xoves, 7 de maio de 2015

As nosas músicas: "Romeiro ao lonxe"



Interpreta: Luar na Lubre. Letra: Xulio Cuba. Música: Tradicional inglesa.

 Romeiro hei de ir lonxe ao San Andres
con herbiñas de namorar,
dareille a quen alén mar está
o aloumiño do meu amor.

Hei de vestir a camisa de liño
que ela teceo para min
con herbiñas de namorar;
anda o lagarto azul e souril
a acaroar mapoulas bermellas,
nacidas de fusís,
co aloumiño do meu amor,
alleo á guerra e ao seu tambor.
Morto ou vivo hei volver á terra
que ela andou canda min
con herbiñas de namorar;
chouta o mascato polo cantil
a vela-lo adro familiar,
ala lonxe, na fin,
co aloumiño do meu amor.
Cabo do mundo, ó pé dun aguillón
doeme a guerra ruín
entre herbiñas de namorar;
corvo mariño voa xentil
o amilladoiro a levantar
e pan santo a colorir
co aloumiño do meu amor.

Romeiro hei de ir lonxe ao San Andres
con herbiñas de namorar,
dareille a quen alén mar está
o aloumiño do meu amor.


(sección coordinada por X. P. Mondelo, editada por Mario S. García)

O primeiro Picasso


(sección coordinada por X. P. Mondelo)

luns, 4 de maio de 2015

Galicia Inmorrente



O PICO SACRO.

Abrimos esta primavera un novo capítulo, esperemos que con futuro –con certo éxito, que vos guste-, e de futuro –que abra, nunha mínima parte, futuro-: Galicia Inmorrente

 (Foto tomada da Internet)

E dentro dese capítulo subamos ao Pico Sacro (la cumbre más bella y simbólica de Galicia (...), de entraña de cuarzo branco, di D. Ramón Otero Pedrayo en Guía de Galicia en 1926, cando todo el estaba vestido polas catro bandas de mestas fragas magníficas), unha das tres montañas sagradas de Galicia. Son tres: unha a oriente, O Cebreiro do milagre eucarístico, onde Cabanillas situou o Grial; o Pindo a occidente, e case no centro, O Pico Sacro ou Pico Sagro. O Pindo e mais o Pico Sacro teñen polo menos tres cousas en común: unha, pertenceren administrativamente á provincia da Coruña; dúas, estaren miticamente vinculados á Raíña Lupa, e tres, estaren os seus territorios próximos explotados economicamente por un mesmo señor (a enerxía hidráulica, ou parte dela, no Xallas, o cuarzo branco acarón mesmo do Pico Sacro). A montaña sagrada do Ulla está en pé de miragre, penso eu ás veces, vendo a mordedela (a langradura, a ferida) enorme da mina de cuarzo que tan pretiño está: fixádevos na foto que adxuntamos. Claro que hai que confiar nas leis que protexen a montaña: son dúas as barreiras protectoras, a Lei de Patrimonio e a Lei Paixasística (valores naturais). Confiamos, pero o medo aos intereses crematísticos (para Galicia poucos, salvando os postos de traballo contados [36 traballadores, leo na Internet], porque aquí non se transforma o cuarzo –o cuarzo ullán é dunha alta pureza, do cuarzo sacan sílice, básico polas súas propiedades semicondutoras para a industria informática e electrónica, ata o punto de darlle nome ao val do silicio norteamericano, onde abundan esas industrias-, a parte de león nas ganancias non sei eu se queda aquí ou vai fóra, aínda que non é difícil apostar polo segundo) é libre, digo o medo. Dirédesme que os postos de traballo tamén son sagrados: si, innegablemente, pero a Tradición, a posibilidade de unir –como no pasado, como na historia de Galicia sempre estivo unido- o Pico Sacro e as súas riquezas inmateriais, culturais, a Santiago, ao ciclo turístico compostelán, son factores reais que tamén están aí. En fin, conclúo este preámbulo antes de que me declaren persoa non grata os traballadores da fábrica de Cee (aí chégalles material extraído da mina), de Ézaro e de Serrabal: debemos convivirmos en harmonía, pero o Pico Sacro que siga sendo el, morada de deuses, ónfalo arcaico,  punto simbólico da cristianización da Nosa Terra (onde Santiago coa cruz desfai o dragón: recordade o ciclo da raíña Lupa, cando manda aos discípulos do apóstolo que vaian ao seu Monte Ilicino: ese era outro nome do Pico Sacro [Monte Ilicino aparece en documentos dos s. IX e X,  no “Tumbo de Santiago”, doazón feita por Alfonso III no 833], suponse que por estar poboado de aciñeiras, latín Ilex ilices, unha árbore que tiña tal importancia para os druídas que dela vén o nome que lles deron os gregos aos sacerdotes celtas ou galos: homes das aciñeiras, porque habitaban mestas fragas de ilices, así que é verosímil ver no dragón do Monte Ilicino-Pico Sacro de Lupa, un símbolo do druidismo=paganismo). 

“Non hai dúbida que o Pico Sagro é un dos lugares máis cheos de misterio que hai na nosa Terra. O máis seguro é que sea o Mons Sacer de Justino, protexido de profanaciós por un tabú qu’ ainda somella qu’ o arrodeia hoxe (...). Todo lugar ond’ o misterio se manifesta, é sen dúbida unha fenestra aberta sobr’ o outro mundo; mais o que sea precisamente a porta d’ il é o que nno podo enxergar craramente, visto sobre todo, que eiquí non coñezo leenda ningunha na qu’iste feito apareza. En troques, na Bretaña, atopa a do Yeun Elez, nunha turbeira ó pé do Mont Saint-Michel, ond’ hai un burato fondo, polo que se oyen berrar os condenados. Non se pode negar que hai certas coincidenzas leendarias antr’ o Mont Saint-Michel e o Pico Sagro; mais se cadra esta é unha das cousas nas que se non imitan” (Vicente Risco, revista Nós, nº 34).

Burato ao inferno non sei se haberá, pero burato haino, e polas lendas documentadas é infernal dabondo: “A tradición oral da Ulla sinala que os dous túneles que existen na cima do Pico Sacro, chamados buratos dos mouros e que comunican entre si baixo terra, estarían unidos coa cova que lle daba nome ó mosteiro de San Xoán da Cova. Por ese camiño, di a lenda, levaban os mouros a beber os seus cabalos ó río da Ulla” (p. 21, Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana, Asociación Raiceiros).

 (Pico Sacro á dereita; vese ben a explotación mineira de Serrabal; a foto é de J. Manuel Vilas 2008, tomada do libro "Gundián. Un achegamento a unha paisaxe natural e humana").

A montaña era en época precristiá territorio da deusa-raíña Lupa, e indicadores da súa sacralidade son as lendas da galiña e os pitos de ouro, a grade de ouro, a aparición da vella-muller vestida de branco que se baña en noites máxicas no río, etc. O burato é bastante infernal: nun artigo publicado no ano 2003 (“Da raíña Lupa e da tradición xacobea”,  en Garoza 3, p. 210, nota 22, de consulta libre na rede) referíame a un material da oralidade recollido da avoa de Cacheiras, Teo, dunha nosa brillante alumna coruñesa, Cristina Campos. A avoa relataba que no burato, no reino subterráneo existente no Pico Sacro existe un señor misterioso e negativo (unha especie de demo: masculinización talvez da raíña Lupa, máis arcaica, respondendo a unha dinámica prototípica de cambio de xénero nos panteóns de deuses arcaicos, tal como estudan autores como Graves, por exemplo, en Europa). O Señor do Pico Sacro rapta mulleres novas - dálles a beber o famoso viño do Pico Sacro- e tenas con el no fondo (como nos relatos orais populares tipo Rei Lagarto, A Bela e a Besta) da terra e logo cando estas mulleres reaparecen son vellas e tiveron del fillos... 

A pregunta literaria do millón é esta: influíu esta tradición mítico-lexendaria en Marcial Valladares e na xénese da súa novela Maxina, ou a filla espúrea?
R. Carballo Calero, na súa Historia da literatura galega contemporánea, integra a Marcial Valladares Núñez no Romantismo (Precursores de Rosalía). Valladares naceu no lugar de Vilancosta, san Vicente de Berres, A Estrada; desde 1866 viviu retirado na súa aldea. Como poeta ten unha composición titulada “A fonte do Pico Sagro”. Sobre a primeira novela en lingua galega, Maxina, ou a filla espúrea, de 1880, di Carballo que en parte quere  ser de costumes; o tema (embarazo misterioso) tiña xa sido tratada literariamente polo escritor alemán Heinrich von Kleist (1777-1811), na súa obra A marquesa de O. A novela do alemán nós non a limos, e non hai datos para pensar que si o fixera o estradense; o que si vimos é a versión cinematográfica de Eric Rohmer –A marquesa de O, 1976-. A Otilia, o personaxe de Valladares, danlle a beber algo antes de forzala, igual que o Señor do Pico lle dá o viño á moza Marica do Roxo. O final tráxico de Otilia (nunca chega a unirse ao violador arrepentido, o pai de Maxina, e á diferenza da marquesa de von Kleist,  porque se volve tola) recorda máis o destino cruel da Marica do relato tradicional galaico (volve do fondo do Pico vella, repudiada...). Sobre o tabú ou prohibición de non iren as mozas  pola Calle do Pico Sacro de noite aínda na nosa última visita a Lestedo (0 26 de xaneiro do 2003, día de san Sebastían, en cuxa honra fora cristianizado o Pico, hai famosa romaría que cantou Valladares, romaría que pervive), dixéronos que se pasa unha muller casadeira tras as doce da noite polo calexón, é seguro que desaparece (informante duns 40 anos, muller).

Hipótese peregrina ou posibilidade verosímil, o que si é certo é que as lendas e tradicións do Pico Sacro aparecen na obra de máis escritores, como Alfredo Vicenti, ou Juan Rodríguez del Padrón. Este último, na súa famosa noveliña Siervo libre de amor, describe como o príncipe Ardanlier, con mestres canteiros vindos de Venera –trasunto de Santiago- a cousa dunha legua desa cidade fai construír un pazo marabilloso e segredo no interior dunha montaña que está en las partes de Yria, unha montaña que os navegantes –tede en conta que desde o Pico Sacro se ve en días claros a ría de Arousa- chaman a Montaña Cristalina (de novo o cuarzo branco como atributo esencial do noso Pico inmorrente). É Martínez Barbeito o erudito a quen cita Antonio Prieto na súa edición de Siervo libre de amor nesa identificación Montaña Cristalina = Pico Sacro (Clásicos Castalia, 1976). Chega por hoxe. Outro día abondaremos no tema, queda na man aínda unha outra hipótese ousada, da que nos falaron dúas mulleres sabias, sobre posibles cultos lunares nos dominios de Lupa.
(Mª Rosario Soto Arias)


xoves, 30 de abril de 2015

Audiovisual Galego: "O estraño caso do almacén" e "O home de negro"

"O estraño caso do almacén"

"O home de negro"

Curtas realizadas polos alumnos do CEIP Eusebio da Guarda,curso 2013-14.
(sección coordinada por X. Pérez Mondelo)

As nosas músicas: Cancións do Xabarín Club


Canta: Siniestro Total: "A onde vas rapaz?"



Canta: Aerolíneas Federales: "Non todo é o que parece"
(sección coordinada por X. Pérez Mondelo)

luns, 27 de abril de 2015

PRIMEIROS PASOS



PRIMEIROS PASOS (II)


Como vos prometera no seu día (non recordo xa cal), falareivos do espléndido traballo dunha das nosas alumnas dos cazatesouros, Lucía Blanco Miguéns. Non sei se sabedes que Pablo Ruiz Picasso, cando era rapaz e vivía aquí entre nós, na Coruña, practicaba a sempre difícil pero apaixonante arte xornalística. Emulaba en parte o que se publicaba na liberal cidade herculina de finais de século XIX (tedes moita máis información no libro O primeiro Picasso A Coruña 2015, publicado polo Concello da Coruña e mais a Xunta de Galicia; en concreto, cómprevos ler o artigo de Rubén Ventureira: “Periódicos e Caricaturas”). Este rapaz era un pequeno xenio, pillaba de medo o ambiente, enchoupábase dos trazos esenciais do contexto en que vivía. Mirade a foto que vos selecciono máis abaixo.

O caso é que na Coruña este é o segundo ano que se celebra un concurso entre os escolares imitando e relembrando esa faceta do pequeno Pablo. Xa o ano pasado levou un premio (entre outros rapaces) un alumno noso, da man do seu profesor Tomás Ruibal. E este ano o premio ao mellor periódico foi para Lucía. O acto de entrega de premios celebrouse no paraninfo-salón de actos do Instituto, coa presenza de distintas autoridades: estaba o alcalde coruñés (quen lanzou un desiderátum case inviable, dixo que a medio prazo quería que Coruña dispuxese dunha exposición permanente de obra picassiana), o presidente da Asociación da Prensa Coruñesa, estaba o fillo de Ángel Padín –un dos homes que máis fixeron por rescatar do esquecemento o paso do artista malagueño por estes lares, por exemplo é mérito seu a investigación que o conduciu á primeira exposición da obra de Pablo Ruiz nun comercio da rúa Real, exposición da cal se cumpren agora 120 anos-, e tamén nos acompañaba a filla de J. L. Bugallal Marchesi, outro dos primeiros galegos en investigar esa páxina da historia (investigar e publicar, xa vos contarei proximamente...).

(Lucía Blanco co seu profesor de debuxo, o catedrático D. Raúl Trillo Docampo; contábanos co corazón na man –con total sinceridade exenta de falsa modestia- que o mérito del é mínimo, dada a absoluta e rotunda brillantez de Lucía)

(Velaquí o bosquexo do periódico satírico feito por Lucía Blanco, gañador do premio. Chamo a vosa atención sobre ese recap –un concepto moi de moda, por certo, unha reutilización xenial dunha obra, dunha imaxe, dun obxecto artístico- feito tomando como base o cadro que pintara Picasso cando estudaba aquí, no noso edificio, A rapaza dos pés descalzos, agora reconvertida en Lisa Simpson)


(Unha páxina do periódico feito por Pablo rapaz, titulado “Azul y Blanco, revista manuscrita” –arremeda a revista española  “Blanco y negro”-, datada o 28 de outubro de 1894; nas imaxes da parte superior esquerda un home quéixase da chuvia–trasunto do pai, D. José Ruiz, nada ben adaptado a este noso clima- con estas palabras: Ya ha comenzado a llover así continuará hasta el verano, e ao seu lado a muller completa estupendamente: También ha empezado el viento q continuará... hasta que no halla Coruña...”, disimulemos a ortografía e quedemos co sentido do humor;  claro que esta é a cidade do vento, como a da canción fermosa de Quique González, que ben o entendeu o neno...)

 (Páxina do libro arriba citado onde se ve parte do periódico que Picasso titulou co nome da nosa cidade. Verbo dos seus xornais di Victoria Charles no seu libro sobre o malagueño: "Let us note here that the young Picasso's spontaneous drawings have a narrative, dramatic quality; for him the image and the word were almost identical. Both of these points are extremely significant to the future development of Picasso's art". Non en todos os libros sobre o pintor se fala da Coruña, nin moito menos, pero neste de V. Charles, si. E se entrades na páxina web da Galería Nacional de Washington, e procurades a obra picassiana, tamén a veremos citada)

xoves, 23 de abril de 2015

ENTREVISTAS A...



ENTREVISTAS A HOMES QUE AMAN A CERVANTES

Entrevista ao catedrático de Lingua e literatura española Antonio Couto Llamas.

Mª R.Soto: -Moitas grazas, señor Couto, por atendernos.  Vostede impartiu moitos anos docencia no Salvador de Madariaga coruñés, e moi probablemente axudou aos adolescentes a achegarse ao coñecemento do Quijote.  Pero antes, na súa propia etapa de formación, quen lle axudou a vostede, que profesor ou que obra selecciona aquí e agora?

-De verdad que no tengo nada claro que yo haya podido ayudar a mis alumnos, fundamentalmente adolescentes, al conocimiento del Quijote. Sí he podido cumplir con lo que los programas oficiales ordenaban en lo que se refiere a la comprensión de sus rasgos principales, a la caracterización de sus personajes, a entender las diferencias entre las tres salidas y entre la primera y la segunda partes, su estructura, el lenguaje, su carácter paródico, etc. Pero nunca me he quedado satisfecho. No podemos olvidar que en el antiguo BUP, en 3º, los estudiantes leían la obra entera y se llegaba a comprender y valorar por qué se dice que es la primera novela moderna. Actualmente, con la LOE, en 1º de Bachillerato figura como obra de lectura obligatoria, aunque no toda la novela. No tengo la certeza de que se cumpla la ley en todos los centros de estudio y tampoco me preocupa ,ya que estamos hablando de forzar a leer un listado de obras que definitivamente van a alejar a los jóvenes de la gran literatura. El placer de la lectura difícilmente puede transmitirse. Todos los profesores conocemos páginas web donde encontrar resumidos todos los capítulos del Quijote que en la mayoría de los casos sustituyen a la verdadera lectura. El camino tiene que ser otro y es urgente encontrarlo.
-La segunda parte de la pregunta alude a mi etapa de formación como estudiante. En mi bachillerato tengo que decir que nunca leímos un libro con el objetivo de ser posteriormente examinados de él. Los contenidos literarios de mi generación iban encaminados a superar las reválidas. Listas interminables de nombres, rasgos y títulos pero no tuvimos literatura de verdad. Solo clases magistrales. En la Universidad cambió el planteamiento pero solo para los que nos dirigimos a las Facultades de Filología. A veces para peor. Por ejemplo. ¿Alguien puede defender que a unos estudiantes de 19 años se les puede exigir el estudio obligatorio de un libro escrito por su propio profesor , sobre El Quijote, y desarrollar el contenido de uno de sus capítulos de memoria en un examen? ¿ Qué pretendía otra de las preguntas que completaba la anterior para que escribiera todo lo que sabía sobre las mujeres del Quijote?

-Durante estas últimas semanas está vostede dando un ciclo de charlas no Forum Metropolitano sobre a magna obra cervantina, e dentro da metodoloxía empregada, un papel nuclear o desempeñan os textos. Díganos, por favor, que pasaxes do Quijote escolleu para o público adulto.

-Tengo que decir antes de nada que mis alumnos actuales son distintos a los del bachillerato tanto en edad como en un factor fundamental: se matriculan voluntariamente y si no les gusta pueden dejarlo. Para el profesor es un reto extraordinario porque se acabaron los alumnos cautivos . La metodología ha dado un vuelco extraordinario. Lo primero que hay que hacer es motivarlos seleccionando pasajes que puedan ser leídos e interpretados con los ojos de hoy. Tiene que parecer un libro actual. Los abusos, la corrupción económica y política, los fundamentalismos ideológicos y religiosos, la discriminación de la mujer en muchos ámbitos y sociedades, etc., están reflejados en muchos pasajes del libro. El profesor tiene que plantearse la clase como un descubrimiento.
No nos olvidemos de lo que decía Borges sobre la finalidad de la literatura:  yo creo que la literatura tiene un fin, digamos eterno, que es el de conmover, el de emocionar... y que si no se cumple con ese fin, entonces solo puede interesar a los historiadores de la literatura, personas que en general se reducen a escribir libros demasiados parecidos a la guía de teléfonos, ¿no?, o al censo, es decir, catálogos de autores”. (Jorge Luis Borges. A./Z. Madrid:Siruela,1991 ).
Estamos ante un bestseller y ante el reto de demostrar con textos y análisis adecuados que los superventas de hoy van a durar poco, que acaban siendo destruidos por las editoriales por no tener espacio para almacenarlos y que, en cualquier caso, no van a existir dentro de 400 años.
Para apoyar lo anteriormente citado hemos realizado una selección de las frases más famosas del libro para que puedan localizarlas dentro de los capítulos a los que pertenecen y comentarlas en el contexto actual en que vivimos.
Otra parte del curso , combinada con la anterior y también como apoyo, es utilizar  los abundantes medios audiovisuales a nuestro alcance que se han basado en El Quijote. Por ejemplo: Selecciones de algunas versiones cinematográficas significativas , incluyendo las de  dibujos animados realizadas hace años, series de televisión, etc. No puede faltar algún musical ,como el de Peter O’Toole y Sofía Loren (Man of La Mancha, 1972) o la más reciente de Paloma San Basilio. La versión teatral de José Sacristán (Yo soy Don Quijote) es un excelente ejercicio de interpretación. Pero mi favorita para este curso es la del grupo Ron Lalá, al que tuvimos el placer de ver en A Coruña en Octubre de 2004. Esta colaboración con la Compañía Nacional de Teatro Clásico es de lo mejor que se ha visto en muchos años.
Todo esto lo disfrutan y agradecen los alumnos así como la lectura a través de las versiones electrónicas existentes, siendo la más espectacular la del Texto interactivo de la Biblioteca Nacional de España.

-Vaiamos á orixe:  sabemos cando foi bautizado Miguel de Cervantes Saavedra, sabemos que no bautizo había un amigo dos país, un tal Vázquez de apelido tan galego, sabemos o día exacto do seu matrimonio, o día do falecemento, pero sabemos con exactitude o día en que naceu?

-No. La fecha que venimos manejando es la del 29 de septiembre, día de San Miguel, lo que podría encajar con la costumbre ancestral de poner el nombre del santoral del día al recién nacido . Pero no hay documentos inequívocos. Sí los hay del acta bautismal, con fecha de 9 de octubre, unos días después.


(Pía bautismal, en parte reconstruída, onde foi bautizado Cervantes, estaba na igrexa de santa María, en Alcalá de Henares)

-Miguel, polo que  temos lido, era guapo, bo mozo, valente, quizais colérico, non desprezaba a fama -máis ben a buscaba-, consciente cara o final da súa vida de quen era e do que valía literariamente, foi amado polo seu mestre, López de Hoyos, foi amado polas mulleres, pero faltoulle algo, así e todo. Ou non?

-Efectivamente. Su biografía es apasionante. Aunque la literatura no debería ser una relación biobibliográfica de nuestros autores creo que hay que hacer excepciones cuando de aquella se materializan ciertos datos biográficos que ayudan a entender su obra o que no se entendería sin ellos. Cómo entender El Quijote sin explicar quién fue López de Hoyos , maestro de Cervantes y uno de los erasmistas militantes de la época. Nuestros alumnos tiene que saber que la Contrarreforma con el apoyo de Felipe II prohibió los libros de Erasmo so pena de prisión y aun de muerte, que a los estudiantes españoles que estaban fuera de España se les dio un plazo de unos meses para regresar a España so pena de perder la nacionalidad española. A Cervantes le faltó vivir en un país de otra naturaleza aunque no olvidemos que la chispa que genera la gestación de El Quijote surge en medio de esas dificultades, es más ,cuando estaba en la cárcel. La obra surge como un desengaño vital. Le faltó el apoyo de las autoridades, de su país. Los alumnos tienen que saber que Cervantes, entre otros muchos, fue hecho prisionero en Argel y que a no ser por una ONG de la época, los frailes trinitarios que recogían dinero por España para pagar rescates, quizá hubiera muerto allí y no existiría la novela. Tienen que poder relacionarlo con la piratería actual sin olvidar que una flota de la armada española anda por las costas de Somalia para evitar estos actos.

-Conta Herrero Miguel no prólogo á edición para a editorial Ramón Sopena do 57 que foron os británicos os que despertaron a curiosidade europea polo Quijote, conta do interese que tiña a raíña  Carolina de Inglaterra por saber da biografía de Miguel de Cervantes, e así xorde o encargo de facela, e isto cen anos despois de morto o autor. Aquí parece que o desinterese neses cen anos foi absoluto. Agora estamos a piques de saber a ciencia certa onde está o nicho cos restos mortais e o interese ou é turístico-crematístico, ou é  para facer chacotas e chistes pola Internet. Ou esa impresión teño eu, canto menos. Quixeramos saber a súa opinión ao respecto.

-Por lo que hemos podido leer los restos de Cervantes no van a poder ser sometidos a pruebas científicas por razones obvias con la seguridad de acertar al cien por cien. Estamos refiriéndonos a la prueba de mayor valor, la del ADN. Tanto el equipo de 36 forenses como su director, Francisco Etxeberría, antropólogo forense que participó en las identificaciones de Lasa y Zabala, Víctor Jara y Salvador Allende, se han mostrado bastante prudentes, soportando presiones políticas para dar una solución favorable al caso. Los restos de Cervantes y los de su esposa , junto con los de otras personas, fueron trasladados de sitio en el siglo XVIII por motivos de las obras que se hicieron en el viejo convento donde se encontraban. Hay que resaltar el hallazgo de un osario producto de aquel traslado y es fácil probar que en él , junto con los restos de 16 personas, estarán los de Cervantes. Se podrían cotejar con los de una hija natural que tuvo, Isabel de Saavedra, con la actriz Ana Franco y que parece ser que también estarían allí. Pero ese proceso de investigación sería una locura como también lo sería cotejar el ADN con el panteón de los Saavedra en la catedral de Lugo. Hay otros restos de una hermana suya, Luisa, enterrada en un convento de Alcalá de Henares pero en un osario con los de más de doscientas monjas. Sería algo esperpéntico seguir con las pesquisas. Va a resultar algo quijotesco que basándonos en 6 dientes, los dos impactos de arcabuz en el esternón que recibió en la batalla de Lepanto y su lesión en la mano  se vaya a construir un túmulo que al propio Cervantes podría haberle espantado (recordemos el soneto que escribió al de Felipe II), después de haber muerto en la indigencia. Solo puedo entenderlo desde el punto de vista comercial ,ya que habría muchas visitas y generaría ingresos importantes. Habría un tirón del turismo evidente, una continua peregrinación, pero no aportaría nada al conocimiento y lectura de su obra. Nosotros sabemos que está allí pero no creo que sea importante separar los restos de sus huesos.

-Se houbese que valorar unha das dúas partes en que se divide o libro, con respecto á outra, cal estima vostede superior? 

-Posiblemente me quedaría con la segunda, pero con matices. A veces da la sensación de que son como dos novelas distintas, incluso fueron publicadas con nombres diferentes, El ingenioso hidalgo para la 1ª parte y El ingenioso caballero para la 2ª. La génesis de la primera parte, por lo menos hasta el capítulo 8 , es decir, la primera salida, muestra inequívocamente que Cervantes estaba escribiendo una novela que recordaba algo a aquellas novelas ejemplares, cortas, que tanta fama le iban a proporcionar. Además va solo, no existe su inseparable compañero Sancho. Lo inventa después, quizás para tener con quien hablar, dando así al hallazgo más relevante de la novela moderna, el diálogo. El mismo Cervantes se dio cuenta de que ciertas críticas acertaban cuando le echaban en cara que la aparición de tantas novelas intercaladas en la primera parte podían distraer la atención de los lectores y afectar a la unidad de la obra. En la segunda parte renuncia a esa interpolación y la novela gana en la construcción de la historia y en la caracterización de los personajes. Además a los lectores nos gusta que un personaje que ha hecho de la utopía su bandera reciba menos palos y se le reconozcan algunos méritos, aunque estén amañados. Los duques lo tratan como a un verdadero caballero andante y Sancho ,al fin, es nombrado gobernador de su ínsula. En cualquier caso Cervantes incrementa en la 2ª parte las cualidades positivas de D.Quijote y Sancho. Y no podemos olvidar que si en la primera parte D.Quijote veía la realidad transformada por su quimera caballeresca, en la segunda , a no ser en algún caso excepcional, ve la realidad tal como es. La segunda parte es una novela mucho más perfecta.

-Cando eu estudei bacharelato non só tiñamos que ler o libro por completo, tiñamos tamén que examinarnos  e demostrar pormenorizadamente que o tiñamos ben lido, relembro de facer coa miña amiga da alma longas listaxes de nomes e contextos… Agora cústalles aos nosos alumnos ler tan sequera unha das partes. Onde está o punto xusto e preciso?

- Como ya dije anteriormente, no todos los centros de enseñanza siguieron los mismos criterios a la hora de incluir esta novela como lectura obligatoria. A mí ni me lo impusieron ni me lo recomendaron. Solo recuerdo que para las pruebas de ingreso al Bachillerato con 9 o 10 años hacíamos dictados del libro y no se permitían faltas de ortografía. Un auténtico disparate, entre otras cosas porque en tiempos de Cervantes no existía ninguna normativa ortográfica, que por otra parte no aparecerían hasta el siglo XVIII. Solo existía la Gramática de Nebrija, de 1492, y no era normativa sino descriptiva. Durante mucho tiempo me costó escribir arriero  sin h porque en nuestros dictados aparecía en varias ocasiones así.
Desde luego con la LOMCE no se  va a arreglar nada, solo va a empeorar las cosas. Cuando en 1º de la ESO haya que administrarles a los estudiantes desde septiembre de este año los contenidos desde la Edad Media y sus correspondientes textos literarios nos encontraremos ante un enorme retroceso. Le van a dar la espalda a la literatura. Como además va a haber una reválida volverán esos listados de datos para ser memorizados por los alumnos. Si hay que utilizar versiones adaptadas o recortadas no nos debemos rasgar las vestiduras. Incluso el profesorado podría hacer una buena selección de capítulos , con cierta unidad, para ver si prende la curiosidad por el medio . También la calidad de un solomillo de buey es algo que nadie discute , es una delicatesen ,pero nadie se lo ofrecería a un niño pequeño sin dientes firmes a no ser que lo incorporara a un puré. Hay que darle a cada alumno aquello para lo que está preparado en ese momento. Si lo forzamos habremos perdido un lector para siempre.

-Rematamos xa, señor Couto. Diría vostede que Cervantes crea ex nihil  -quere decirse, da nada,  a partir case de cero, a pulso, nun esforzo creativo único- o seu personaxe principal, don Quijote?
  1. -No, creo que no. Hay unos antecedentes sobradamente conocidos por los estudiosos, como las referencias a Sachetti, novelista de la segunda mitad del siglo XIV, El entremés de los romances y a todas las alusiones a las novelas de caballerías que monopolizaban las lecturas y los gustos de la época. Don Quijote existe porque hubo muchos caballeros parecidos a él en múltiples novelas anteriores, Amadís de Gaula, Tirant lo Blanc, El caballero Cifar, etc. Toda la cultura de los libros de caballería está presente en Cervantes. Pero Cervantes partiendo de esa patrimonio hace una genialidad al alcance de muy pocos escritores, darle vida a sus personajes, integrarlos en la sociedad de su época, hacerlos hablar como se hacía antes, elevar la parodia a lo sublime, conseguir que su personaje central sea objeto de burlas por defender un programa lleno de utopías y sin esperar recompensa, salvo el agradecimiento. Ha creado un personaje redondo, vivo, que va cambiando, se va sanchificando mientras que su oponente se va quijotizando. Los estudios sobre la novela de Salvador de Madariaga son concluyentes. Cervantes pone en boca de D.Quijote un discurso progresista y moderno, especialmente al hablar de la libertad (véase el episodio de los galeotes), al hablar de la mujer (véase el vídeo en el que interviene la profesora Alicia Mariño sobre este tema en el Centro Virtual Cervantes ), y ya no digamos los consejos que da a Sancho sobre el arte de gobernar (véanse los programas electorales de algunos partidos en la actualidad o las tertulias televisivas sobre lo que nos transmiten sobre dicho acto de gobernar). No hace falta recordarles a nuestros alumnos , seguro que grandes y apasionados amadores que , como decía Jacinto Benavente, El amor es como Don Quijote, cuando recobra el juicio es que está para morir”.
Y permítaseme terminar con otra cita extraída del propio libro: "La libertad, Sancho, es uno de los más preciosos dones que a los hombres dieron los cielos; con ella no pueden igualarse los tesoros que encierra la tierra ni el mar encubre; por la libertad, así como por la honra se puede y debe aventurar la vida, y, por el contrario, el cautiverio es el mayor mal que puede venir a los hombres".
(Parte 2, Capítulo 58).

-Mil grazas pola súa xentileza e dispoñibilidade para connosco. Desexámoslle desde aquí longos e pracenteiros anos de fructíferas lecturas.

(Peter O' Toole nunha imaxe da película Man od La Mancha de 1972)