tag:blogger.com,1999:blog-3479040877615318992.post8443672297372775706..comments2023-09-10T14:56:25.833+02:00Comments on Cazatesouros: Temas e motivos (I)Charo Sotohttp://www.blogger.com/profile/09454449676876987671noreply@blogger.comBlogger3125tag:blogger.com,1999:blog-3479040877615318992.post-3517407198328563952014-01-16T14:57:25.716+01:002014-01-16T14:57:25.716+01:00Recoñezo humildemente que a miña ortografía é mell...Recoñezo humildemente que a miña ortografía é mellorable.En canto ás ideas quizais a non me expresei ben.O único que eu quería deixar claro é que a lingua de Tolkien está máis próxima ao lector actual.A lingua de Cervantes ten centos de anos e resulta máis difícil de entender para o lector de a pé. Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/09047566854590750196noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3479040877615318992.post-42057701863166943412014-01-13T14:27:05.565+01:002014-01-13T14:27:05.565+01:00Hai tres cousas que non se sosteñen no teu comenta...Hai tres cousas que non se sosteñen no teu comentario, Bruno. Unha é a ortografía (hai dicionarios de libre acceso na rede). A segunda é dicir que os temas do Quijote están obsoletos. Se eu quixera subliñar temas fundamentais no libro de Tolkien subliñaría a amizade, a fidelidade, o amor. Presentes os tres en Cervantes. Pero é que Cervantes non escribe literatura fantástica: critica precisamente ter a cabeza só no mundo da fantasía. Esa é unha ensinanza básica. Hai que ter un pé sempre na realidade. Ese equilibrio entre o mundo das ideas e a realidade, o pragmatismo do día a día, esa é a lección básica do Quijote. En arte, e en literatura, ademais -e aquí entramos na terceira cuestión-, se unha obra é boa, convértese nun clásico, nun valor universal. Pódese discutir cal é o canon, pero discutir a validez do libro cervantino, son palabras maiores. Paréceme moi inmaturo pola túa parte chamarlle vella gloria ao Quijote. De feito, dubido moito que o leras enteiro. Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/10150807442118970903noreply@blogger.comtag:blogger.com,1999:blog-3479040877615318992.post-31749851747460117322014-01-09T20:43:37.628+01:002014-01-09T20:43:37.628+01:00Dende o meu punto de vista a razón máis lóxica de ...Dende o meu punto de vista a razón máis lóxica de porque o "Señor dos Anéis" ten un maior número de adeptos respecto a "El Quijote" é debido a fecha na que ambos foron escritos:<br />O "Señor dos Aneis" é unha obra literaria "recente" que ademais contou cunha serie de adaptacións cinematográficas de gran calidade,todas elas catalogadas coma obras mestras do cine,o que engloba a obra na que éstas se basan nun ámbito de prestixo que impulsa os máis debotos das películas,no caso de non ter lidos os tomos antes de ver a largometraxe,a facerse coa obra escrita completa,ademáis coma punto decisivo a favor,a obra conta cunha linguaxe clara e accesible a todas as persoas cun nivel minimo de lectura.<br />Na outra banda situamos a "El Quijote", que, se ben, as numerosas adaptacions que tubo o entorno cinematográfico non pasan de mera curiosidade ou entretemento dunha tarde tamen teriamos que ter en conta a súa fecha de composición (1605-1615) para decatarnos de que o vocabulario usado na obra, expresións e temática (a obra atópase menos dotada da epicidade) esta completamente obsoleto nos nosos tempos, o que termina desenvocando como e evidente, nunha menor popularidade entre os circulos lectores.<br /><br />Con isto non quero desprestixiar unha obra coa outra, ambas son o que son, obras mestras da literatura universal, pero cada unha o foi no seu tempo, neste mundo non se vive sempre das vellas glorias.Anonymoushttps://www.blogger.com/profile/09047566854590750196noreply@blogger.com