VISITANDO MADRID
O PARQUE DO RETIRO
(Palacio de El Buen Retiro, lenzo de Jusepe Leonardo)
Traballou unha semana o noso fillo en Madrid e alá fomos para aproveitar todo o tempo posible cos netiños. Quedábanos o parque do Retiro á carreiriña dun can (a frase é algo ambigua, pode expresar tanto un par de centos de metros coma de quilómetros: aquí queremos significar moi curtiña distancia) e tivemos tempo de exploralo demoradamente. Sorprendeunos gratamente. Atopamos recantos deliciosos. Interesámonos pola vella microtoponimia, quer dicir, antes de que o conde duque de Olivares pensase en facer aí a grande obra (pazo, xardíns, estanques, estruturas propias de festas e boatos barrocos) para sorprender o xove Felipe IV, que terreos había e que nomes tiñan? Esa é a cuestión que nos tivo ocupados un par de días en horas de asueto…
(Detalle dos actuais xardíns do Retiro. Foto de Charo Soto)
Atopamos a bibliografía axeitada (https://institutoestudiosmadrileños.es/wp-content/uploads/2020/07/El-Retiro-completo-con-cubiertas.pdf) e puidemos averiguar varias cousas interesantes.
Tenía el Real Sitio su entrada principal frente a la Carrera de San Jerónimo. Hasta las reformas del Paseo del Prado por Carlos III, había que salvar áspera cuesta y atravesar el arroyo Abroñigal[1]. El palacio estaba formado por un cuadrilátero con cuatro torres, una en cada esquina. Las cuatro alas ocuparían el espacio existente entre los edificios actuales del Museo del Ejército y de la Academia de la Lengua. Completaban el Real Sitio, además del Cuarto Viejo y sus dependencias, veinte edificios de nueva planta, cinco plazas, seis estanques riachuelos y diversos elementos ornamentales como fuentes y estatuas (p. 364, EL BARRIO DE LOS JERÓNIMOS, conferencia impartida por Rufo Gamazo Rico).
(Ruínas da capela de San Isidro. Foto de Charo Soto)
Hai mapas interesantes que nos ilustran sobre como era o Retiro no século XVII. Non nos resistimos a facer fincapé no do pintor bilbilitano Jusepe Leonardo:
“Este é o documento gráfico máis importante do Palacio do Bo Retiro e xardíns, inaugurados en 1634 por Felipe IV. O conxunto pacego foi construído por Alonso Carbonel, seguindo os deseños de Giovanni Battista Crescenzi. O núcleo para celebración de festexos é o gran edificio cadrado con torres lousadas nos ángulos, cun patio central, ou Praza Principal, lindante coa igrexa gótica de San Xerome. Este patio está precedido por outros tres máis pequenos: o esquerdo é o Patio do Emperador, por acoller o grupo escultórico de Carlos V y el Furor de Leone Leoni; o central, o Patio de la Leonera, cunha construción semicircular para as feras e o dereito, o Patio de Oficios. Tras a á leste da Praza Principal pódese ver o Casón[2] ou Salón de Baile, aínda sen cubrir e, á súa esquerda, o segundo gran patio ou Praza Grande, en cuxo interior da á norte se situaba o famoso Salón de Reinos, único vestixio do palacio, xunto o Casón, que se conserva actualmente.
Tras o complexo pacego esténdese unha impresionante rede de xardíns, na que se incluían estanques e ermidas de idéntica tipoloxía arquitectónica ca o palacio e cuxa distribución é de orixe hispánica. Neste conxunto destaca o xardín oitavado[3], en cuxo eixe central dereito se sitúa a ermida de San Paulo, mentres que no seu ángulo superior dereito está a paxareira de ferro coñecida como o galiñeiro e no esquerdo, o estanque oitavado. Á súa esquerda, albíscanse as ermidas de San Xerome e de San Bruno, coas súas torres de lousa e máis á esquerda, a de Santa María Magdalena. No outro extremo e máis ao fondo, érguese a de San Antonio de Padua ou dos Portugueses, todas elas rematadas entre 1635 e 1636. Tras a ermida de San Bruno vemos o estanque grande, aínda sen as torreciñas angulares, que foron encargadas en 1638, data que permite encadrar o lenzo”[4].
Sen pretender espallarnos moito podemos dicir que en liñas xerais a extensión e morfoloxía deste conxunto (pazos, capelas, estanques e xardíns) cambiaron moito ao longo dos séculos. Hogano ocupa menos espazo ca antano. Outra observación de tipo xeral é a que nos fai ver que cada século, cada rei ou Casa Real, foi dalgunha maneira deixando a súa pegada. Por exemplo, un rei ilustrado como Carlos III fixo que se construíran edificacións con fins científicos[5]. Tampouco debemos esquecer a barbarie da ocupación francesa[6]; sirva como mostra da “polifacecia” humana, dunha man eran progresistas, de ideas avanzadas, doutra eran destrutivos e rapinaban como piratas insaciables.
(Azulexos marabillosos. A influencia árabe en Madrid percíbese tamén nas tellas, a chamada "tella árabe" adorna moitos tellados da cidade cuxo nome xa coñecían ben os árabes. Foto de Charo Soto)
Nesa busca e procura de microtopónimos anteriores á construción do Retiro, guidados polas palabras de Mª Pilar González Yanci, topámonos con que maiormente eran prados, leiras e algunha casa de labor o que había… Principalmente prados pertencentes aos conventos dos Agustinos Recoletos, dos Jerónimos e Atocha.
(A Casita del Pescador. Foto de Charo Soto)
Los propios conventos, huertas, algunas ermitas, unos cuarteles, la torrecilla de las músicas y la puerta vieja de Alcalá ocupaban la zona este de Madrid, donde se levantará el Real Sitio del Buen Retiro.
Sabemos o nome dalgunha horta, por exemplo a huerta de San Felipe (logo de la Veterinaria). Seguimos lendo:
y otra huerta muy grande hasta la subida de la calle de Alcalá y al otro lado el paseo y los jardines del conde de Baños, del Almirante y de Juan Fernández, el Regidor. La puerta de Alcalá, de 1599, formada por dos mezquinas torrecillas, según la información de Mesonero, estaba entre las huertas del prado de Recoletos y otra situada enfrente, en el lugar donde andando el tiempo se levantaría el palacio de San Juan. Después se encontraba el cuartel de Artillería, con un paseo a su frente llamado «carrera de los canasteros» y una pequeña ermita, que podía ser la antigua de San Juan. El resto eran tierras y casas de labor (lo que luego sería el real Sitio del Retiro) atravesadas por el camino de Valnegral o del Abroñigal y terminando hacia el sur con el monasterio y cuarto real de San Jerónimo[7], con su espléndida huerta, el altillo y ermita de San Blas y el convento, iglesia y huerta de Atocha[8]. Siguiendo el Prado de los Agustinos Recoletos estaba el Prado de San Jerónimo, con dobles filas de árboles, fuentes, la torrecilla para las músicas, las huertas y barrancos a la izquierda. A la derecha, los jardines y la huerta del duque de Lerma y el convento de los Trinitarios de Jesús, fundado en 1606. El prado continuaba hacia la salida del camino de Vallecas con dos filas de árboles y el hospital antiguo. Al final del paseo estaba el convento de Atocha [9].
(Museo do Exército. Aí estivo o chamado "Salón do Reino", valioso vestixio do antigo complexo pacego do Retiro)
Con mil amores continuariamos falando destes refrescantes xardíns no corazón da península, se non temésemos cansar. Deixádeme só que aluda ás estatuas minimamente. Hai unha dedicada a Cuba na que colaborou Francisco Asorey, el esculpiu a Colón en mármore. Non é a única vez que usa ese material albo e nobre vindo de Italia, mármore de Carrara. A peza marmórea causou sensación no seu día:
Colón gallego! No faltaba más!. Son cincuenta y tantas mil pesetas que le vienen de perlas al artista. […] tuvo el hombre que gastar un pico en adquirir el material distante y en eltransporte dificilísimo. Un gigante bloque de mármol como este que ahora labra Asorey, no había entrado en Santiago, ni en los días fastuosos de Gelmirez, de Fonseca, ni de Rajoy.
(Alejandro Barreiro na Voz de Galicia, 30-10-1930)
A escultura de Cristovo Colón está situada no lado sur do monumento. O artista cambadés esculpiu o ilustre descubridor coma unha persoa forte e coa ollada firme no horizonte; senta diante dunha coroa de loureiro mentres suxeita fortemente a bóla do mundo[10].
(Cristovo Colón. Monumento a Cuba. Foto tirada de Internet)
[1] Volvemos atopar o hidrónimo “Abroñigal” neste parágrafo dedicado ás augas con que se alimentaba o Retiro: El estanque estaba alimentado por los viajes de agua que llegaban desde Chamartín, de la Fuente del Berro y del arroyo del Abroñigal, a través de norias. Este canal de Mallo o Río Grande servía para que el rey y su corte lo recorrieran en barca constituyendo una de las atracciones más pintorescas del palacio del Buen Retiro. Se organizaban excursiones, tanto de día como de noche, alumbradas por antorchas. Los molinos extraían el agua de los viajes subterráneos, a través de un sistema de norias, bombeándola al Estanque Grande. Además había seis templetes denominados "pescaderos", que servían para que el rey y sus acompañantes pescaran las numerosas especies que fueron traídos para tal menester. En la Casa de las Atarazanas se guardaban y reparaban las embarcaciones. (https://www.rutasconhistoria.es/loc/estanque-del-retiro). Sobre o étimo desa voz, Abroñigal e a historia dese afluente do Manzanares, podedes ver: https://es.wikipedia.org/wiki/Arroyo_Abro%C3%B1igal. Tamén nos parece moi recomendable estoutra páxina: https://fotoblog-madrid-josamez.blogspot.com/2011/01/el-arroyo-abronigal.html.
[2] O chamado Salón de Reinos, antes do seu destino como Museo do Exército, foi por moitos anos onde se xuntaban as Cortes, ata 1789.
[3] É o que se atopa na parte superiro, á dereita da imaxe, dividido en 8 partes.
[4] https://ceanbermudez.es/wiki/Palacio_del_Buen_Retiro_-_Leonardo,_Jusepe; tradución ao galego nosa.
[5] Referímonos ao Xardín Botánico, o Estudo de Botánica e o Gabinete de Historia Natural, que acabaría sendo o Museo del Prado .
[6] No parque e pazo do Buen Retiro situaron os franceses o seu cuartel e na praza de touros que había daquela (os beneficios deses espectáculos eran destinados a manter hospitais) foi usada para aloxar as tropas. Na bibliografía citada lemos o seguinte: El Retiro, por su posición en una zona elevada fue objetivo militar de primer orden y, como tal, quedaba sometido a la artillería, llegando incluso a convertirse en cuartel militar, lo que explica que, como resultado, se produjera la casi total destrucción del palacio, así como de los restantes edificios, e incluso los jardines y bosques. Cuenta Mesonero en El Antiguo Madrid, que, tras los años de ocupación francesa,el estado en que quedó la ciudad fue muy lamentable y en buena medida afectó a la zona del Retiro. Se produjo la destrucción en gran parte de los tan queridos por los madrileños templos de Atocha y los Jerónimos, entre otros muchos, y los palacios del Retiro, en su casi totalidad. (EVOLUCIÓN URBANA DE MADRID EN TORNO A EL RETIRO, conferencia de Mª Pilar Glez. Yanci).
[7] O convento de San Xerome (un dos grandes doutores da igrexa, cuxo coñecemento beberon con avidez dous teólogos galegos, Avito e Paulo Orosio) era un mosteiro fundado por Enrique IV; primeiro estivo no camiño do Pardo, xunta o río, sendo trasladado a este lugar polos Reis Católicos. Nel xurou o cargo como Príncipe de Asturias, en 1528, Felipe II. O mosteiro tivo aposentos para aloxar grandes personaxes que viñan a Madrid. E tamén había un cuarto onde os monarcas se retiraban en tempo de loito, ampliado por F. II. Precisamente o pazo do Buen Retiro íase levantar en terreos do mosteiro, que, de feito, quedaría incorporado ao complexo pacego.
[8] O convento de Atocha ten unha antiga orixe, é dos máis antigos de Madrid. No IX xa se fala dunha pequena ermida na zona e como moitos sabedes, un milagre afonsino narrativo transcorre en Atocha. Temos moita gana de dedicarlle un par de páxinas neste blog, porque a devoción á Virxe de Atocha é causa dun microtopónimo na nosa cidade, A Coruña.
[9] los tres tramos del Prado corresponden a lo que hoy se denomina Pº de la Infanta Isabel, hasta Atocha,
Pº del Prado y Pº de Recoletos. Los dos primeros fueron lo que se llamó Prado Viejo, con nombre que procede de unos prados del Común de la Villa, que los vecinos transformaron en huertas y que tuvo dos partes: una desde el convento de Atocha hasta la calle de igual nombre y otra al pie de San Jerónimo, llamados Prado de Atocha y Prado de San Jerónimo. El tercer tramo iba desde la calle de Alcalá a la fuente Castellana y tomaba nombre de los Agustinos Recoletos.
Ningún comentario:
Publicar un comentario