 93).
E aínda engade:
Evidentemente
algunos casos de raquerismo inhumano debieron de producirse en el pasado en los
tres finisterres que estudiamos; así nos lo hace suponer no sólo el marcado
arraigo de su recuerdo en la mentalidad popular, sino también porque ya desde
principios del siglo XIII en las Leyes de Olerón se prescribían penas
durísimas contra los raqueros.
Esas leis de Olerón xa as citamos
arriba. Alude, e con isto xa rematamos, Alonso Romero ás Partidas afonsinas
Pescadores, e otros omes de aquellos que
usan a pescar, e a ser cerca la ribera de la mar, fazen señales de fuego de
noche enganosamente en logares peligrosos, a los que andan navegando, e cuydan
que es el puerto allí; o las fazen con entención de los enganar, que vengan a la lumbre o
fieran los navios en pena, o en lugar peligroso, e se quebranten porque puedan
furtar, e robar algo de lo que traen; e porque tenemos que estos a talesfazen
muy grand mal... develes pechar todo quanto perdieren, e menoscabaron por esta
razón. E aun demás de esto mandamos, que el Judgador del mismo lugar. .. les
faga escarmiento en los cuerpos (Título IX o de 1 Partida Iva • Navarro González, A. 1962, 126).
Se Afonso
X lexisla neste sentido, é que algo había. Iso parece innegable, se era ou non
era aquí, na Costa da Morte, chi lo sa?
A ciencia certa ninguén o sabe. Pero non esquezamos que o seu pai (Fernando III
o Santo), e antes o seu bisavó Fernando II, permitiu aproveitarse dos
naufraxios polo menos nas costas da mitra compostelá. Se cadra abriron a man e
colléronlles o brazo…